Socialtrend.com, ou como facer que o de Pervi.es pareza un xogo de nenos
Esta semana o diario El País publicou un longo artigo na súa edición impresa para Galicia no que daban conta dunha empresa galega que ía presentar dende Vilagarcía unha nova rede social con vocación internacional, asumindo todas as vendidas de moto da empresa como certas, deixando en ridículo á autora da peza, Elisa Lois, que demostra unha vez máis que ese tipo de informacións non se poden deixar en mans de calquera, e deberían pasar por algún tipo de filtro.
O artigo é unha vergoña de arriba a abaixo, pois asume cifras ridículas que unha persoa con dedos de fronte rexeitaría, como podedes comprobar a continuación:
Una empresa de inversores gallegos crea una red social con 20.000 usuarios de partida
Impulsada con la estrategia comercial de una TIC Internacional (Empresa de Tecnología de la Información) creada en 2009 por inversores gallegos y a la que posteriormente se unieron italianos y suizos, Vilagarcía acogerá la presentación de una nueva red social que comenzará a operar a partir del viernes. Será la primera que se lanza desde Galicia con esas características, ya que cuenta con una cobertura inicial de 20.000 usuarios, clientes de la compañía dentro de sus seis divisiones online. El portal Socialtrend pretende conquistar en la Red 43 países donde el grupo comercial ya está implantado, aunque las mayores expectativas se sitúan en Europa y todo el continente americano.
Ver o resto do artigo ▼
O discurso ambicioso que vemos no artigo lembroume ao que aconteceu no seu día con Pervi.es e La Voz de Galicia (agravado polas televisións autonómicas, que deron credibilidade a tal información), especialmente cando os responsables da plataforma aseguraban que ían achegar prestacións que non teñen os servizos actuais (nesta ocasión falan da protección dos cativos), o que xa debería facer correr a calquera berrando ¡lume!

Pero decidín darlles o beneficio da dúbida, e ver pacientemente a presentación de Socialtrend.com a través de streaming, o que agora tamén pode facerse en diferido, se sodes capaces de non cortarvos as veas no intento:
O vídeo xa non está dispoñible para a súa reprodución pública ▼
¡¿Pero que merda é iso?! Unha chea de vendedores de fume italianos, soltando andrómenas ante un auditorio de persoas sometidas previamente a un lavado de cerebro para adorar aos seus líderes como se estivesen nunha seita, aplaudindo sen xeito, bailando, asubiando… dun xeito que nin sequera vemos nos mitins políticos, dando a impresión de que estabamos ante un telepredicadores norteamericanos. ¿Podería saír algo bo de aí? Claramente non.
Pouco a pouco ía véndoselle o plumeiro a esa xente, e o que estaban a presentar era unha serie de produtos que todos levan trend no seu nome, e que ían dende o xogo en liña ata a economía, sempre prometendo beneficios económicos e cun discurso que só busca motivar. Chega con visitar a páxina web de Thetrend Social Corporation para ver de qué vai esta xente, e hai que estar moi desesperado para tragarse o seu discurso, especialmente cando non hai ninguén con credibilidade que os sustente.

Pero imos ao noso. A nova rede social. ¿Será unha nova tendencia? ¿Conseguirá captar 100.000 usuarios de cara a febreiro? Pois permitídeme dubidalo, pois para comezar, tan pronto como amosaron a súa interface no evento de Vilagarcía, aseguraron que levaba 10 minutos en liña (mentira, aínda tardou máis dunha hora en funcionar) e que a presentación a través de streaming estaba a ser seguida por 34.000 persoas en todo o mundo (trola moitísimo máis gorda, xa que só eramos 110 persoas seguindo o evento). Queda así totalmente soterrada a credibilidade desta xente, pero a cousa aínda é peor:
- Para comezar, a nova páxina web carece de información imprescindible para un espazo deste tipo, como a identificación da empresa que está detrás, as condicións do servizo e a súa política de privacidade, seccións que están en branco, polo que estariamos ante unha flagrante vulneración da LOPD e da LSSI-CE, como xa aconteceu tanto con Pervi.es coma co patético Parobook.
- Dos prometidos 20.000 usuarios actuais do servizo eu só atopo uns poucos, e practicamente ningunha actividade (só 3 ou 4 molestáronse en subir unha fotografía ao seu perfil). Ou sexa, que nin sequera as persoas que acudiron ao evento de presentación de Socialtrend.com (como oradores) participaron do servizo na súa fase de probas.
- E para acabar de coincidir con Pervi.es, non podía faltar o feito de que non existise un desenvolvemento de software orixinal detrás do proxecto, e temos que Socialtrend.com é unha instalación de iSocial, unha plataforma india de creación de redes sociais que pode mercarse por 297 dólares na súa versión básica.

Se temos a ousadía de rexistranos en Socialtrend.com (eu fíxeno para probalo, pero non o recomendo), podemos atopar unha plataforma moi pobre, que nin de broma soportaría a 100.000 usuarios, e que dificilmente atopará usuarios máis aló dos descerebrados que piquen nos negocios piramidais multinivel de TheTrend.

Para rematar de cagala, tiveron a pouca vergoña de pechar a presentación de Socialtrend.com cun One more thing como facía Steve Jobs nas súas keynotes. ¡Non o teñen crido nin nada!
Dáme bastante carraxe ver que esta panda de falabaratos puido organizar un evento destas dimensións, cuns medios moi superiores aos que estamos afeitos nos encontros tecnolóxicos en Galicia, e cunha retransmisión a través de streaming que destacou pola súa realización profesional (moi televisiva), aínda que os contidos non estaban á altura da técnica. Por fortuna, é de agardar que este tipo de iniciativas cheiren a timo dende lonxe, e espero que este proxecto non acade repercusión mediática nos vindeiros días para que esmoreza como unha trapallada propia das teletendas das 5 da madrugada.
ACTUALIZACIÓN (13-11-2011): Estou abraiado ante o feito de que, tras a polémica que se montou na Internet (especialmente en Twitter) sobre Socialtrend.com algúns medios de comunicación desen algún crédito a tal iniciativa.
É patético que na portada da edición de Arousa do Faro de Vigo publicasen o seguinte:
Una iniciativa con altura de miras
El portal Socialtrend se presentó como un “evento histórico para la humanidad”
La empresa Thetrend Social, que patrocina el Cortegada de baloncesto femenino, eligió Vilagarcía para realizar el lanzamiento mundial de su proyecto global de comunicación, idea bautizada como Socialtrend.
El proyecto engloba diversas opciones dentro de un concepto general. Con siete divisiones online, los clientes de esta nueva idea tendrán la posibilidad de disponer de muchas posibilidades. Ramas como el ocio, el entretenimiento o el negocio están incluidas en una iniciativa que pretende conquistar 43 países donde el grupo comercial está ya implantado.
Pero aínda peor foi a reportaxe que Elisa Lois dedicou á presentación en El País:
Internet también tiene guardería
Nace una red social que permitirá a los padres vigilar por dónde navegan sus hijos
Encima de un enorme escenario multimedia, Fernando César hace un alto en el complejo montaje de uno de los más asombrosos milagros de la comunicación que ofrece Internet. Dentro de siete horas, desde este auditorio de Vilagarcía, él y su equipo conectarán en directo con audiencia de 43 países para estrenar la nueva red social que comenzará a emitir en período de prueba hasta febrero, cuando se lance su versión oficial.
Coido que o caso do Faro de Vigo só indica o pouco criterio da cabeceira á hora de destacar unha información (continúo a soster que calquera con dous dedos de fronte que vise de qué ía a presentación de Socialtrend.com fuxiría a fume de carozo), pero o de El País paréceme moi grave, pois a publicación da reportaxe foi despois da polémica creada na Rede (e da que non poden argumentar descoñecemento, pois citónselles explícitamente). Dado que María Encinar descubriunos que a persoa que asina o texto é unha xornalista de verdade, só podo entender que a publicación de tal panfleto propagandistico só pode responder a unha cousa: é unha reportaxe pagada. Cadaquén que saque as súas propias conclusións.
A isto tamén podemos engadir certos comentarios que xurden na Rede (principalmente baseándose nun blog dun afectado, polo que tamén habería que coller a información con pinzas), que vinculan a unha das empresas detrás de Socialtrend.com cunha compañía acusada en Italia de vender sistemas de apostas por Internet como un produto financeiro (o que é ilegal, polo que teñen prohibida temporalmente a súa actividade en Italia). Tamén comentan certas tácticas pouco elegantes para captar público para o evento, así como prácticas laborais moi discutibles por parte de The Trend (que cobran pola formación dos seus potenciais futuros traballadores).Vaia, que a cousa non cheira ben, e os medios de comunicación que publican información comercial sobre certa xente non faría mal en documentarse un pouco antes, polo que puidera pasar no futuro.






45 comentarios realizados
1. LexnaLof escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 4:22
Antes de nada aclarar que lo del caso Pervi se hubiera quedado en un juego de niños si el medio al que se la colaron en aquella ocasión hubiera sabido rectificar en su momento en lugar de desacreditar a otros proyectos para intentar ‘justificar’ su metedura de pata: http://ow.ly/7r6ev
Y vamos a dejarlo aquí esperando que algún día sepan compensarlo en forma de información en positivo.
Sobre Socialtrend incidir en lo que comentas, no se puede dejar este tipo de información en manos de cualquiera, más cuando dicha información se va a difundir desde un medio de la entidad de El País. Estos sucesos acaban restando credibilidad a proyectos lícitos.
Apuntar también que aunque está bien reseñar los medios técnicos con los que contaron estos individuos como contrapunto a lo que estamos acostumbrados a ver en los encuentros tecnológicos gallegos, esto no debe hacernos caer en el error de querer ver este esperpento como algo ejemplarizante del cómo “saber vendernos”, como he leído en algunos comentarios de usuarios de Cabozo y de Twitter.
Por muy mal que nos vendamos en Galicia, ir de fantasmas por la vida, colar una nota a El país, conseguir un auditorio (a saber cómo) y engañar a unos cuantos incautos junto a una ‘presentación’ que rozó lo absurdo (si no lo superó) no me parece que sea algo que pueda utilizarse como ejemplo de nada positivo
2. Marcus escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 5:55
O de Pervi foi especialmente grave polo feito de seres destacado na portada dunha das edicións de La Voz (o que indica un criterio lamentable), pero o de Socialtrend pareceume peor porque é algo moi descarado incluso para xente sen ningún coñecemento técnico. Cheira a timo piramidal dende moi lonxe.
Sobre o de saber venderse, coido que o fan moi mal (especialmente para un público con sentido común) pero o que destaco é a realización do evento dende o punto de vista audiovisual. Vaia, que estaría moi ben que os eventos galegos que podemos seguir por streaming ofrecesen algo máis que unha cámara fixa.
3. Fernando escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 9:43
Hola Marcus
Normalmente leo el blog, duele que sacudan a uno, pero es lo que toca…
Voy a intentar aclarar conceptos.
En efecto, somos vendedores y procuramos hacerlo bien, aunque sobre esto siempre hay juicios.
Fue el de ayer un show comercial para nuestra base de clientes (20.000) y perseguía introducir o repasar la situación de las divisiones en la actualidad, poniendo el foco en SocialTrend.
A partir de ese momento no podemos controlar los errores o imprecisiones que se pudieran dar cuando hablamos de un proyecto tan inmaduro como éste y en el que estamos apenas al principio del principio.
No buscamos llamar la atención, nos gusta trabajar con humildad y discreción, pero reconozco que la curiosidad de los últimos días ha sido difícil de controlar. Lo anoto como otro error.
Sobre la plataforma, en beta y fase de pruebas exclusivamente para afiliados, (anoto ahí otra fisura), no será la que mostremos en Febrero/Marzo que por dificultades técnicas y algunas relacionadas con acuerdos comerciales, no pudimos mostrar ayer.
Sobre las dificultades técnicas o tipo de proyecto, seguro que comprenderás que debamos ser prudentes por ahora, pero conocedores de otros esfuerzos que se hacen por aquí, solo podemos sentirnos pequeños, muy pequeños y dispuestos a aprender.
Pero había fechas que cumplir, porque somos comercializadores.
Un grupo de buenas marcas nos rodean y confían en nosotros (Hablo de Thetrend) cuando aún somos tan pequeños y tanto nos queda por aprender.
Agradezco el artículo, la crítica señala hacia situaciones que debemos corregir, como por ejemplo moderar esa euforia que nos hace acelerar procesos que deberían estar aún siendo depurados.
Como empresa que empieza y quiere hacerlo con humildad, nos gustaría ser evaluados por el tiempo y es eso todo lo que necesitamos.
Pero aceptamos las críticas, cuando uno sale al mercado y más por este medio, sabe a lo que se expone y debe aprender de ello.
Esto me ha salido demasiado institucional.
El one more thing… somos en part de IFB Swiss, que tiene un acuerdo con Apple, eso era en realidad un guiño a al acuerdo de las compañías, nunca pretenderíamos pisar el camino de alguien tan grande.
Y el equipo audiovisual, completamente gallego, sí: Un lujo.
Saludos.
4. Marcus escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 12:15
Fernando:
En primer lugar, muchas gracias por el comentario. Después de tu explicación me queda claro que no se hubiese generado ninguna polémica si no se hubiese hablado de Socialtrend.com en El País, dende se decían animaladas como que .
Supongo que entiendes la indignación creada entre profesionales del sector TIC en Galicia. Aquí se hacen grandes proyectos tecnológicos y conseguir que se hagan eco en un medio tradicional resulta muy complicado, por lo que ofenda que una inciativa puramente comercial consiga tal atención por parte de un diario.
Saludos.
5. Fernando escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 13:54
Lo entiendo demasiado bien.
Proyectos que merecen la pena no tienen repercusión y la eterna idea de que aquí no hay gente igual de buena que en otras partes.
Nosotros hacemos nuestro trabajo, bien, mal, regular… ya sabes, estamos expuestos al escrutinio de los demás y es algo a lo que debemos adaptarnos.
Parte de nuestro trabajo también es generar repercusión, sobre todo en una fase previa como esta, donde las alianzas estratégicas se sellan por confianza.
Debemos hablar bien de nuestra compañía y lo hacemos, al menos en relación a la identidad del proyecto o lo que buscamos de él.
Insisto que no puedo controlar imprecisiones y he leído muchas en muchos medios, apenas dominar la expectación y hasta eso ha costado.
No teníamos intención de asomar más que testimonialmente, era lo de ayer un ensayo comercial de cara a nuestra base de afiliados y aunque hemos cometido errores, nos ha servido para perfilar mejor algunos planes.
No puedo lamentar la repercusión mediática, compréndelo.
Se anulará desde hoy, porque toca ya centrarse en lo importante.
Y no tenemos muchas ganas de distraernos con todo lo que queda por delante.
Saludos.
6. rubenbaston escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 14:09
Fernando, entón… esta frase que sae en El País:
El responsable de comunicación de la iniciativa afirma que en un año será la red social con mayor penetración en el mercado mundial.
…non é certa? Non saíu da vosa empresa? Puxéstesvos en contacto con El País para solicitar unha aclaración?
Poderías pegar aquí cal foi a nota de prensa que enviastes orixinalmente, para aclarar que non foi un engano pretendido?
Graciñas!
7. Quecarallo escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 14:16
Hombre, a mí me vais a perdonar, pero a pesar de las disculpas la cosa huele mal. Vale que El País pueda haber metido la pata, pero que se lo hayan inventado todo no es creíble.
Además montar un evento para una web donde meteis un script :S no sé que quieres que te diga xD
Voy a enviar una nota a La Voz y montar un macroevento en El Coliseum para decir que Quecarallo es una “red social” que te permite hablar con marcianos, y cuando Marcus saque el artículo indignado le diré que tenemos cosas que pulir.
Yo debo ser el más tonto del lugar, debería estar montando un blog y buscando financiación internacional…
8. Lu escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 14:57
“Voy a enviar una nota a La Voz y montar un macroevento en El Coliseum para decir que Quecarallo es una “red social” que te permite hablar con marcianos, y cuando Marcus saque el artículo indignado le diré que tenemos cosas que pulir”
+1
Bravo Quecarallo!
9. kiko escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 16:47
creo que tras la repercusión que le habéis dado se esperaba una presentación de una red social por lo menos interesante y no una modificación de un script que lo modifica cualquiera.
A pesar de esto el evento tuvo una profesionalidad de producción ccomo pocos.
Quedamos a la espera de encontrarnos algo mejor en unos meses.
10. Fernando escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 17:42
En Marzo.
Si Markus acepta una invitación, podremos hablar sobre ello y así despejará aquí cualquier duda, o esto se volverá interminable y acabará sonando a justificación por mi parte y tampoco deseo eso.
No olvidéis que aquí escribo yo a título personal en grado de lector, no es una nota de prensa de la compañía, que por cierto, no es mía.
Trabajamos para/con grandes compañías: IFB Swiss, Novium, Stanleybet, Playmatch…
Claro que nos marcamos objetivos ambiciosos, exactamente: Los marcan.
Aunque luego siempre es el mercado el que decide.
¿Por qué El País?, patrocinamos recientemente a un equipo de 2ª División Femenina de Baloncesto (Social Cortegada) y eso ha despertado curiosidad, a partir de ahí llegaron las preguntas. Ahora me diréis que les habríais dicho no.
En cambio sí hemos dicho no a teles o prensa, porque no necesitamos más promoción, cuando lo que estamos es centrados en crecer.
Es evidente que hemos adelantado meses la expectación.
Pero también que se nos da bien el trabajo promocional.
Es lo que hacemos por todo el mundo.
Y no es una cuestión de suerte: Aquí hay gente que se lo está dejando todo en el esfuerzo, ojalá todo fuera tan simple como “emprendedor gallego apadrinado por broker suizo”. Esta es una empresa que está creciendo despacio y cuesta mucho levantarla cada día. Ya sabéis de lo que hablo.
Lo demás lo veremos en Marzo.
Entonces, si queréis, podéis zurrar el triple.
Insisto en la invitación a Markus.
11. Marcus escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 17:58
Fernando:
No tendré ningún problema en probar vuestro producto final. Ya me lo comentarás cuando lo estreneis.
12. Fernando escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 18:04
Hecho, así será.
Te mantendré informado.
13. Cabozo.com escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 18:05
Se despois de 4 anos de moitas, moitas horiñas de traballo para desenvolver unha rede social orixinal, totalmente dende cero, sen apenas medios nin apoios, con xa algúns miles de usuari@s rexistrados e dos enormes esforzos para sobrevivir fronte ás omnipresentes Facebook, Twitter, etc. calquera ‘fantasmada’ que chega logra maior repercusión momentánea ca nós (véxase Pervi no seu momento ou agora Socialtrend) está claro que algo estamos facendo mal e que nesta Galicia nosa ademais de selo hai que parecelo… ou polo menos parecelo
É por iso que Socialtrend nos abriu os ollos e dende xa en Cabozo.com poñémonos a preparar o noso propio evento para o 12/12/12, ás 12.00h no nº12 de Combarro (xa entenderedes por que alí) Ese día temos pensado presentar un produto do máis avanzado tecnoloxicamente e grazas ao cal poderemos sufragar os gastos de desenvolvemento do futuro Cabozo que para aquel entón xa terá 12 millóns de usuari@s (aproximadamente).
A ver se para entón se nos ten un pouco máis en conta polo menos nos eventos #socialmedia galegos. Xa serán máis de 5 anos de desenvolvemento real dunha rede social…
Os traxes italianos nunca foron o noso, pero si agradeceriamos ao bo de Fernando que nos puxese en contacto o antes posible co equipo audiovisual, polo visto integramente galego e o único que se pode salvar deste esperpento.
Aquí tedes máis información sobre o evento: http://ow.ly/7rqg9
Non volo perdades! Xa sabedes… 12/12/12
Manda carallo!
¬¬
14. kiko escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 18:46
Fernando sigues sin explicar porqué la red social es un script o esto cambiará en marzo?
15. Fernando escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 19:29
Pensaba que lo había dicho.
Es una versión beta de la que en Marzo se verá una nueva cara.
Es como estaba planteado desde el principio.
Markus ha aceptado la invitación a chekear el producto definitivo, no imagino mejor análisis para entonces.
Y conste que las críticas joden, pero son cosas que anotar…
16. Rubenbaston escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 20:08
Fernando, non te poñas nervioso, que o estás a facer realmente ben na xestión das opinións :).
Paréceme unha boa “fuxida cara a adiante” o de “marzo 2012″. Apuntareino no Calendar jejeje. En todo caso, sigo mantendo certas dúbidas sobre o grao de responsabilidade de elpais na confusion xerada pola noticia, e gustariame saber qué pesou máis, a incompetencia da xornalista a secas malintepretando, ou tamén unha información de orixe pretendidamente pretenciosa.
Polo que dis, a nota de prensa non a redactaches ti, pero diso infiro que “houbo nota de prensa”. Poderias compartila ou facerma chegar. Sen iso, a dúbida sobre a boa fe, baixo o meu punto de vista, permanece.
17. kiko escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 20:30
fernando yo no pongo en duda tu trabajo todo lo contrario. Pero si el del responsable tic de vuestra empresa presentando esa red como novedosa, eso para la gente que se dedica a esto es un insulto y mas si lo sumas a lo que pone la prensa.
esperaremos la opinion de markus.
saludos
18. Fernando escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 20:30
Perdón, lo de “anotar” no tenía tono de advertencia, esos errores no los cometo.
Y sobre la nota de prensa o errores o culpables.
Cuando existen errores, omisiones o culpables, todos recaen o deberían hacerlo siempre en el cobra para que se produzcan.
Y como ese soy yo, acepto la crítica.
Tendría que ser muy mezquino para culpar a la periodista de El País, incluso cobarde y si llevo pasando por aquí toda la tarde, no creo que encaje en ese perfil.
Le doy mucha importancia a las opiniones que se vierten aquí, me ayuda a configurar un mejor mapa de ejemplos, incluso acepto la ironía de Cabozo, me parece hasta sutil, seguramente yo en otro caso habría sido peor.
Así que: Marzo.
Anótalo en el Calendar.
Bien mirado, si no estoy en lo cierto: vosotros tendréis mucho de lo que hablar. Y yo: ni una sola excusa.
Cierro por hoy. Saludos a todos.
19. deckarz escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 22:32
Vamos a ver, presentais un producto que vais a vender en no se cuantos paises, como un Facebook killer, lo mas de lo mas y ahora decis que no es un producto fina lo que querias presentar y que en realidad sera para el marzo proximo. Esto de seriedad/profesionalidad cero patatero.
Nos estais tomando el pelo si o si.No hay comentario o excusa que os salve despues de toda la parafernalia que habeis montado con inversores suizos e italianos incluidos
Por favor, un poco de seriedad y un poco de respeto a toda la gente que de verdad se lo curra de verdad en este mundo y no va por ahi con un “one more thing”(esto ya fue la retraca)
Y lo que mas aun me jode es que se relacione nuestra tierra(profesionales incluidos) con toda esta comedia. Un poco de respeto por favor!!!!!
20. Pablo Lopez escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 22:53
La verdad es que esto me hace gracia. Ver como se miente a través de twitter diciendo que hay 34.000 personas en el streaming, y luego intentar echarle la culpa al primero que pasa cerca. Que sea un script comprado o no, no creo que tenga la mayor importancia.
Enhorabuena Fernando y Cia, si lo que queríais es que hablaran de vosotros aunque fuera mal, o muy mal, lo habéis conseguido.
Seguiremos con atención cual es el próximo paso en vuestra estrategia de comunicación tan innovadora y provocadora
21. David escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 23:12
Sólo comentar que el auditorio lo llenaron con la oferta de más de 100 puestos de trabajo, oferta que dieron a conocer en las calles de Vilagarcía parando a todo la gente.
22. David Pombar escrito o 13 de Novembro de 2011 ás 0:44
Por se non o víchedes. Elisa Lois, segue a mentir sobre SocialTrend no “El Pais” de hoxe.
23. Marcus escrito o 13 de Novembro de 2011 ás 1:09
David, quedei flipado co novo artigo en El País. Despois da que se armou, ¡¿cómo publican iso?! Parece que Elisa Lois non ten vergoña nin a ninguén que revise os seus textos.
24. Francisco Sotelo escrito o 13 de Novembro de 2011 ás 10:47
COMENTARIO ELIMINADO A PETICIÓN DO SEU AUTOR
25. Francisco Sotelo escrito o 13 de Novembro de 2011 ás 11:01
COMENTARIO ELIMINADO A PETICIÓN DO SEU AUTOR
26. Fernando escrito o 13 de Novembro de 2011 ás 13:12
Marzo. Me he explicado y no justificado varias veces.
Me importa la opinión de los lectores del blog, por enmarcarla exactamente en el campo estratégico con el que debemos relacionarnos, pero tenemos nuestros propios tiempos, estrategias o riesgos en ello.
Errores los que queráis, no busco repetir insistentemente lo mismo.
Divisiones como Tjoy ya tienen operativa evanspoker o playmatch, con otras divisiones trataremos hacer lo mismo y nos estamos tomando tiempo.
Veréis, hasta para una mala Beta suele existir una buena explicación.
Pero justificarse es absurdo cuando lo que queda es trabajo y es el mercado el que decide y para eso aún queda tiempo.
Todo lo demás lo enmarcamos en la grandilocuente liturgia de eventos comerciales o en los departamentos correspondientes, que deberán también responder en el momento preciso o cuando lo consideren oportuno.
Yo trabajo para una empresa que tiene objetivos y cobro por alcanzarlos.
Pero hay errores, propios de una estructura tan segmentada.
Yo no vendré aquí a decir quién, o por qué, o si se han “depurado” ya, eso es algo que no creo que hiciese nadie.
Si conoces a alguien que trabaja aquí, sabrás que no es ese mi estilo.
Podemos armarnos de dignidad y criticar hasta dentro de un mes, la fecha seguirá siendo marzo y siempre fue marzo. Si luego el resultado final es tan malo, lo único que habremos hecho es perder dinero y credibilidad: la nuestra y lo peor: ante nuestros propios clientes.
Ya molestan más las palabras gruesas o el ataque obsesivo, eso escapa a mi control y coloca la pelota en otro tejado.
Molesta, claro que molesta. No me gusta el tufillo a linchamiento y a todo-vale.
Y hasta aquí escribo, pensad en la última vez que alguien a quien estaban zurrando así, dio la cara desde el primer momento.
27. Francisco Sotelo escrito o 13 de Novembro de 2011 ás 13:33
COMENTARIO ELIMINADO A PETICIÓN DO SEU AUTOR
28. David Pombar escrito o 13 de Novembro de 2011 ás 15:40
Eu tamén fixen un par de búsquedas e encontrei o tema de Betexp. Cheguei a escribir un comentario aquí o respecto pero “autocensureime”, porque realmente non me creo ninguén con dereito a culpar a outra persoa polo que ben pode ser un berrinche o un simple bulo. Todos sabemos como funciona isto.
O que si teño moi claro é que xa falei con varios conocidos que residen en Vilagarcía e estes van estar moi atentos o proceso de selección de esta empresa porque apunta moito a que poden comezar a aparecer postos de traballo para os que se queres optar tes que pagar pola formación ou o acceso o proceso de selección, e iso, señores, chámase TIMO e debería ser denunciado.
Espero sinceramente que todo isto quede nunha mera anécdota que podamos engadir a xa peculiar historia do internet galego, pero tempo o tempo.
29. Xornalista escrito o 13 de Novembro de 2011 ás 23:26
Tamén no Faro de Vigo:
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/11/12/iniciativa-altura-miras/596955.html
No Diario de Arousa tamén lle dedicaron unha reportaxe.
30. Fernando escrito o 14 de Novembro de 2011 ás 3:43
Pues sí que estamos vetados en Italia, sí: http://www.ifbitaly.it/media/videos.php
Y a partir de semejante torpeza, ¿sigo desmontando el resto?.
Podéis criticar que arrancamos en falso con una red social.
Bien, ya he asumido las críticas y he ofrecido explicaciones.
Lo demás, es atacar la reputación de una empresa y eso son palabras mayores.
31. Socialtrend ¿lobo con piel de cordero? [GAL] escrito o 14 de Novembro de 2011 ás 9:18
[...] Socialtrend ¿lobo con piel de cordero? [GAL] marcus.es/2011/11/socialtrend/ por charangada el 07:18 UTC [...]
32. Francisco Sotelo escrito o 14 de Novembro de 2011 ás 14:55
COMENTARIO ELIMINADO A PETICIÓN DO SEU AUTOR
33. Manu escrito o 14 de Novembro de 2011 ás 20:08
El responsable de comunicación del grupo desarrolló la idea de esta red en 2006 pero entonces fracasó en su empeño por la falta de apoyo financiero e institucional. “Appel, Google o YouTube nacieron en un garaje y Facebook en el dormitorio de un estudiante, chavales que aquí no habrían triunfado”, comenta con ironía.
Vinculado desde su infancia con la ciudad alemana de Osnabrück, Fernando César, de 39 años, pateó el extranjero para completar su formación periodística y audiovisual hasta que un grupo de empresarios le creyó. “Fue así en realidad, creyeron en mí y en la apuesta que tenía en mi mente. Sinceramente creo que estaban un poco locos, pero fue sorprendentemente fácil. Son empresarios discretos pero con una gran capacidad comercial y solo me preguntaron cómo hacerlo”, recuerda.
La cuestión es la siguiente: Que os quieres decir con “vinculado a Osnabrück” tiene que ver con algo de la empresa, no entiendo a que viene ese detalle, quizas a aparentar un cierto grado de internacionalización. Lo siguiente después de ver algunos videos de la convención de verona en los que el Señor santiago Martinez dice que en 2001 comenzó a dar forma a este proyecto y aqui veo que usted indica que la idea era suya que la creó usted en 2006, será otra mala interpretación mia. Pero por ultimo y esto es curiosidad por que la verdad, usted es lo mejor que he visto en la presentación. ¿ Donde se ha formado usted, ya que comenta que completó su formación periodistica por el extranjero?, entiendo que es usted periodista. En que facultad se formó. Un atento saludo a todos.
34. PopStar escrito o 17 de Novembro de 2011 ás 19:47
http://capital2max.com/archives/508#more-508
A min chéirame a pura merda.
E digo eu, Social Trend factura 25 millóns de euros mensuáis, se isto é certo, que cojones de producto factura? Auto-axuda? Cheira a cienciología das redes sociáis.
E agora que: busca Vincenzo Giorgioni o CHAIRMAN ou XEFE de Social Trend. Antiguo socio e xefe de Winners Trend, filial de Betexp Corp.
Betexp - Winners - Emprendedor Digital
22 Dic 2010 … El equipo directivo de Winners está compuesto por 4 socios (Manuel Toba, Vincenzo Giorgioni, Santiago y Carlos), encabezado por Vincenzo …
http://www.emprendedordigital.com/xn/…/2105322:Comment:1538133?... - Similares
NONO DIGO EU, DICE O CACHÉ DE GOOGLE. Relación directa de estafadores tratando de branquear cartos.
Para máis, quen queira que me pida o PDF que encontrei de casualidade na rede sobre BETEXP e como gañar cartos apostando ofrecen RISCO 0 e rentabilidade do 15%.
Unha estafasa baséase en ofrecer Risco 0, algo completamente imposible pero tentador. E altas rentabilidades superiores ó 10%.
Ben, a pesar de que The Trend Social poda ser LEGAL. As sospeitas de que é unha estafa ou futura estafa ou que os seus directivos proveñen do negocio das estafas poden ser confirmadas usando google.
http://capital2max.com/archives/1537
Nesta entrada escribe os representantes. de The Social Trend.
REPRESENTACIÓN LEGAL:
- Vincenzo Giorgioni.
- Manuel Toba
- Santiago Martinez
- Felix Touris
Menos Felix Touris coinciden cos directos de Winners (Betexp Corp)
ALGO MÁIS QUE ENGADIR?
Por favor Vicenzo, falanos da tua experiencia en BETEXP, porque xa non existe, porque se esfumou.
35. JJ escrito o 18 de Novembro de 2011 ás 18:23
Yo si quiero añadir algo con vuestro permiso y el de Marcus…
Hoy me enviaron este espacio, soy una persona que ha dejado los foros y de ser influenciado por diferentes espacios conservadores donde la mayor noticia es “hacer daño” que decir la verdad del acto… como si un partido político se tratase en desviar la unión y la perseverancia de hacer algo correcto ayudando al otro. Incluso estoy viendo que se mezcla todo…
Dejarme decir que nunca hubiese creído que el señor Fernando me llegase a caer bien, antes no lo hacía, es mas lo detestaba pero he visto como ha evolucionado no solo la empresa si no él como persona donde él es un gran nota musical de la opera llamada Socialtrend donde por supuesto tiene mi admiración y no se lo he dicho (por orgullo).
Mi nombre, mi vida no le interesa a nadie pero si tengo algo que decir, por favor denos tiempo como se lo dieron a tantas empresas que hoy brillan, con tiempo las empresas y a las personas se las entiende mejor. Lo único que deseamos.
Desde hace breves días se ha publicado sobre esta empresa y sobre Fernando, algo que ya no necesita presentación alguna. No todos los días una persona como Fernando reconoce los errores cometidos (humildad) ni va jugando a policias y ladrones como estamos viendo aquí de otros blogueros (no demuestran humildad). La pregunta debería ser ¿Por qué existe esta empresa o qué clase de persona tenemos al mando que es tan humilde de hacer caso aquellos que le ajustician?
¿Nos aburríamos tanto en nuestras vidas que decidimos crear la rueda sobre rueda y nos gusto tanto que lo ofrecimos como evento online y a mas de 800 personas que estuvieron presentes de diferentes partes de España, Italia y Portugal? ¿Qué está buscando esta empresa una medalla al merito quizás?
La respuesta es NO, en Galicia hay tanta gente emprendedora y buena como en cualquier parte pero aquí nadie es especial pero… si tenemos una misión de decir que hacemos y que somos un fenómeno SOCIAL pero social de verdad, donde hoy dial la gente ya ha perdido el simbolismo y la actitud de que significa una empresa “social”. Entender que la empresa hoy somos más de 20.000 personas, pronto serán millones y no somos los únicos que vemos esta sensación de injusticia donde las grandes corporaciones se lo quedan todo y no hay posibilidad para nadie más de mejorar sus vidas. ¿Acaso es malo salir en prensa? Si tarde o temprano seamos sensatos, vamos a salir en televisión… porque este fenómeno crecerá imparable como el ocurrió a Tuenti creada por españoles, la cual el año pasado ganaron 10 millones de euros y los españoles, ni el gobierno español repercutidos en nada. Eso si es criticable…
Kennedy decía no te preguntes lo que tu empresa o país puede hacer por ti… si no tu lo que puedes hacer por ella, no buscamos venganza, ni reconocimiento en otros foros o blogs y muchos ni siquiera dinero comparándonos por las atrocidades de otras empresas y corporaciones donde el único fin es enriquecerse desde que comenzaron en el pasado y llenarse el bolsillo los dueños.
Nosotros miramos al futuro, esta vez es Marzo donde seremos discutidos y ganaremos mientras que en este mundo de blogueros de sofá que ha generado una generación de críticos en vez de líderes, NOSOTROS BUSCAMOS HACER ALGO DE VERDAD!!! Justo aquí, ahora por nuestra empresa, la de todos… da igual si te gusta o te gustará la idea en el futuro… es una tendencia donde no la hace ni está solo Fernando… la hace 20.000 personas para que entendáis que NO ESTAMOS SOLOS, FERNANDO NO ESTA SOLO y desde luego no vamos a pararnos si no que haremos entender que aquellos que nos criticaron serán los que sean mayores admiradores del futuro que estamos creando.
Para ti, para mí, para todos.
36. Replicant escrito o 19 de Novembro de 2011 ás 13:17
Definitivamente esta gente está enferma, son como zombies que regurgitan falacias por doquier y van contagiando a los más crédulos. No intentéis discutir con ellos, ya están infectados, aprenden adecuar cualquier tipo de argumentación a su beneficio, no tienen ningún interés en replantearse si las críticas que les hacen son ciertas. Lo que hay que hacer es ponerles una valla y advertir a los demás lo que este tipo de gente hace y cómo engañan usando herramientas básicas de psicología de la motivación y psicología social que casualmente suelen ser las mismas que utilizan en sectas.
37. Fernando escrito o 21 de Novembro de 2011 ás 14:52
Las críticas en los foros, las calumnias y los disparates en los tribunales.
Acusaciones graves exigen pruebas.
El derecho a la información y la libertad de expresión encuentran en la difamación uno de sus límites.
Hemos sido comprensivos con las críticas, incluso con las más mordaces.
Pero aquellos que utilizáis el sentido común, bien sabréis que hay cosas que no vamos a tolerar.
Ni nosotros, ni ninguna compañía o individuo que se respete.
38. Pop-Star escrito o 5 de Decembro de 2011 ás 15:47
jajajajajajajajajajajajajajajajaja
Estafadores.
Vendedores de humo.
Tecnología? JAJA en mayúsculas
Comparable a TUENTI? Tuenti se lanzó con una inversión inicial de más de medio millon de euros, PANOLI
A día de hoy, la red sigue siendo una basura.
39. Rockero escrito o 11 de Decembro de 2011 ás 13:31
El modelo de SOCIAL TREND es similar a la estafa de Finanzas Forex
40. Elestratega escrito o 16 de Decembro de 2011 ás 13:02
Bueno los que invertigaron algo en la red sobre estas “empresas” (betexp, winnerstrend, thetrend corp , social global social business y demás rimbombancias que deseen usar para tratar de engrandecer su nombre)
Vengo revotado de otros foros donde ya me di cuenta que es imposible debatir nada a esta gente, ya que es regla número uno que una persona “captada” solo atienden a las razones y directrices de sus mentores.
En definitiva la opinión que tengo es como la mayoría de gente con la cabeza bien amueblada, y es que esto es un circo de estafadores, y encima suman practicamente todas las claves para que cualquier persona en su sano juicio salga por patas a la primera intentona de captación… que si reuniones super espectaculares, que si ofertas de empleo donde pagas por formarte, que si cursos de superacion personal, que si inversiones super rentables y mas patrañas…
empezaron con Betexp ofreciendo riesgo 0 y un 20% mensual, y los “captados” se volvían locos explicando “el sistema” que era un metodo infalible y secreto pero que funcionaba… solo tenias que asistir a una reunión para darte cuenta (jajajaja…. me rio) y bueno, finalmente cuando se les caló bien en muchos foros de inversion optaron por dar carpetazo a tan rentable negocio y se pasaron a decir a sus fieles que se pasaban a hacer competencia a GROUPON y FACEBOOk, si si, como lo leen, empezaron a vender productos en su Trendingday y amenazaban con ser otro GROUPON (casi nada) y lo mismo con su red social comparandola con FACEBOOK, pooor favooor ! y lo simpatico es que sus fieles se lo creen todo… mañana les cuentan que la proxima división de la empresa será : €COHETEtrending y serrá la competennsssia de la NASSA y te lo cuennnta un italiani con asennnto, y assienndo asspabienntosss!!! Y van los fieles y se lo tragan
Es increible la desesperación de la gente por ganar dinero, que se lo creen todo y lo defienden como si les fuera la vida en ello.
41. Elestratega escrito o 16 de Decembro de 2011 ás 15:53
30. Fernando escrito o 14 de Novembro de 2011 ás 3:43
Pues sí que estamos vetados en Italia, sí: http://www.ifbitaly.it/media/videos.php
Y a partir de semejante torpeza, ¿sigo desmontando el resto?.
Podéis criticar que arrancamos en falso con una red social.
Bien, ya he asumido las críticas y he ofrecido explicaciones.
Lo demás, es atacar la reputación de una empresa y eso son palabras mayores.
La Consob vetó a Betexp y WinnersTrend, por ofrecer servicios financieros de forma ilegal o alegal, de esto en adelante no vuelven a usar esos nombres o esas empresas y cambian su apariencia y formas de entrar a negocios con la Thetrendcorp… quizá aprendiendo de errores pero con el mismo objetivo.
Las comparaciones con Forex Macro tienen mucho sentido, y que esta piramide caiga (como todas) solo es cuestion de tiempo.
Lo que si hay que reconocer es su profundo conocimiento comercial y el don de persuasión del que hacen uso y que hace que sigan creciendo, aunque este crecimiento no hace mas legal, sino mas duradera en el tiempo a cualquier estructura piramidal.
En fin. Ponzi descanse en paz.
42. Pedro escrito o 17 de Decembro de 2011 ás 10:43
El florista llamado estratega ya es conocido por sus tonterías, expulsado y callado de otros sitios jajaja será un pobre diablo buscando atención virtual porque en persona no le debe querer ni su mami
(0_o) Jua Jua Jua
43. espectante escrito o 21 de Febreiro de 2012 ás 1:27
intrigado por ver la version oficial que supuestamente se lanza ahora en febrero no?? o como quedó la cosa??
44. Marcus escrito o 21 de Febreiro de 2012 ás 1:54
Espectante, comentaban algo de marzo, por lo que todavía puede quedar más de un mes para que salgan de beta, si es que lo hacen (a tiempo).
45. Uau escrito o 22 de Febreiro de 2012 ás 14:49
Mark zuckerberg estará acojonaillo… XD