Semana de novidades en La Voz de Galicia

Esta semana está a resultar dixitalmente intensa para o xornal La Voz de Galicia, pois o pasado xoves botou a andar a plataforma de distribución dixital Kiosko y más, de xeito que podemos acceder a unha versión en PDF enriquecida do xornal galego dende a web ou dispositivos como o iPad pagando 0,79 euros/exemplar o 9,99 euros/mes, converténdose nunha opción moi práctica especialmente para os que viven fóra de Galicia e queren estar ao día do que acontece aquí; e onte a través de Twitter adiantaban o seguinte:
La Voz irá un paso más allá este domingo al poner en marcha una iniciativa digital exclusiva en Galicia…
Dado que A Voz xa ten a súa discografía en iTunes, poucas alternativas quedaban, e esta tarde confirmaron que xa era posible acceder á novidade dixital que pode descargarse en segundos.
E si, xa está dispoñible, o que parece que será un paso que van a seguir outras publicacións galegas nos vindeiros meses. Resultará moi interesante saber se esta iniciativa ten boa acollida en Galicia (non podemos esquecer que o dispositivo ao que vai dirixida ten unha distribución moi reducida) e se iso facilitará o futuro dos medios impresos nun formato semellante ao actual.
Para non estragarlle a moitos a sorpresa, non comentarei máis hoxe, e xa mirarei de falar do asunto con profundidade máis adiante.




2 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 19 de Xullo de 2011 ás 0:17
un pregúntase porque non levan feito isto vai anos. E a resposta é de caixón: non lles interesa. O papel é o que ten. Tira moito (nunca mellor dito) e ten usos alternativos no chan da cociña e moi socorrido pra pintar a casa ou limpar…
Boeno que parece ser que algún lle deu á cabeza por fin, xa ía sendo hora
Por outra banda (e continuando ca mesma) suponse que faran como as telecos e ofreceran un aparello reproductor (chámase así, dito polos clásicos) xunto ca subscripción. Sería un bo xeito de facer caixa e de paso asociarse con empresas como R que levan tempo a velas vir e sen novidades no negocio
2. xesus escrito o 20 de Xullo de 2011 ás 21:47
Mágoa que todas estas novidades e avances coincidan coa súa mediocridade crecente como xornal, a medio camiño entre a gaceta oficial do goberniño, xornal de sucesos (cans que traban, xabaríns que estragan colleitas, tractores que envorcan…) e intentos de ser a versión galega do ABC madrileño.
Non teño un Ipad, mais se o tiver, a el nunca se asomaría Blanco Valdés