Xoves, 13 de Xaneiro de 2011

A roda de desprazamento e a carencia de competencias dixitais en boa parte da poboación

En moitas ocasións fálase de que é preciso que a poboación adquira competencias dixitais pero, ¿de qué falamos realmente? Pois simplemente de educar á xente para saber cómo interactuar coa tecnoloxía axeitadamente, xa que na práctica os usuarios utilizan o seu ordenador ao bruto sen molestarse en facer as cousas ben, afastándose dun uso óptimo, e collendo vícios coma acceder a todas as páxinas web a través de Google (pese a coñecer o seu enderezo) ou gardar documentos a saca no escritorio do seu ordenador.

Non estamos a falar dalgo novo. Por exemplo, coñecía a unha persoa que para sacar as películas dos reprodutores de VHS premía a tecla REC, pois ao intentar gravar sobre unha cinta protexida contra escritura, o trebello expulsábaa, o que claramente non é o xeito de facer as cousas (imaxinade o que pasaría a unha cinta na que houbese contidos gravados da televisión se lle emprestades a vosa copia ao individuo en cuestión) pero funcionaba.

Normalmente a xente non é consciente de que a súa deficiente formación pode alterar a convivencia na Internet, ameazar a seguridade informática dos seus amigos ou, simplemente, sacar de quicio a máis de un, coma podemos ver no seguinte vídeo (inspirado nunha tira cómica):

Agardemos que as cousas vaian progresando axeitadamente, pois coa emerxencia das redes sociais cada vez é máis importante cumprir cunhas normas básicas de comportamento. Unha mágoa que non estea nada claro quen debe responsabilizarse desta formación (ou da formación, por exemplo, do profesorado de primaria e secundaria a este respecto).

Luns, 22 de Novembro de 2010

Nicetrip lanza unha curiosa promoción de 2×1 que aplicarase por barrios de A Coruña

Nicetrip barrios

Venres, 22 de Outubro de 2010

Pon un Photoshop na túa vida

O Photoshop é unha aplicación que mudou para sempre o mundo da imaxe, e agora podemos estar sempre cunha pel perfecta, ocultar detalles indesexados dunha instantánea, modificar encadres… en definitiva, mellorar a aparencia da realidade para a súa conservación futura. Pero, ¿e se puidesemos facer o mesmo coa nosa vida diaria? Esa é a proposta de I have PSD, unha peza multimedia que recoñece a importancia do Photoshop:

Para min a relevancia do Photoshop queda patente cando vemos que moita xente empregan verbos coma fotoshopear/fotochopear, deixando claro que o fotochó transcendeu de marca a palabra de uso cotián, coma os kleenex ou os donuts, para envexa de Apple e Microsoft, pois as mazás e as fiestras chegaron antes aos dicionarios que as aplicacións informáticas aos nosos escritorios ;)

Xoves, 21 de Outubro de 2010

Un traballo que te cagas

Occ Móvil
A xente de OCC Móvil, un servizo de busca de traballo ao que pode accederse dende o móbil, lanzou unha orixinal campaña publicitaria na que con distintas imaxes representan a posibilidade de acceder á súa bolsa de emprego dende calquera lugar.
¿É atinado facer anuncios así? A eficacia descoñézoa, pero eu botei unhas risas … ;) Iso si, o resto de anuncios son máis discretos:
OCC Móvil

Martes, 19 de Outubro de 2010

Marvel rende homenaxe a Tron

O negocio dos comics nos EE.UU. é moi diferente ao español, e en certo sentido os comic books son revistas de comics, nos que a publicidade ten unha presenza moi importante, e cunha temática moi distinta da que vemos por aquí, de xeito que non se limita a auto-promocións e anuncios de xoguetes, tendo moita presenza os videoxogos e o cine, e coma exemplo desto último temos que varias coleccións renderán homenaxe á película Tron: Legacy ¡nas súas portadas!
Concretamente serán os seguintes números:
•Amazing Spider-Man #651 (Spider-Man)
•Avengers #7 (Spider-Woman)
Spider-ManSpider-Woman
•Avengers Academy #7 (Mercurio)
•Captain America #612 (Capitán América)
MercurioCapitán América
•Incredible Hulks #618 (El Motorista Fantasma)
•Invincible Iron Man #33 (Iron Man)
Motorista FantasmaIron Man
•New Avengers #7 (Ms. Marvel)
•Secret Avengers #7 (Caballero Luna)
Ms MarvelCaballero Luna
•Thor #617 (Thor)
•Wolverine #4 (Lobezno)
ThorWolverine
Eu non logro decidir se estamos ante unha sinerxía digna de admiración ou se temos un caso de mercantilismo puro e duro. Aínda que como nos EE.UU. poden conseguirse a meirande parte dos comics da Marvel con 2 ou 3 portadas distintas, quen non guste de Tron sempre poderá adquirir exemplares máis ortodoxos das súas coleccións favoritas.
¿Atreveranse a repetir a experiencia no futuro? Porque como comecen a facer cousas así con películas, series de televisión ou produtos de consumo (xa estou vendo o mes de Ford ou de Xbox 360) a cousa pode resultar noxenta, e incluso resultaría molesta para os autores, que poderían ver prostituídas as súas obras.

Tron: Legacy promete ser a película do Nadal, chegando aos cines en decembro e prometendo unhas 3D espectaculares, aínda que supoño que non estará á altura da súa obra orixinal, Tron, á que renden homenaxe no seu último póster:
Poster de Tron LegacyPoster de Tron

Non podo evitar emocionarme ao pensar que vai volver ese mundo virtual desenvolvido no interior dun sistema informático, que é todo un referente cultural friki como Juegos de Guerra, habendo moi poucas películas capaces de chegar ao seu nivel (resulta evidente que nin Hackers nin Sneakers. Los Fisgones, pese a ter o seu aquel, conseguiron chegar a marcar a unha xeración). O mellor para ir preparándose para este exercicio de nostalxia é ver o trailer da nova película:

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios