Luns, 13 de Xullo de 2009

Novo intento de canción do verán

Coido que iso de intentar gañar o título de canción friki do verán está a chegar a niveis absurdos, e tras o patético Tócame el Windous chegan agora The Corridas co seu Vivo poyeya:

O tema ten un nivel poético que pretende eclipsar a Los Fulanitos de Tal pero finalmente non dá a talla. Agardo que a canción remate no esquecemento, porque se grazas a soltar esas chorradas conseguen saltar da Internet ao medios tradicionais diría moi pouco do noso gusto (ou ilustraría unha vez máis que no verán non hai con qué encher os programas de televisión).

Domingo, 7 de Xuño de 2009

ErosGalicia queceu A Coruña durante a fin de semana

ErosGalicia09Nestes momentos está a rematar a primeira edición do salón erótico Eros Galicia 09 (da que Enzoufado destaca que conta cunha web en galego), que tivo lugar en ExpoCoruña e contou coa asistencia dunhas 10.000 persoas, éxito que segundo a organización levaraos a repetir o certame para o ano que vén.
En total realizáronse máis de 400 espectáculos de diversa índole que contaron coa participación de 70 artistas de distintas procedencias e especializacións, e con preto de 50 empresas expositoras, nas que poderiamos atopar produtoras pornográficas, sex-shops, tendas de lencería erótica, un taller de tatuaxe, a revista Galicia Erótica, unha tenda de produtos artesanais eróticos (bastante simpáticos) e algunhas presencias que sorprendéronme bastante coma a tenda de artigos de segunda man El Baúl de los Recuerdos (que levaba unha selección de comics e películas de corte erótico), a tenda erótica coruñesa Dos Rombos (da que non coñecía a súa existencia) e incluso ¡un Caipiródromo!
CaipiródromoA Camisinha
A presenza portugués-brasileira era notable, e non só podíase tomar unha caipiriña, senón que tamén había unha tenda de produtos eróticos do nome de A Camisinha (resultoume gracioso o nome e a mascota que empregaban como marca). De feito, unha das tendas eróticas na que vin algo curioso tamén era portuguesa:
tenda erótica
Kelly FireFoxSi, o tudo -30% era clariño pero eu escachei coa risa o ver o nome da boneca inchable Kelly Firefox. ¿Será un produto para patrocinar a Fundación Mozilla?
Eu miro na Mozilla Store e entre as camisetas, as mochilas, as gorras, os adhesivos, os paraugas e os tazóns non vexo ningún produto erótico, pero se o Mozilla promove aplicacións abertas supoño que bonecas na mesma liña sería algo coherente, ¿non?
Tamén pareceume moi orixinal o xeito de pormocionarse os de X Canal TV, que no seu escenario tiñan un lema moi taxante, máis barato que no Top Manta, aínda que a min non me consta que os manteiros e mochileiros anden por aí con películas porno (e menos aínda o prezo ao que as venden).
Xcanal.TV é máis barato que no Top Manta
Apartado de Brunoymaria.comXa noutra liña, o apartado da parella swinger Bruno e María (que me pareceu unha cutrañada de mal gusto, pero que parece ter moitos seguidores) tiña un par de cousas curiosas.
Se vos fixades na imaxe, nunha cacha da moza que sae no póster que hai no stand aparece o selo de Tenreira Galega; e logo, no proxector no que debían estar a amosar vídeos, nun momento dado apareceu un escritorio de Windows, véndose como collían unha colección de imaxes dun cartafol e facían unha copia para alguén, o que pareceume moi cantoso.
Mozas practicando un xogo erótico
Curiosamente un dos primeiros escenarios que se vían no recinto estaba organizado pola produtora galega PorNOaburrirse (moi popular pola gravación dunha película porno preto da Catedral de Santiago) no que distintas actrices bailaban para o público e facían distintos xogos ante unha morea de afeccionados á fotografía. Impresionaba ver a enorme cantidade de cámaras réflex con grandes obxectivos que se podían ver entre asistentes que non eran da prensa.
Eu aproveitei a ocasión para coñecer a Totó García, responsable desta iniciativa empresarial porno galega, quen comentou as súas dificultades para facer unha produción en galego posto que na actualidade só existe unha actriz porno galega en activo (¡só unha!) e buscan un certo realismo na produción. Tamén están a preparar unha produción no sur de España que dará que falar nos vindeiros meses.
Resulta esclarecedor que o traballo desta xente teña certa visibilidade, pois normalmente tendemos a deixar na sombra este mundo, que é un sector máis do audiovisual. Xa no pasado ignorábase a Papillón Films (distribuidora e editora de películas para adultos que chegou a ter moita importancia no sector) e non creo que deba repetirse o erro, ou sexa, que se dende Galicia conseguen facer algo relevante, debemos falar diso.
Beat Boys
Admito que no certame andaba bastante perdido, pois nin coñecía á xente que estaba nos escenarios, nin son habitual de sex-shops, pero se algo teño que destacar é que os tópicos non sempre se repiten, e así entre os asistentes había homes e mulleres por partes iguales (vaia, que non faltaban as pandillas de amigas en busca de troula), e admito que nos espectáculos que se podían ver o mellor de todos foi o dos Beat Boys, uns strippers masculinos que subían a mozas de bo ver do público para facerlles unha especie de lap dance, o que nalgún momento levantaba aplausos xerais (incluso dos camareiros que había nas barras do local) mentres que as actuacións femininas eran bastante máis aburridas.
Iso si, falo do que vin, pois polo que comentaron outras persoas, durante o sábado houbo momentos impresionantes e moi divertidos, no que algún participante do público deixou a vergoña na casa :D
De xeito xeral a feira deixoume indiferente, e paréceme que a súa celebración debería realizarse naturalmente, pois non se vía nada que fose a escandalizar a ninguén, aínda que o prezo das entradas paréceme excesivo, pois era de 20 euros por persoa (supoño que é unha táctica que busca conter a asistencia de público, e vez de facer caixa), o que no caso dun matrimonio sumaría 40 euros, aínda que supoño que os nenos poderían entrar de balde ;)

