Luns, 29 de Agosto de 2011

A emerxencia das tablets en V Televisión

No informativo do mediodía en V Televisión emitiron unha reportaxe sobre o fenómeno dos tablets como dispositivos que poderían ameazar ao PC, o que non me parece que sexa unha postura moi realista a curto prazo, por múltiples motivos.

Iso si, a nova non comezaron con moi bo pé a nova:

El PC pierde sitio en el escritorio
Las tablets son uno de los productos tecnológicos en auge. Ante la decisión de algunas compañías, como HP, de dejar de fabricar ordenadores para pasar a producir tabletas, se teme que este sea el fin del pc. Los teléfonos móviles, cada vez más completos y otros avances han condenado a la desaparición al PC de sobremesa de toda la vida. En la calle, de momento, abogan por un convivencia pacífica entre los dispositivos.

Habería que comezar por matizar o titular: os PC non perden o sitio no escritorio por mor dos tablets xa que os tablets non son de escritorio. Pero a metedura de zoca da introdución da nova é que comentan que HP deixará de fabricar ordenadores para facer tablets, a cousa é moi diferente: HP anunciou que vai vender a división de informática persoal (como xa fixo IBM hai anos, pasándolle o negocio á chinesa Lenovo) e precisamente o primeiro produto que matou do seu catálogo foi a tablet HP TouchPad (buscan centrarse no mercado empresarial, que é o que lles sae a conta). Resulta que na práctica o iPad é o único tablet que realmente ten mercado, e iso está a pasarlle factura aos competidores de Apple.
Co que tampouco podo concordar é coas declaracións dun dos comerciais da tenda coruñesa Play (reseller de Apple) ao asegurar que non caeron as vendas de ordenadores. As vendas caeron en España considerablemente (Gartner fala dunha caída interanual dun 41,3% durante o segundo trimestre do ano), pero iso non quere dicir que o iPad estea a quitar vendas aos ordenadores, senón que a economía española está tocada.
Teremos que agardar meses (quizais anos) para poder analizar ben a situación das tablets no mercado, pois ata que exista unha competencia real neste sector (que podería chegar en 2012) só estamos a falar dun produto en concreto en vez dunha familia de trebellos. Supoño que cando poidamos adquirir tablets cunhas prestacións decentes por entre 100 e 200 euros o panorama mudará significativamente, o que agradecerán principalmente as compañías que queren aproveitar ese sector emerxente para facer negocio producindo contidos para un soporte tan atractivo.

Venres, 26 de Agosto de 2011

¿Que hai de Os Pitufos (non Los Pitufos) en DVD?

Los Pitufos - El cielo está cayendoLos Pitufos - El PituforobotinLos Pitufos - La mejor memoria de la aldea
Los Pitufos - Magia PotagiaDe cativo vía en TVE a serie dos Pitufos, e anos máis tarde fixérame moita ilusión poder velos na TVG, cunha tradución e dobraxe moi divertidas, especialmente polos nomes que tomaban os simpáticos seres azuis (Pitufo Cacharulo, Pitufo Sabido, Pitufo Lambón…), e cando hai pouco vin que nalgunhas televisións locais estaban a emitir a serie dos tristes sucedáneos que eran os Snorkels, botei moi en falta ao Pitufos, e quedei sorprendido ao ver que a súa serie non estaba editada en DVD, pero agora, grazas ao seu aniversario e á película que está a verse nos cines, por fin rescatan esta serie en DVD, pero non sen repetir a infamia que supón que deixen de lado a Galicia no proceso, pois a edición que este verán ponse á venda permite gozar aos seguidores de Los Pitufos, els Barrufets e Pottokiak, pero aos que gozabamos de Os Pitufos… ¡que nos dean!
Non sei se a culpa da ausencia do galego na nova edición en DVD dos Pitufos é culpa da súa editora ou da TVG por non ceder as pistas de audio (como teñen apuntado no pasado con outras series) pero deberían facer algo para evitar que a historia continúe repetíndose. Xa farta que sempre poñan atrancos para poder gozar das series de televisión da nosa infancia na lingua na que as coñecimos e a cousa non está a mellorar, pois agora que tamén temos discos Blu-ray atopamos que practicamente as únicas películas en galego dispoñibles son de Filmax Animation ou están protagonizados por Luis Tosar como Celda 211 e También la lluvia. :(

Xoves, 25 de Agosto de 2011

A privacidade nas redes sociais na Radio Galega (e a obsolescencia do papel para a prensa)

Kiko Novoa presenta Galicia por Diante
Esta mañá fixen unha breve intervención no programa Galicia por Diante da Radio Galega sobre a privacidade na Internet co gallo do anuncio de Facebook de que vai plaxiar descaradamente o sistema de Google+ para compartir contidos, ou sexa, que vai facer doado definir quen pode ver o que subimos a Facebook, aínda que eu insisto en que o importante a este respecto non son as plataformas, senón a educación:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Completou a miña intervención o profesor José Luis Orihuela, o que fíxome bastante ilusión porque hai tempo que non coincido con el no mundo real. Curiosamente hoxe mesmo publicou no seu blog un vídeo do que tamén gustei, sobre a dixitalización da prensa:

Este anuncio da revista brasileira Veja quere dar a entender que as novas xeracións comezan a estar incómodos cos vellos soportes, que non ofrecen características ás que están afeitas, como agrandar as imaxes ou reproducir vídeos. E aínda que pareza esaxerado, un amigo comentoume hai uns meses que a un dos seus fillos cativos pasáballe exactamente o mesmo (intentaba agrandar as fotos en papel cos dedos).
Nena coa revista Veja
Parece unha parvada, pero para moitos o papel está a quedar totalmente obsoleto, non só pola frecuencia de actualización, senón porque carece de interactividade e non está adaptado para o fluxo de información co que traballamos hoxe, no que as novas chegan a través de grandes medios para fluír logo a través das nosas redes sociais.

Mercamelide terá lugar os días 3 e 4 de setembro

A feira de oportunidades Mercamelide chegará á súa 8ª edición os días 3 e 4 de setembro, cando o Pazo de Congresos de Melide acollerá de 11:00 a 20:00 horas multitude de tendas nas que estarán dispoñibles a prezo reducido artigos de regalo, calzado, roupa, complementos, material de ferretería… como pode verse no cartel do evento:
MercaMelide 2011
Esperemos que a feira saia ben, aínda que en pasadas edicións deume a impresión de que no verán a feira de oportunidades funciona bastante peor que no inverno (¿será porque a xente xa gastou moitos cartos nas festas de verán?).

Mércores, 24 de Agosto de 2011

Ok Go e os Teleñecos

vellos vendo vídeos de michiños
Aínda estou escachando coa risa co último vídeo de Ok Go no que se xuntan cos Teleñecos (Muppets):

Gocei especialmente da escena do minuto 1:31 e o delirio que comeza no minuto 2:44. :D

Para os que non lembren quen son os Ok Go, velaquí está o seu vídeo máis famoso:

E nos últimos días os usuarios da Nintendo 3DS tamén poden ver (en 3D) na súa consola o seguinte clip (as súas tomas falsas tamén son a repanocha):

Ah, e é este vídeo do que fan burla ao final do dos Teleñecos. ;)

¿Non son xeniais? Para esas coreografías hai que adestrar máis que para participar no concurso Uno para ganar.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios