Martes, 27 de Setembro de 2011

Xa está aquí Escépticos

Escépticos
Tras unha longa espera, a ETB 2 botou onte pola noite o programa Escépticos, que incluso puido verse en directo mediante streaming, no que parece que vai ser unha cita obrigada para todos os amantes do rigor científico.
Como os responsables do programa saben que na Internet este programa está a ter un impacto moi superior ao que ten nas súas emisións a través das ondas hercianas, tamén permiten que poidamos ver a súa primeira entrega en diferido:

Estou encantado que un programa nesta liña poida verse nunha televisión pública en España, para contribuír á divulgación da ciencia e para desbotar certas ideas moi asentadas na sociedade a través do desatino e a ignorancia. Se o programa sobre as medicinas alternativas deixaron claro por onde van ir os tiros, non podo agardar para ver o dedicado á homeopatía. ¿Aparecerán Pumares e o Dr. Pérez León? :D

1 comentarios realizados

a gravatar

1. gaioso escrito o 28 de Setembro de 2011 ás 11:25

Ao igual que a edición anterior, encantoume este novo capítulo.
Quédome coa señora que mostra os ‘beneficios’ das Flores de Bach, e o seu “Misterio de la vida”. :-D

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios