Archive for Agosto, 2012

Be Water My Friend: a canción

Categorías: Música, Televisión
Comentarios desactivados

¿Lembrades ao chinés ese que dicía bi guota, mai fren? Pois un tolambrán (James D. Boswell) non puido quitalo da cabeza e foi quen de convertelo nunha canción chulísima:

Ver letra ▼

Algunhas frikadas poden ser marabillosas. ;)


Nas últimas semanas publiquei varios vídeos musicais que estaban a parodiar o tema Call Me Maybe, que era o que estaba a arrasar en YouTube, pero este éxito de Carly Rae Japsen vén de ser destronado por un cantante coreano chamado PSY, e o seu temazo Gangnam Style:

Non con un entendido da música coreana, pero escoitando a canción de PSY e vendo o ridículo que é o seu vídeo musical só podo dicir que ¡é xenial!

O máis curioso é que cheguei a saber desta canción por unha parodia que sospeito que sería moi do gusto do decano Pelton que sae na serie Community:

A canción orixinal xa superou os 76 millóns de reproducións en YouTube e ten varios centos de parodias. Vese que agora é cada vez máis doado que un contido acade viralidade, porque estamos máis conectados (tanto coa Internet como entre nós) e a xente perdou o pudor de producir contidos para YouTube, aínda que sexa só para pasalo ben.


Atrapados pola tecnoloxía

Categorías: Internet, Música
Comentarios desactivados

Printer Jam
Esta semana descubrín unha serie de vídeos musicais de Mondo (a xente que fai os Happy Tree Friends) chamada Trapped In Technology coa que botei unhas boas risotadas. Esta carallada botou a andar en xuño cun tema dedicado á Internet e que servía así de episodio piloto:

Pero coido que Trapped In Technology chegou a un nivel moi superior na súa quinta entrega, ao cantarlle unha canción ás impresoras, eses dispositivos odiados por todos cando se lles atasca o papel ou quedan sen tinta:

Tamén teñen cancións sobre os famosos da Internet (que ninguén recoñece pola rúa), os enganchados aos xogos de rol en liña (tipo World of Warcraft) e mesmo os que fan pagar ao seu móbil a base de hostias os problemas da súa vida. ¡Xa me tarda o vindeiro episodio!


Mercamelide celebrarase os días 1 e 2 de setembro

Categorías: Eventos, Melide
Comentarios desactivados

A vindeira fin de semana celebrarase en Melide unha nova edición da feira de oportunidades Mercamelide, que está a promocionarse co seguinte cartel:
Cartel Mercamelide
Destacan nesta edición un obradoiro de reciclaxe para cativos que terá lugar o sábado, e a aposta ecolóxica que fai a organización ao regalar unha bolsa de tela con cada compra.


Star Wars Detours: A Gargallada das Galaxias

Categorías: Cine, Televisión
Comentarios desactivados

Star Wars Detours
Non podo ocultar que estou bastante decepcionado coa franquía de Star Wars, porque como ao final todo iso das Guerras Clon resultou ser unha trangallada que irrelevante amañada por Palpatine para converterse no Emperador, non entendo como é posible que continúen a darlle voltas na televisión. ¿Para que marean un conto que dá igual? ¿Por qué non explorar novos camiños como fixeron co videoxogo El Poder de la Fuerza?
Pero parece que vou recuperar a fe, pois co gallo da Star Wars Celebration anunciaron unha nova serie de televisión chamada Star Wars: Detours que ten unha pinta incrible:

Agardemos que achegue a diversión que promete, que é moita, pois non por nada detrás deste proxecto están Todd Grimes, Matt Senreich e Seth Green (si, o actor lembrado polo seu papel como Scott Maligno en Austin Powers ou como o lobishome Oz na serie de Buffy), que xa demostraron a súa valía coa curiosa serie Robot Chicken.
Polo momento pouco se sabe sobre cando poderemos ver esta serie en antena, pero polos fragmentos que deixaron ver, estou certo de que vai ser moito mellor que Clone Wars:


Nova edición de Mercamelide os días 1 e 2 de setembro

Categorías: Melide
Comentarios desactivados

Supoño que para a semana que vén faranlle publicidade, pero hoxe xa vin na páxina web de La Voz de Galicia o anuncio da vindeira edición de Mercamelide:

La feria de saldos de Melide reunirá el 1 y 2 de septiembre a treinta comercios locales

Fotografía dunha pasada edición de Mercamelide
Después de un mes de intensa actividad -propiciado, en gran medida, por el retorno vacacional de los emigrantes-, los comerciantes de Melide no se tomarán un respiro hasta pasado al menos el primer fin de semana de septiembre. Los próximos días 1 y 2 han sido la fecha elegida para celebrar la edición estival de la feria de oportunidades del comercio local, una cita que alcanzará ya su décima edición.
La cita, conocida como Mercamelide, la secundarán una treintena de establecimientos comerciales, según confirmó, a una semana vista de la convocatoria, el edil de Promoción Económica y Turismo, Santos López, quien confía en el que mercado de oportunidades mantenga las cifras de afluencia de público y de volumen de negocio que lo han consolidado como un referente tanto para comerciantes como para consumidores. Para los primeros, la feria de saldos se presenta como una buena oportunidad para liquidar la mercancía que les ha quedado en stock de la temporada, mientras que los segundos encuentran en la cita una ocasión inmejorable para hacerse con productos de calidad a precios muy reducidos. Los comerciantes que asistirán con su mercancía a la décima edición de Mercamelide son representativos de la variada oferta que ofrece el sector en la localidad.
Al igual que en campañas pasadas, los comercios de textil serán mayoría en la feria de oportunidades melidense, donde tampoco faltarán establecimientos de venta de calzado, de complementos, de muebles y de electrodomésticos. El Palacio de Congresos y Exposiciones de Melide acogerá el mercado de saldos, para el que las puertas del recinto ferial permanecerán abiertas, tanto en la jornada del sábado como en la del domingo, durante nueve horas ininterrumpidas, de once de la mañana a ocho de la tarde.

Apuesta por el reciclaje

La novedad en la presente edición de Mercamelide la encontrará la clientela en las bolsas de tela que repartirán los comercios participantes, y los niños en los talleres de reciclaje que se impartirán. Ambas iniciativas se enmarcan en un convenio que Santos López, que estos días ejerce de alcalde en funciones, firmó con el director general de Sogama, Luis Lamas.

O evento chega moi cedo este ano, como tamén fará o San Caralampio (9 de setembro) por coincidir o 1 de setembro en sábado. Vaia, que este ano xuntáronse moito todas as actividades melidenses do verán. A ver se remata ben a tempada.