Mércores, 15 de Xuño de 2011

Link volverá a rescatar á princesa Zelda ¿Williams?

Zelda Williams xogando a Ocarina of Time
Descoñecía que o actor Robin Williams era tan friki que puxera de nome Zelda á súa filla polo videoxogo protagonizado por Link, pero vese que os de Nintendo escoitaron a curiosa anécdota e decidiron aproveitala para o anuncio televisivo que acompañará a The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D que chega este venres ás tendas para a Nintendo 3DS:

O anuncio é divertidísivo, e tamén podo confirmar que o xogo é unha pasada (probei a demo hai 3 meses), converténdose con toda seguridade no primeiro vende-consolas para 3DS (unha mágoa que non fose un xogo de lanzamento) e que chega xusto no ano no que a saga de Zelda fai 25 anos, deixando claro que algúns imos vellos, e que conceptos como Super Mario, Donkey Kong ou Zelda son tan bos que poden manterse no tempo como clásicos modernos.
A Nintendo 3DS está a tardar en calar, pero co novo Zelda e os xogos que van chegar de cara ao Nadal (como Kid Iccarus: Uprising, Mario Kart e Super Mario) parece seguro que vai ser toda unha supervendas. Aínda que hoxe non vexamos moitas 3DS polas rúas, apostaría algo a que 2012 vai ser o seu ano (especialmente se rebaixan algo o seu prezo ou inclúen algún xogo con certo pulo ao adquirila).

Martes, 14 de Xuño de 2011

Debate sobre Anonymous en RadioVoz

Perigoso membro de Anonymous en ExpOtaku
Comezo cunha imaxe dun perigoso membro de Anonymous durante a pasada edición de ExpOtaku para introducir o debate no que tiven a honra de participar en RadioVoz xunto con Enrique Dans e Javier Pedreira Wicho:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Falamos de Anonymous, para deixar claro que non son un grupo terrorista, que carece de cúpulas e que simplemente son un novo xeito de manifestarse na Rede. Podedes ver a polémica nota de prensa da Policía Nacional na súa páxina web, o vídeo da rolda de prensa na páxina web de RTVE, o artigo sobre o tema que escribiu Enrique Dans (ou mesmo o que escribín eu) e o artigo que publicou Dans en El País ao que fai referencia na tertulia radiofónica.
Resumindo: ¿Quen é Anonymous? «Fuenteovejuna, señor».

Martes, 7 de Xuño de 2011

Darth Vader en Disneyland

Na última semana preto de medio millón de persoas viron en YouTube o anuncio de Star Tour, un novo espectáculo de Disneyland que quere ver o noso temido Darth Vader:

Despois de ver o vídeo estanme a entrar ganas de ir a Disneyland… ¡disfrazado de Darth Vader! ¿Alguén que se apunte a tal frikada? No caso de que non haxa entradas para Disneyland, sempre podemos ir a Rascapicalandia :D

Luns, 9 de Maio de 2011

Michael Bolton es el puto amo

Michael Bolton como Jack Sparrow
The Lonely Island conseguiu superar os 86 millóns de reproducións en YouTube co seu vídeo I Just Had Sex:

E agora, esta banda de coña que participa no Saturday Night Live muda a Akon por Michael Bolton para o seu novo tema
Jack Sparrow:

Ver letra ▼

Non sei se superarán o seu anterior hit, pero a min faime máis graza, pese a que como fan de Trabajo Basura debería de odiar a Michael Bolton; pero despois de ver cómo se mete en Piratas del Caribe, Erin Brockovich, Forrest Gump e El Precio del Poder neste último vídeo musical só podo dicir: ¡Bravo! ¡Que lle dean unha película xa! :D

Venres, 29 de Abril de 2011

Thor, un novo acerto da Marvel

Cartel da película
Esta noite fun ver a película de Thor, da que non agardaba moito, e saín moi gratamente sorprendido do cine, entendendo que os da Marvel soubérono facer outra vez, de xeito que o universo que están a construír encadeando as películas de Iron Man, Hulk, Thor e Capitán América para chegar á dos Vengadores é un esforzo que paga a pena. Pero como non quero estragarlle a película a ninguén, faréi uns poucos comentarios:
THORtolitos
- THORtolitos: síntoo moito, pero a relación entre Thor e Jane Foster na película é unha chorrada. Non existe química real entre os personaxes e non hai nada que xustifique a suposta relación romántica entre ambos agás compartir un par de planos en pantalla. Dá a impresión de que meteron iso con calzador para poder empregar a Natalie Portman como reclamo.
THORnados
- THORnados: pese a que os efectos especiais da película dan o pego, en realidade son mediocres, e abusan de tornados, tormentas e lóstregos para disimular. Aínda que para min o peor foi a aparencia que deron a Asgard (¡e a Odín!) e a representación de exércitos inmensos en plan El Señor de los Anillos nalgunhas das esceas iniciais. Iso sobraba.
Loki
- THORpedo: ¡Fistro de pecador! ¡Cobarde! Si, se hai algo que destaca na película é Loki, personaxe moi solvente e moito mellor traballado que o de Thor. Aproveitando que a historia xustifica as súas accións dase forma a unha figura que pese a levar unha vestimenta tan ridícula coma nos comics, ¡queda ben! É a típica cousa que se ves en fotografías non as cres, pero cando as imaxes cobran vida na pantalla… ¡temos un antagonista perfecto!
Nick Furia
- THORtura: aguantar ata o final dos títulos de crédito para ver o cebo da película dos Vengadores é todo un suplicio. ¡Pero hai que roelo! Estades avisados.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios