Luns, 16 de Maio de 2011

¿Votantes do PP indignados?

Veñen de remitirme por correo electrónico unha copia escaneada dun panfleto que están a repartir polos portais de Melide no que pon o seguinte:

VOTANTES DO PP DE MELIDE INDIGNADOS INFORMAN

Veciños e veciñas de Melide:

Un numeroso grupo de veciños e ata agora sempre votantes do Partido Popular queremos advertirvos de que estamos completamente indignados e molestos coa candidata do PP, Ánxeles Vázquez e co presidente da Cooperativa Melisanto, Pablo Costoya, pola actitude que tiveron, ao ceder os seus terreos ao Concello de Boimorto para o deporte da caza, en prexuízo dos veciños de Melide.

Os votantes consideramos moi grave que o PP elixise a Ánxeles Vázquez como candidata a alcaldesa para o Concello de Melide, pois demostrou con esta e con outras actitudes que é unha persoa na que “NON SE PODE CONFIAR“, O único que sabe facer, Ánxeles Vázquez é enganar a todos os veciños, ofrecéndolles promesas como postos de
traballo a moita xente nova, que sabe xa de antemán que non vai ser capaz de cumprir.

Non podemos votar a unha persoa que non mira polos intereses da xente de Melide, que o único que lle interesa é o seu interese persoal, e que demostra día a día cos seus actos o pouco que lle quere a Melide e aos melidenses.

Pensade que se a candidata do PP foi capaz de ceder terreos do noso concello para outro concello veciño, será capaz de derivar calquera outra cousa que se Ile poña por diante con tal de conseguir os seus logros, aínda que iso repercuta negativamente en todos nós. Alguén así non é digno de representar a todos os melidenses. Por eso pedímosvos encarecidamente que teñades todo isto en conta, e que o meditedes profundamente antes de depositar a vosa confianza nela.

Votantes do PP indignados

Admito que non gusto nadiña deste tipo de anónimos, pois está claro que ter votado ao PP no pasado non serve para identificar a ninguén (lembremos que na época de Miguel Pampín o partido arrasaba, polo que o que antes eran votantes do PP en calquera momento son votantes de calquera outro partido, ou sexa que entre simpatizante e militante hai moita diferenza).
Se alguén quere mudar o funcionamento dos partidos políticos o que ten que facer é traballar para conseguir tal dende dentro. Ese é o modelo democrático que temos en España, e hai que roelo.

ACTUALIZACIÓN: Veñen de comunicarme que o Partido Popular de Melide formalizou unha denuncia contra o responsable do panfleto que figura nesta páxina. Non sei cómo rematará o conto, pero está claro que realizar comunicacións públicas deste tipo racha coas normas democráticas, especialmente en período electoral. Agardemos que nos vindeiros días non vexamos prácticas semellantes e a actividade política limítese á propaganda e aos mitins. Gustaríame poder ver un debate no que se enfrontasen as distintas partes dun xeito máis aberto e transparente, pero supoño que ao final non teremos a fortuna de velo.

32 comentarios realizados

a gravatar

1. marga escrito o 16 de Maio de 2011 ás 19:13

VERGONZOSO! SINVERGÜENZAS! votantes do pp indignados?? y los que los reparten son dos chavales del bloque que son los que reparten toda la propaganda habitualmente… Espero que la gente se de cuenta de lo sucios que son y de que son capaces de cualquier cosa. La denuncia ya está interpuesta y si querían hacer algún daño creo que van a conseguir todo lo contrario.Y soqui todo el día vendiendo su honradez… PATETICO

a gravatar

2. xose antón escrito o 16 de Maio de 2011 ás 20:46

Ten razón marga, de todos xeitos se o denunciaron a xustiza dara a razón, pareceme bastate rastreiro é patetico estas patrañas.
A xente ten que decir ela sola, non panfletos, o que temos que saber xa o sabemos.

En canto o que dí Marcus que o partido arrasaba cando se presentaba Miguel Pampín, doulle toda a razón, él mesmo tiña xente que o defendia moito, el sempre gañou as eleccions, moito que lles pese a moitos/as, o pobo decidiu, eso que era un ladrón, era non sei que, por certo, o cal endexamais o denunciarón, porque seria?

