Ok Go e os Teleñecos

Aínda estou escachando coa risa co último vídeo de Ok Go no que se xuntan cos Teleñecos (Muppets):
Gocei especialmente da escena do minuto 1:31 e o delirio que comeza no minuto 2:44.
Para os que non lembren quen son os Ok Go, velaquí está o seu vídeo máis famoso:
E nos últimos días os usuarios da Nintendo 3DS tamén poden ver (en 3D) na súa consola o seguinte clip (as súas tomas falsas tamén son a repanocha):
Ah, e é este vídeo do que fan burla ao final do dos Teleñecos.
¿Non son xeniais? Para esas coreografías hai que adestrar máis que para participar no concurso Uno para ganar.




Sen comentario!