Sábado, 6 de Agosto de 2011

Pablo Díaz e o seu Tic Tac en Melide

Tic TacVeño de ver na páxina web do Concello de Melide que ás 10 da noite a Praza do Convento vai acoller un concerto de Pablo Díaz, quen interpretará temas do seu disco Tic Tac, polo que recoméndolle a todo o que teña nenos na familia que os achegue por alí, pois aínda que é algo tarde, poderano pasar ben con eses temas tan divertidos.
Eu coñecín a Pablo un día en RadioVoz, e dende aquela pegóuseme a canción que pon nome ao seu libro-disco; a imaxinación das súas letras servirá para debuxar máis dun sorriso (a ver se me dades a razón ao escoitar a historia da xirafa e o crocodilo ou do vello que tiña animais na corte).
Un exemplo de cómo as gasta Pablo Díaz tédelo en YouTube, onde recollen unha actuación na FNAC de A Coruña:

Xoves, 21 de Xullo de 2011

Dis Is Di End bai De Vois of Galisia

Quedei un chisco impactado hoxe (¡ignorante de min!) ao ver a nova sobre as Festas de María Pita que publican en La Voz de Galicia:
The Ellas estarán nas Festas de María Pita
O nome da banda de Luis Tosar (que actuará o 17 de agosto na Praza de María Pita) está deturpado na edición impresa e na dixital, por partida dobre, aparecendo aparece como Di Ellas (no pé de foto) e Di Elas (no texto). El acabose. Dis Is Di End. :D
ACTUALIZACIÓN: Como pode verse nos comentarios, a banda de Luis Tosar, Piti Sanz, Iván Laxe, Suso Alonso e Ro Muñoz responde agora ao nome de Di Elas.

Curiosidade aparte, ao final non vexo que as festas deste ano sexan moito peores que en anos anteriores. Vaia, que coido que xa hai bastantes anos das grandes actuacións no Orzán de The Cure, Simply Red ou Joe Cocker, aínda que non me importaría que volvesen a repetir algún concerto de tal nivel na praia (de feito, tampouco vexo que estean a destacar os concertos de pagamento no Coliseum).

E para despedir o momento nostáxico-rosmón, supoño que estaría ben pór un par de vídeos de The Ellas aínda que só sexa para mandar unha forte aperta a Piti Sanz:

My Name Is Luca é o tema de referencia de The Ellas, pero non podo rematar sen pór parte da actuación da formación musical na Sala 600 de Melide:

Xoves, 16 de Xuño de 2011

El Internet de Los Alguien Producciones

Los Alguien Producciones
A través dun tuiteo de A Navalla Suíza cheguei a un vídeo musical que vai camiño do medio millón de reproducións en menos dun mes:

Non sei se os de Los Alguien Producciones están ben da cabeza (principalmente por non aproveitar comercialmente o éxito do seu videoclip), pero o peor de todo é que tras ver o vídeo non hai dios que quite a canción da cabeza… ¡merda! :D
NOTA ROSMONA: Alguén debería dicir a esa xente que a rede Internet, de ter xénero, sería feminino.

Xoves, 19 de Maio de 2011

Comeza a actividade para a A. C. Melide Vida Musical

Dende a Asociación Cultural Melide Vida Musical pídenme que difunda o seguinte comunicado:

La Asociación Cultural Melide Vida Musical, comenzará sus ensayos para las actuaciones previstas para este verano.

Concerto de AninovoComo viene siendo habitual, un año más, esta Asociación reanudará, el próximo sábado día 21de Mayo, sus ensayos a las 11 de la mañana, en el local situado en la Travesía del campo Grande s/n, de Melide, con el fin de preparar los conciertos programados para el próximo verano.
Su orquesta de cuerda, que este año va a contar con nuevos componentes, está formada por 35 músicos, de entre 8 y 17 años que guiados por 4 profesores y acompañados por sus violines, violoncellos, piano, flauta bajo, contrabajo, batería y voz hacen que sus conciertos se hayan convertido ya en referente para la comarca de Melide, como así lo demuestra el numeroso público que acude siempre a las actuaciones de estos pequeños.
Desde esta asociación les recuerdan una vez más, a todos aquellos que tengan algún conocimiento musical o que de alguna manera quieran colaborar con esta asociación, que ahora es el momento idóneo para apuntarse o ponerse en contacto con nosotros.

Podedes contactar coa Asociación Cultural no correo electrónico melidevidamusical@hotmail.com.

Luns, 9 de Maio de 2011

Michael Bolton es el puto amo

Michael Bolton como Jack Sparrow
The Lonely Island conseguiu superar os 86 millóns de reproducións en YouTube co seu vídeo I Just Had Sex:

E agora, esta banda de coña que participa no Saturday Night Live muda a Akon por Michael Bolton para o seu novo tema
Jack Sparrow:

Ver letra ▼

Non sei se superarán o seu anterior hit, pero a min faime máis graza, pese a que como fan de Trabajo Basura debería de odiar a Michael Bolton; pero despois de ver cómo se mete en Piratas del Caribe, Erin Brockovich, Forrest Gump e El Precio del Poder neste último vídeo musical só podo dicir: ¡Bravo! ¡Que lle dean unha película xa! :D

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios