A privacidade nas redes sociais na Radio Galega (e a obsolescencia do papel para a prensa)

Esta mañá fixen unha breve intervención no programa Galicia por Diante da Radio Galega sobre a privacidade na Internet co gallo do anuncio de Facebook de que vai plaxiar descaradamente o sistema de Google+ para compartir contidos, ou sexa, que vai facer doado definir quen pode ver o que subimos a Facebook, aínda que eu insisto en que o importante a este respecto non son as plataformas, senón a educación:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Completou a miña intervención o profesor José Luis Orihuela, o que fíxome bastante ilusión porque hai tempo que non coincido con el no mundo real. Curiosamente hoxe mesmo publicou no seu blog un vídeo do que tamén gustei, sobre a dixitalización da prensa:
Este anuncio da revista brasileira Veja quere dar a entender que as novas xeracións comezan a estar incómodos cos vellos soportes, que non ofrecen características ás que están afeitas, como agrandar as imaxes ou reproducir vídeos. E aínda que pareza esaxerado, un amigo comentoume hai uns meses que a un dos seus fillos cativos pasáballe exactamente o mesmo (intentaba agrandar as fotos en papel cos dedos).

Parece unha parvada, pero para moitos o papel está a quedar totalmente obsoleto, non só pola frecuencia de actualización, senón porque carece de interactividade e non está adaptado para o fluxo de información co que traballamos hoxe, no que as novas chegan a través de grandes medios para fluír logo a través das nosas redes sociais.






1 comentarios realizados
1. paideleo escrito o 28 de Agosto de 2011 ás 2:21
O meu fillo extráñase de que as fotos non sexan vídeos.
Estes rapaces de agora cren que todo se move !.