Venres, 11 de Novembro de 2011

#BloggersCoruña

Pub Dublín
Esta tarde no Pub Dublín en A Coruña concertouse un encontro a través de Twitter baixo o hashtag #BloggersCoruna para mirar de organizar algún tipo de evento blogueiro na cidade, e para vernos as caras uns cantos: Iván Louzán, Israel Nava, Víctor Lamela (de Coruña Online), Fran Muíños, Jesús Porto (do blog Barrio do Castrillón), Mónica Lozano, Patrick Berry (a quen pronto veremos no TEDxGalicia) e un servidor.
Cervexa
Iso si, algún dos presentes tiña certa insistencia na presenza de cervexa en futuras xuntanzas :D
#BloggersCoruña
Despois de moitos intercambios de opinións, ideas e experiencias, chegouse á conclusión de repetir xuntanzas semellantes de xeito mensual en locais diferentes, comezando o martes 10 de xaneiro de 2012. Segundo vaian evolucionando estes encontros é posible que remate organizándose un evento anual na cidade, pois parece existir certo interese no asunto, polo que parece claro que #BloggerCoruña vai continuar a súa actividade durante un bo tempo.

Como curiosidade, ao saír do Dublín, atopamos unha curiosa escena:
Cambiando a roda na Cordonería
Un coche tivo un percance na rúa da Cordonería, e montouse un atasco monumental (no momento de tirar a fotografía había 2 autobuses urbanos involucrados) mentres cambiaban a roda do vehículo. ¡Que mellor desculpa para exercer de blogueiro esta noite! ;)

3 comentarios realizados

a gravatar

1. JesusPorto escrito o 11 de Novembro de 2011 ás 1:47

Que ben o pasamos! Estou deseando repetir.

a gravatar

2. Israel Nava escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 21:33

Suscribo lo que dice Jesús :)

a gravatar

3. iván. opinguino escrito o 15 de Novembro de 2011 ás 14:09

Grande Marcus, grande….

Moitas grazas por vir e pasar un ratiño alí todos xuntiños ;)

Ata a próxima

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios