Os Melidaos estarán o venres no Luar

O grupo melidense de música tradicional Os Melidaos actuará o vindeiro venres, 28 de outubro, no programa Luar da TVG. Trátase da primeira segunda actuación do grupo nun programa televisivo e agardan que a xente goce da mesma.
Os seis músicos dos Melidaos (Marcelino Vázquez, Pepe Taboada, Pepiño Blanco, Luís Casal, Antonio Raposo e Xele Barrio) aseguran estar moi satisfeitos de poder actuar neste coñecido e veterano programa televisivo pois significa espallar a música feita dende Melide.
Os Melidaos interpretarán nesta ocasión especial unha peza cantada que tamén se poderá escoitar no novo disco, que agardan telo rematado para finais deste ano, que levará por título Axudádeme a cantar.






2 comentarios realizados
1. Xosé escrito o 27 de Outubro de 2011 ás 10:11
A noticia ten un erro. Non é a primeira vez que Os Melidaos actúan nun programa de Televisión, pois xa o fixeron no programa A Solaina, con ocasión da última festa do Melindre.
Por certo, actuación esa da Solaina, moito máis “honrada”, auténtica e verdadeira que esta do Luar, pois nesa ocasión (da Solaina), Os Melidaos tocaban en directo e non facían un paripé facendo que tocan como vai a suceder no Luar, no que todo é un enganabobos.
2. Marcus escrito o 27 de Outubro de 2011 ás 14:05
Grazas polo aviso.