Xurxo sairá en Cifras e Letras (TVG)

Esta tarde o meu irmán foi gravar a súa participación no programa Cifras e Letras da TVG, no que é a súa experiencia nun concurso televisivo (antes xa pasara polo Todo a Bordo) e a xornada foi fenomenal, aínda que pouco máis podo dicir porque o concurso emitirase entre decembro e xaneiro.
Iso si, antes pasamos polo programa A Tarde da Radio Galega para que Xurxo contase a súa experiencia nos concursos, nunha intervención que foi bastante entretida:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
O que si podo dicir do programa é que Jorge Mira foi moi atento con todos os participantes, que Paco Lodeiro estaba tan animado como é habitual na súa persoa, e que foi toda unha sorpresa coñecer a María Canosa, quen non sabía que substituía a Yolanda Castaño na nova tempada do concurso.






1 comentarios realizados
1. marcus.es » «¡Volveu o ferrado!» escrito o 25 de Xaneiro de 2012 ás 21:18
[...] pasado verán comentei que o meu irmán Xurxo participara na gravación dun programa de Cifras e Letras (TVG) e finalmente emitiuse hoxe, polo que xa podemos dicir moi alto que volveu o ferrado: A mensaxe coa [...]