ACTUALIZACIÓN (8-6-2009): Resulta que o nome de A Camisinha levoume a engano: a tenda é catalá (non brasileira nin portuguesa).

Xoves, 14 de Maio de 2009

Molan os planos secuencia, ¿a que si?

O dúo parisino de música electrónica Make The Girl Dance preparou un orixinal vídeo para o seu tema Baby Baby Baby, gravando un plano secuencia na rúa Montorgueil de París un xoves ao serán no que tres mozas espidas (Mathilde, Sarah e Marine) dan un paseo cantando a canción do grupo:

Hai varios detalles que me deixan bastante intrigado:
- ¿Pedirían permiso municipal para gravar o vídeo musical?
- ¿Cómo é posible que tan poucas persoas miren ás mozas? (non só por ir espidas, senón por ter unha cámara filmándoas)
- ¿Por qué carallo o vídeo está en espello? (si, é difícil fixarse niso :P )

Xoves, 7 de Maio de 2009

A publicidade con humor funciona mellor

Os Jet Luxury Resorts estanse a promocionar co que parece un anuncio sexista… ata que chega ao final e botas unhas risas (aínda que tamén axuda o acompañamento musical):

O spot é unha produción dos Goetz Brothers, responsables de marabillas publicitarias como as seguintes:

Venres, 17 de Abril de 2009

E agora, ¿a hora porno de Bill Cosby?

Admito quede cativo non perdía un episodio de La Hora de Bill Cosby, pero acepto que hoxe a serie pareza unha ñoñería absoluta, da que apenas lembro 2 detalles: as parodias que fan en Padre de Familia e Lisa Bonet (especialmente na película Alta Fidelidad).
Non esperaba que fosen capaces de facer unha parodia porno da serie, titulada Not The Cosby Show XXX, que xa conta cun trailer non pornográfico:

Esperaba unha trapallada, ¡pero o fulano é cuspidiño! E incluso a intro quedou moi semellante á da serie orixinal:

De todos os xeitos, ¿non se están a pasar un pouquiño con estas parodias? É que unha cousa é facer coñas con Star Wars e Star Trek, e outra ben diferente ir a polas series de televisións familiares. Vaia, que como a cousa continúe así xa estou vendo como mancillan Cosas de Casa ou El Príncipe de Bel-Air. Que tomen un atallo, e vaian directamente a facer os Telefuckies ou unha versión erótica dos Lunnis.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios