Luns, 27 de Xuño de 2011

Mundo Twitter en La Noche en 24 Horas

José Luis OrihuelaEsta noite quedeu agradablemente sorprendido por unha entrevista que Vicente Vallés fixo a José Luis Orihuela no programa La Noche en 24 Horas co gallo do seu libro Mundo Twitter, xa que Orihuela fixo unha exposición brillante do que é Twitter, chegando incluso a corrixir datos como cando Vallés asegurou que o crecemento de Twitter era exponencial (¿saberán os xornalistas o que é un crecemento exponencial?).
Nótase que José Luis está afeito a dar clase pois o seu discurso serviría incluso para tomar apuntes sobre o que é Twitter e as súas diferenzas con Facebook:

Unha mágoa que tras esta interesantísima entrevista Vallés dese paso aos xornalistas que o acompañaban na mesa para debater sen ningún tipo de rigor sobre o tema, dende perspectivas cheas de prexuízos. Non acabo de entender por qué ser xornalista habilita a un profesional a falar de calquera cousa aínda que sexa de oídas.
Vaia, que un está un pouco aburrido da demonización que da Internet fan dende a meirande parte dos medios de comunicación, nos que non paran de sementar unha imaxe na que a Rede é un territorio no que a intimidade está sempre comprometida e a información hai que poñela sempre en dúbida, cando nunca instan a ter tal sentido crítico cos medios de comunicación tradicionais. :(

2 comentarios realizados

a gravatar

1. gaioso escrito o 28 de Xuño de 2011 ás 11:03

Boas, tamén estivo no programa: Para todos la 2 .

a gravatar

2. Marcus escrito o 28 de Xuño de 2011 ás 11:29

Si, si, estes días José Luis está facendo unha xira moi intensa, pasando por case todos os medios de comunicación (especialmente impresos). Non deixa de ser curioso que haxa tanta campaña off line para unha publicación que fala da Internet. :D

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios