Venres, 22 de Xullo de 2011

¿Tiran máis 2 tetas que 3 dimensións?

A imaxe estereoscópica coñecida vulgarmente por 3D (pese a non selo) leva moito tempo entre nós, pero o fenómeno da película Avatar e dispositivos como a Nintendo 3DS están a levar a moitas compañías a avanzar neste ámbito, entre as que destaca a surcoreana LG, que por unha banda presume da súa tecnoloxía Cinema 3D que consiste en lentes pasivos nos seus televisores (que son máis lixeiros e baratos que os lentes activos) e do seu móbil LG Optimus 3D, que incorpora unha tecnoloxía semellante á da Nintendo 3DS, con 3D sen lentes, coa vantaxe de que a súa cámara permite tirar fotografías e gravar vídeo con tal tecnoloxía (aínda que moitos preferirán destacar a súa incrible potencia), o que inspirou unha campaña publicitaria en Francia que pode dar que falar:
anuncios do LG Optimus 3D
Facer anuncios cun bandullo e cunhas orellas prominentes pode resultar gracioso, pero cando teñen que tirar do recurso das tetas… un xa non sabe se pensar que os creativos de Y&R son uns xenios ou simplemente quedaron sen ideas.
En España Vodafone (a compañía que venderá o terminal durante o verán, agardándose que no outono faga o propio Orange) tamén optou polo humor para dar a coñecer o teléfono, e parece que nos vindeiros meses imos ver terminais semellantes de HTC e Samsung, o que podería abrir o debate sobre se as 3D son necesarias ¿e inevitables? ¿Será unha tecnoloxía que vén para quedar? ¿Ou será unha simple moda?

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Turkoo escrito o 25 de Xullo de 2011 ás 15:48

A parte que… alguén mo podería confirmar? pero… para min, nos filmes e imaxes 3D, a imaxen 3dimensional -nunca sae do cadro-

a gravatar

2. Marcus escrito o 28 de Xullo de 2011 ás 23:20

Confirmadísimo. Iso de que a imaxe parece que sae da pantalla é a impresión que pode levarse ao ver 3D nunha pantalla moi grande (ou preto da cara) pero está claro que é imposible desbordar os marcos.
O que pasa é que se unha pantalla de cine ocupa todo o teu campo de visión (ou case) é doado que a sensación engane, pero en realidade nas 3D o que debería notarse ben é a profundidade, e non o efecto burdo de obxectos lanzados á cara do espectador.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios