Martes, 28 de Xuño de 2011

Viñetas desde o Atlántico 2011 xa ten cartel

Cartel de Viñetas
Pois si, xa temos o cartel da edición de 2011 de Viñetas desde o Atlántico, elaborado por Camille Jourdy e, na miña opinión, o peor cartel os últimos 14 anos do encontro de referencia para os frikis coruñeses.
Este ano imos ter festa moi cedo, xa que o certame da banda deseñada terá lugar do 8 ao 14 de agosto, o que supoño que agradecerán especialmente os que teñan que enfrontarse a exames no mes de setembro.
Agardemos que poidamos gozar de Viñetas desde o Atlántico durante moitas máis edicións (aínda non escoitei declaracións de Carlos Negreira sobre o evento, pero gustaría que non cortase de raíz un dos encontros de máis éxito na cidade) e que a de este ano continúe na liña das anteriores: unha auténtica semana de festa para os que amamos o mundo do cómic.

Martes, 14 de Xuño de 2011

Debate sobre Anonymous en RadioVoz

Perigoso membro de Anonymous en ExpOtaku
Comezo cunha imaxe dun perigoso membro de Anonymous durante a pasada edición de ExpOtaku para introducir o debate no que tiven a honra de participar en RadioVoz xunto con Enrique Dans e Javier Pedreira Wicho:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Falamos de Anonymous, para deixar claro que non son un grupo terrorista, que carece de cúpulas e que simplemente son un novo xeito de manifestarse na Rede. Podedes ver a polémica nota de prensa da Policía Nacional na súa páxina web, o vídeo da rolda de prensa na páxina web de RTVE, o artigo sobre o tema que escribiu Enrique Dans (ou mesmo o que escribín eu) e o artigo que publicou Dans en El País ao que fai referencia na tertulia radiofónica.
Resumindo: ¿Quen é Anonymous? «Fuenteovejuna, señor».

Martes, 7 de Xuño de 2011

Paxaros azuis ata nos velorios

Mike Bonales dedicou a súa tira de hoxe á dependencia de Twitter:
Twitter ata a tumba
Teremos que ir deixando o vicio para non rematar así… #FF @mikebonales :D

Xoves, 5 de Maio de 2011

ExpOtaku volve a EXPOCoruña nun par de semanas

ExpOtaku 2011Tras o éxito da edición de 2010, entre os días 20 e 22 de maio EXPOCoruña vai acoller o II Salón do Manga de Galicia coñecido como ExpOtaku, que promete xuntar a moitísimos seareiros dos comics e as series de televisión made in Japan se temos en conta que xa hai máis de 400 persoas que confirmaron a través de Facebook a súa asistencia.
Os interesados en asistir deberán pagar 3 euros/día ou 7 euros polos 3 días, aínda que o domingo 22 a xente que vaia disfrazada de personaxes de manga poderá acudir de balde.
O programa de actividades aínda non está pechado, pero supoño que será semellante ao do ano pasado, polo que a diversión estará asegurada. Espero que desta volta o evento tamén sirva de anticipo do RetroCoruña 2011 que terá lugar a primeiros de xullo.

Martes, 3 de Maio de 2011

A morte de Osama bin Laden, cousa de risa

Manny Aenlle Francisco deu co motivo da localización de Osama bin Laden nas páxinas do The Manila Times (xornal das Filipinas):
Osama iPhone
Tamén hai que fixo a mesma broma, pero con Twitter en vez do iPhone:
Osama no Twitter
Pero se a xente non cría que Obama fose norteamericano ata ver o seu certificado de nacemento, ¿pasará o mesmo coa morte de Osama? Pois iso pensa Daryl Cage:
Certificado de defunción de Osama bin Laden
Manel Fontdevila tamén soubo ilustrar a nova con humor:
Chanquete ha muerto
Poida que a algúns non lle pareza atinado facer humor con estas cousas, pero a min paréceme un signo de normalidade e un xeito máis de opinar sobre o tema. Non esquezamos que nalgún caso as tiras de prensa serven para realizar certa crítica sobre temas que a meirande parte dos columnistas poderían considerar tabú.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios