Debate sobre a banda larga en RadioVoz

Esta mañá, co gallo do Plan de Banda Larga en Galicia 2010-2013, tivo lugar unha tertulia no programa Voces de Galicia de RadioVoz no que coincidimos no estudo coruñés Patricia Ferrol, Javier Wicho Pedreira e o que subscribe, reiterando argumentos que temos comentado noutras ocasións:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Isidoro Valerio rematou o programa comentando o caso dun alcalde que está moi posto niso das TIC, e para quen non o collera, estabamos a falar de Iván Puentes, a quen entrevistaron hai pouco en La Voz de Galicia para dar conta do uso que fai o edil da Rede.
Non é que todos os políticos deban seguir o seu exemplo, pero estaría ben que os consistorios municipais tivesen máis presente a web como canle de comunicación para os cidadáns, de xeito que no rural galego haxa máis información de utilidade que poña en valor a Internet para unha poboación que actualmente está en exclusión dixital, pero que en boa medida é pola reducida utilidade que atopan á Rede.
Para rematar, teño que precisar, por se acaso, que a fenda dixital é a división que separa aos usuarios das TIC do resto da poboación, e non outras cousas:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Esta tarde tivo lugar a última entrega do Zapping On Tour, o que finalmente será a morte da marca Zapping. Si, o derradeiro Zapping foi literal, pero iso non quere dicir que Txury e Antón vaian deixar de entreter e facer gozar á súa audiencia, xa que á morte de Zapping séguelle o nacemento de Turquía, que será o nome do programa de televisión que en poucas semanas poderemos ver en Localia.
Nos vindeiros días poderemos descargar a gravación deste impresionante directo para o recordo, coa intervención de moitos vellos amigos, e cun divertido sorteo dunha viaxe a San Francisco (que resultou non ser á cidade norteamericana).




