¿Que hai de Os Pitufos (non Los Pitufos) en DVD?



De cativo vía en TVE a serie dos Pitufos, e anos máis tarde fixérame moita ilusión poder velos na TVG, cunha tradución e dobraxe moi divertidas, especialmente polos nomes que tomaban os simpáticos seres azuis (Pitufo Cacharulo, Pitufo Sabido, Pitufo Lambón…), e cando hai pouco vin que nalgunhas televisións locais estaban a emitir a serie dos tristes sucedáneos que eran os Snorkels, botei moi en falta ao Pitufos, e quedei sorprendido ao ver que a súa serie non estaba editada en DVD, pero agora, grazas ao seu aniversario e á película que está a verse nos cines, por fin rescatan esta serie en DVD, pero non sen repetir a infamia que supón que deixen de lado a Galicia no proceso, pois a edición que este verán ponse á venda permite gozar aos seguidores de Los Pitufos, els Barrufets e Pottokiak, pero aos que gozabamos de Os Pitufos… ¡que nos dean!
Non sei se a culpa da ausencia do galego na nova edición en DVD dos Pitufos é culpa da súa editora ou da TVG por non ceder as pistas de audio (como teñen apuntado no pasado con outras series) pero deberían facer algo para evitar que a historia continúe repetíndose. Xa farta que sempre poñan atrancos para poder gozar das series de televisión da nosa infancia na lingua na que as coñecimos e a cousa non está a mellorar, pois agora que tamén temos discos Blu-ray atopamos que practicamente as únicas películas en galego dispoñibles son de Filmax Animation ou están protagonizados por Luis Tosar como Celda 211 e También la lluvia. ![]()






5 comentarios realizados
1. paideleo escrito o 28 de Agosto de 2011 ás 2:22
Precisamos de recursos infantís en galego.
2. Marcus escrito o 28 de Agosto de 2011 ás 16:16
Como grande entusiasta do Xabarín Club e o que supuxo, levo moito tempo sostendo iso mesmo. Se os nenos ven películas e debuxos animados en galego terán unha mellor asimilación da lingua como propia.
Unha mágoa que non se estea a repetir o fenómeno de Son Goku con ningunha outra serie (o investimento da TVG na programación infantil é mínimo), e que non se aproveitaran éxitos como Pocoyó (cos Teletubbies, en cambio, fíxose ben), Naruto e compañía para promover a nosa lingua.
3. Nemigo escrito o 29 de Agosto de 2011 ás 17:55
volta ser un problema de cartos… de cesión dos dereitos por cartos.
Non estou de todo certo que aos cativos lles gusten os pitufos, veñen a ser como os simpson. Non é exactamente debuxos pra pequenos
4. Marcus escrito o 29 de Agosto de 2011 ás 18:41
¡¿Os Pitufos coma os Simpson?! Diríache que lle botes unha ollada a algún episodio para que vexas que son sumamente infantís, sen dobre lectura para os adultos (moitas das aventuras incluso rematan cunha sentenza). De feito, para evitar interpretacións adultas incluso censuraron episodios (os Pitufos negros na televisión eran morados, para que non os acusaran de racistas).
5. Nemigo escrito o 1 de Setembro de 2011 ás 18:51
home, visto así… ves barrio sésamo e ves a epi e blas: durmindo xuntos
á ra gustabo sendo acosada pola porca (literal) pegui (chamábase así?) e unha morea de travestidos e xente “rara”
Veña que espinete ía en bolas e vestía pra durmir!