Martes, 13 de Outubro de 2009

As parodias porno de series actuais: Dexxxter

Dexxxter - portadaDexxxter - contraportada
O mundo do porno continúa a perderlle o respecto a grandes series de televisión, e agora arríscanse con Dexxter (que para que non o pille ten coma eslogan Yeah! It’s a porno) e que é unha obra (bastante mala, ao parecer) ambientada en Miami como a serie de Showtime que pretende parodiar, contando desta volta cunha investigadora de crimenes sexuais, Dexxxter Whoregan… vaia, todo un alarde de orixinalidade.
Iso si, os de Showtime poden quedar tranquilos, pois parece difícil que alguén poida facer unha versión porno de Californication por motivos evidentes.
Aquí en España (e en Galicia) continúan a cortarse bastante con estas cousas, pero calquera día vemos unha versión porno Padre Casares, Matalobos, La Señora ou Cuéntame, que como mínimo permiten unha deformación dos seus títulos como para non ter que limitarse a engadir un X ao final (coma o cutre Torrente X).

Venres, 4 de Setembro de 2009

Máis parodias pornográficas de series de televisión

parodias porno
Estou bastante mosca, porque tras facer unha parodia porno de Friends, a mesma xente atrévese con The Office XXX e tamén con Rockefeller Plaza (30 Rock na súa versión orixinal), cun título tan orixinal coma 30 Rock A XXX Parody:

Pero a cousa non remata aí, e incluso están a converter este tipo de películas X nun xénero que definen coma sitcums, e que deturpa clásicos como La Hora de Bill Cosby, Apartamento para tres, Embrujada e La Tribu de los Brady. A cousa non sería moi chunga se non fose porque atrevéronse a mancillar a miña prezada Matrimonio con hijos (aproveitade que aínda está en aberto SETenVEO para lembrar a serie) co seu Not Married With Children XXX:

A mesma xente xa está a preparar Not Monday Night Football XXX e confirman non ter cancelas, pois nestes días tamén estarían a producir unha versión pornográfica de Radio Cincinnati, aquela mítica serie que emitían na TVG nos tempos de Magnum e A Muller Biónica, e que destacaba pola súa excelente sintonía:

Segundo parece, a serie estaría maldita, xa que ao contar con tanta música nos seus episodios, lanzala en DVD sería carísimo (hai que pagar os dereitos de reprodución dos temas). Deberían revisar a regulación do copyright para que non pasasen ese tipo de cousas, pois resulta bastante molesto que cando mercamos unha serie en DVD a música non coincida coa que botaban en televisión… e aínda é peor que non poidan comercializar a serie por culpa da música (que nun caso coma o de Radio Cincinnati non pode substituírse por outra alegremente).

Mércores, 19 de Agosto de 2009

Friends inspira unha parodia pornográfica

Marta Kauffman, a creadora de Friends está a preparar unha nova serie para a ABC, o que non impide que a súa vella serie continúe de actualidade grazas a unha parodia porno, Friends: A XXX Parody:
Friends A XXX Parody reparto
Polo que vexo, as semellanzas entre os actores da serie orixinal e da revisión para adultos limítanse ao peiteado e pouco máis, quedando moi lonxe da parodia de La Hora de Bill Cosby. O que si quedou bastante ven foi o estoxo dos DVD, que ten un aire ao de Friends:
contraste de caixas do DVD
O que non remato de entender é que as películas pornográficas deste tipo teñan 2 discos (¿contidos adicionais? ¿escenas eliminadas? ¿montaxe do director?) cando para botar unhas risas chega con mirar o trailer:

Martes, 4 de Agosto de 2009

A auténtica película porno de Mario

Ron Jeremy caracterizado coma Mario
Oh, si, hai bastantes anos fixeron unha parodia porno dos xogos de Mario protagonizada por Ron Jeremy (Super Hornio Bros), pero agora podemos ver a auténtica película porno de Mario:

Encántame o momento Zelda. Os de CollegeHumor ¡son a repanocha!

Domingo, 19 de Xullo de 2009

Anuncio ¿censurado? de Sprite

Na Rede non paran de aparecer anuncios censurados que sospeito que nunca chegaron a presentarse para emitir en ningún lugar do mundo, senón que os gravan directamente para penduralos da web cos atractiva etiqueta da censura para aproveitar a promoción viral. O último exemplo que vin é un anuncio de Sprite:

O vídeo xa leva máis de 100.000 reproducións porque saíu onte nun popular blogue brasileiro. Tamén resulta bastante curioso que a protagonista do clip é bastante parecida a Britney Spears hai uns anos.
¿Alguén cre que dende Sprite pasouselles pola cabeza nalgún momento intentar emitir este anuncio pola televisión?

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios