Xoves, 1 de Setembro de 2011

Volve a Melide o certame Miss Galicia Terceira Idade

Miss Galicia Terceira Idade 2006Hai cousa de 3 anos o programa Vivir Aquí da Televisión de Galicia daba conta dunha polémica melidense, a cancelación do concurso Miss Galicia Terceira Idade pola falta do financiamento do Concello de Melide, o que o ano pasado volvía a criticar o Partido Popular local, e dentro dun exercicio de coherencia, hoxe podemos ler nas páxinas de La Voz de Galicia que o certame vai retomarse:

Melide retoma la Festa de Miss Galicia Terceira Idade

La arruga es bella. Así lo estima -treinta años más tarde que Adolfo Domínguez- la alcaldesa de Melide y diputada en el Congreso de Madrid, Ánxeles Vázquez, quien ha anunciado que recuperará el Festival de Miss y Míster de Galicia Terceira Idade y ya le ha puesto fecha, el 2 de octubre.

Para las féminas habrá siete distinciones: miss Galicia, belleza, elegancia, fotogenia, verano, simpatía y marchosa, mientras que los hombres deberán contentarse con solo dos: míster guapo y míster simpático.

La ganadora se llevará una corona de flores, placa acreditativa y estancia de una semana en una casa de turismo rural. También habrá actividades complementarias, como un campeonato de pasodobles

A min o concurso resúltame indiferente (os certames deste tipo nin me parecen ofensivos nin captan a miña atención), pero paréceme ben que o Goberno municipal retome un proxecto que iniciara antes de pasar á oposición, de xeito que o último mandato converteuse nun paréntese, e aténdese así unha demanda de boa parte da vila (que non parecía consciente de que cando o bipartito local suspendeu o certame estaba a ser consecuente co que defendera nos seus discursos, demostrando que non todos os políticos son iguais).
Agora quedo coa dúbida de se o concurso de beleza para os maiores acadará tanta ou máis atención que o campionato de tirapedras.

Xoves, 25 de Agosto de 2011

Mercamelide terá lugar os días 3 e 4 de setembro

A feira de oportunidades Mercamelide chegará á súa 8ª edición os días 3 e 4 de setembro, cando o Pazo de Congresos de Melide acollerá de 11:00 a 20:00 horas multitude de tendas nas que estarán dispoñibles a prezo reducido artigos de regalo, calzado, roupa, complementos, material de ferretería… como pode verse no cartel do evento:
MercaMelide 2011
Esperemos que a feira saia ben, aínda que en pasadas edicións deume a impresión de que no verán a feira de oportunidades funciona bastante peor que no inverno (¿será porque a xente xa gastou moitos cartos nas festas de verán?).

Sábado, 20 de Agosto de 2011

Grande éxito do campionato de tirapedras

Campionato de Tirapedras
O V Campionato de Tirapedras que tivo lugar esta semana en Melide foi todo un éxito, como reflicte o comunicado que remiten dende a organización:

Leoncio Loureiro participando
Participante femininaDe notable éxito pode cualificarse o V Campionato de Tirapedras da Galiza Central celebrado en Melide no día de onte e no que participaron un total de 38 competidores, dos dous sexos e de todas as idades. Entre os participantes atopábanse tanto melidaos e melidás residentes como outras persoas que se encontran pasando as súas vacacións na comarca, e mesmo visitantes circunstanciais e persoas chegadas expresamente para participar no evento.

O Campionato, que persegue contribuír á recuperación dos espazos tradicionais de xogo existentes no casco histórico de Melide, foi organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, contando co patrocinio do coñecido establecemento local Adega O Mandil, e co apoio do Concello de Melide e da Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira.

Leoncio Loureiro foi o gañador absolutoO gañador absoluto da presente edición do Campionato foi o experimentado tirador melidao Leoncio Loureiro Pillado, repetindo por segundo ano consecutivo o segundo posto o tamén veterano lanzador Manuel Mato. En categoría infantil, o gañador foi Paulo Varela, obtendo o segundo lugar Iago Segade, quen na última edición celebrada ocupara xa o terceiro posto.

Como novidade, neste V Campionato os tiradores non estaban obrigados a lanzar a unha diana concreta, pois podían estudar cada un a súa propia estratexia de competición. A diana que menos puntos outorgaba (1) era máis grande e polo tanto resultaba máis doado atinarlle, mentres que a outra das dianas existentes ofrecía máis dificultades, pero outorgaba 2 puntos por cada lanzamento acertado. Cada lanzador dispuxo dun total de seis intentos.
As persoas gañadoras foron os seguintes:
  a) Menores de 14 anos:
    1º Paulo Varela.
    2º Iago Segade.
    3º Serxio Caxide.
  b) Persoas adultas:
    1º Leoncio Loureiro.
    2º Manuel Mato.
    3º David Fernández.

Foi impresionante a cobertura informativa do evento, que saiu na meirande parte da prensa, e mencionouse en programas de radio e televisión. Un xeito de dar certa relevancia a Melide nunha semana na que media Galicia está en festas, o que ten aínda máis mérito.

Mércores, 17 de Agosto de 2011

Os mellores tiradores de tirapedras daranse cita en Melide o xoves

tirapedras
O Charrancas vén de remitirme a seguinte nova de grande interese para os melidenses:

Por quinto ano consecutivo, o casco histórico da vila de Melide será o escenario de actividades de posta en valor dos xogos tradicionais, recuperando algúns dos seus espazos públicos a súa función ancestral de espazos de xogo, aínda que só sexa por unha horas.
tirapedrasO acto central será o V Campionato de Tirapedras da Galiza Central, unha proba que se celebrará o xoves, 18 de agosto, a partir das 18.00 horas na Praza do Convento. Na edición de 2010 participaron un total de 54 tiradores e tiradoras (entre os cales se atopaban 14 nenos/as), pero na presente edición todo indica que o número de concursantes vai ser superior, dada a expectación creada. Basicamente, cada competidor dispoñerá de seis lanzamentos contra dúas dianas (de diferente valor –e dificultade- cada unha delas). Cada tirador/a poderá escoller libremente contra que diana dirixe cada un dos seus lanzamentos. Ao final, as tres persoas que acaden as máximas puntuacións en cada categoría serán as gañadoras.
No Campionato non existe distinción por sexos, aínda que si por idades. Os nenos/as menores de 14 anos lanzarán a unha distancia duns cinco metros e terán os seus propios premios. Os maiores desa idade, lanzarán a uns dez metros. Debe terse en conta, así e todo, que nos xogos tradicionais as regras foron sempre acordadas antes de comezar cada xogo; precisamente por iso a organización tratará de respectar os puntos de vista consensuados entre os participantes antes de comezar a competición, razón pola cal as distancias poderán ser levemente modificadas, segundo as dificultades que se observen nas tiradas de adestramento.
O evento está organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, entidade que leva desenvolvidas ao longo de toda a xeografía galega máis de 300 actividades de divulgación do patrimonio lúdico tradicional. Na presente edición o Campionato conta co patrocinio da Adega O Mandil, e co apoio do Concello de Melide e da Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira

¡Moita sorte a todos os participantes na competición!

Domingo, 14 de Agosto de 2011

A Palladium tamén celebra o San Roque en Melide

Estes días botan a andar as festas do San Roque en Melide (e en moitas outras vilas galegas) e mentres a organización oficial trae á París de Noia, á Sintonía de Vigo e a Cornelius 1960, os da discoteca Palladium sorprenden cun cartel que podería colar como o das festas (especialmente no seu deseño), se non fose polo seu carácter gamberrete:
Cartel das actividades da Palladium durante as festas do San Roque en Melide
Aínda que está claro que Juan Magan é o típico convidado nunha discoteca, se mirarmos a King África e a Lucía Pérez poderiamos ver actuacións que encaixasen perfectamente nas festas dos San Roque doutros anos, polo que supoño que moitos estaranlle agradecidos á discoteca por animar as festas nuns tempos de crise nos que o Concello non pode realizar un investimento como o doutros anos.
Así este ano toca pasalo booooooombaaaaaaa, e ao rematar a troula dicir aquilo de que me quiten lo bailao.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios