A Palladium tamén celebra o San Roque en Melide
Estes días botan a andar as festas do San Roque en Melide (e en moitas outras vilas galegas) e mentres a organización oficial trae á París de Noia, á Sintonía de Vigo e a Cornelius 1960, os da discoteca Palladium sorprenden cun cartel que podería colar como o das festas (especialmente no seu deseño), se non fose polo seu carácter gamberrete:

Aínda que está claro que Juan Magan é o típico convidado nunha discoteca, se mirarmos a King África e a Lucía Pérez poderiamos ver actuacións que encaixasen perfectamente nas festas dos San Roque doutros anos, polo que supoño que moitos estaranlle agradecidos á discoteca por animar as festas nuns tempos de crise nos que o Concello non pode realizar un investimento como o doutros anos.
Así este ano toca pasalo booooooombaaaaaaa, e ao rematar a troula dicir aquilo de que me quiten lo bailao
.




2 comentarios realizados
1. gaioso escrito o 15 de Agosto de 2011 ás 11:41
Salvando as distancias (que son moitas), recordei a noticia dos balances de Apple e do Tio Sam.
Coido que serán as empresas privadas as que se encarguen de tarefas que ata agora eran propias das administracións públicas.
Felices festas !
2. MANUEL LOPEZ DOAMO escrito o 16 de Agosto de 2011 ás 13:00
ESPERO QUE ESTAS FESTAS ESCOITEDES O NOVO DISCO CD- DE NOS PARA VOS DO CENTRO GALEGO DE VITORIA, E BON.
UN SAUDO. FELICES FESTAS