Dis Is Di End bai De Vois of Galisia
Quedei un chisco impactado hoxe (¡ignorante de min!) ao ver a nova sobre as Festas de María Pita que publican en La Voz de Galicia:

O nome da banda de Luis Tosar (que actuará o 17 de agosto na Praza de María Pita) está deturpado na edición impresa e na dixital, por partida dobre, aparecendo aparece como Di Ellas (no pé de foto) e Di Elas (no texto). El acabose. Dis Is Di End. ![]()
ACTUALIZACIÓN: Como pode verse nos comentarios, a banda de Luis Tosar, Piti Sanz, Iván Laxe, Suso Alonso e Ro Muñoz responde agora ao nome de Di Elas.
Curiosidade aparte, ao final non vexo que as festas deste ano sexan moito peores que en anos anteriores. Vaia, que coido que xa hai bastantes anos das grandes actuacións no Orzán de The Cure, Simply Red ou Joe Cocker, aínda que non me importaría que volvesen a repetir algún concerto de tal nivel na praia (de feito, tampouco vexo que estean a destacar os concertos de pagamento no Coliseum).
E para despedir o momento nostáxico-rosmón, supoño que estaría ben pór un par de vídeos de The Ellas aínda que só sexa para mandar unha forte aperta a Piti Sanz:
My Name Is Luca é o tema de referencia de The Ellas, pero non podo rematar sen pór parte da actuación da formación musical na Sala 600 de Melide:




3 comentarios realizados
1. AmilGZ escrito o 22 de Xullo de 2011 ás 2:03
Informaçom tirada de http://www.warnermusic.es/artistas/ficha_artista.aspx?nIdArtista=291
«En el 2008 todos ellos se agrupan bajo “The Ellas”, interpretando en directo, un repertorio con versiones de grupos liderados por mujeres, construyendo un sonido propio como banda que les llevará en el año 2010 a componer temas propios, ahora si, tras el nombre definitivo de “Di Elas”.»
E no endereço do seu MySpace aparece a forma híbrida ‘Di Ellas’ http://www.myspace.com/diellas , de onde pudo surgir a vacilaçom.
Em todo o caso, o nome sim que é ‘Di Elas’.
2. Marcus escrito o 22 de Xullo de 2011 ás 2:25
Grazas pola matización. Non me sorprende que haxa vacilacións entón, pois se o grupo tivo 2 nomes…
3. Nemigo escrito o 25 de Xullo de 2011 ás 14:02
que desfeita de “adaptación” my name is luca a canción é nun ton de traxedia non en plan rock cutre lux. Nese ton que adapten a os resentidos ou algunha canción dos 80. Enrique iglesias fixo moito dano