E a pesares de que cando foi o tema da caza tomou unha medida moi dastrica, votar fora os dous concelleiros Pablo e Manolo.

a gravatar

3. lola escrito o 16 de Maio de 2011 ás 21:00

que ten que ver o BNG cos cazadores?
dicir que os cativos que o reparten son do bng,pareceme un tanto forte pola vosa parte,pero que vos pasa ? que pasa que a xente en vez de levar unha camiseta adidas leva a marca do bng ?????????????????????

a gravatar

4. marga escrito o 16 de Maio de 2011 ás 21:12

Lola es que hay fotos… vamos a ver tontos non somos…

a gravatar

5. Maria escrito o 16 de Maio de 2011 ás 23:30

Alguen pode explicar máis detalladamente q está a pasar? que é eso de que eran rapaces do bloque quen os repartian? porque sabedes que son do bloque?? e contra quen se interpuxo a demanda???

a gravatar

6. melide escrito o 17 de Maio de 2011 ás 0:08

Marga acabas de facer unha acusacion, tes fotos? publicaas e denuncia e pero non tires a pedra e escondala man.

a gravatar

7. mazaira escrito o 17 de Maio de 2011 ás 2:22

Por favor, non podo crer o que leo e por iso contesto.
Os rapaces que repartiron os folletos son as mesmas persoas que reparten cada martes o xornal Tierras de Santiago ou calquera outra publicidade que lle encarguen porque lles serve para gañar algo de cartos de xeito digno. Pido, polo tanto, que non os volvades citar pois nin son militants do BNG ningún deles nin lle debe facer ningunha gracia este lío. A falta dun culpable ao que sinalar, o PP decidiu matar ao mensaxeiro e, de paso, mirar de salpicar algo ao BNG… Paréceme do máis indigno acusar sen fundamente a dous rapaces que só estaban a facer o seu traballo e a unha formación política que non ten que ver nada coas leas internas que poida ter o PP.
Sentidiño, por favor, que aínda queda unha semana.

a gravatar

8. LE COURBOSIER escrito o 17 de Maio de 2011 ás 10:08

O pp con tal de sacar un redito electoral e capaz de inventar o que sexa e mais da man de Anxeles que non dubida en aproveitar ata o oso.Non sexa que se volva contra ela por que Melide emppeza a coñecela cada dia mellor.Os cazadores están indignados por que ela non pensa en Melide,solo pensa na dedicación exclusiva.Si perde será un cadaver politico e eso convirtea nunha voraz buscadora de votos a calquer prezo.Non nos engañemos Melide ten memoria ou debera de tela.¿que fixo ela en Melide e por Melide?

a gravatar

9. Patio escrito o 17 de Maio de 2011 ás 10:31

Perdón pola miña ignorancia pero alguén pode explicarme a relación entre Ánxeles e os terreos cedidos pola coperativa? se eu non entendín mal a historia que pinta Ánxeles ahí? e daquela que pinta o BNG tamén? non será unha de tantas das que buscan porque xa non saben que facer para meterse co contrario en vez de prepararse un a sí mesmo?

a gravatar

10. alecrin escrito o 17 de Maio de 2011 ás 12:58

A miña opinión despois de leer o panfleto e que dame que pensar porque para ser cousa solo dos cazadores solo nombra a palabra caza unha vez o inicio.Despois o unico que fai e nombrar a persoas intentando perxudicalas e soltar barbaridades que ademais son MENTIRAS. Non se pode dicir que “foi capaz de ceder terreos do noso concello para outro concello veciño” eu que sepa iso non e asi que os terreos seguen pertenecendo a Melide, se non se pode cazar neles iso e outra cousa.
Anxeles non esta facendo grandes promesas e nas que fai PODESE CONFIAR.

a gravatar

11. un con memoria escrito o 17 de Maio de 2011 ás 13:14

O PP non faria nada por Melide pero a pregunta que vos podedes facer é quen fixo Melide?? e que fixeron durante estos catro anos os actuales gobernantes??
En Melide durante moitos anos gobernou o pp e as cousas quedaron feitas,con todo o que se pode contar ahora en Melide ben de anos atrás e non destos últimos 4 anos nos que non se fixo nada que se poida recordar dentro de outros moitos anos. Para poder seguir avanzando hai que apoiar o PP.

a gravatar

12. maria escrito o 17 de Maio de 2011 ás 13:46

pues ella sola con dos años de mandato consiguió una depuradora de 7 millones de euros.. el bloque no hizo na de na de na.. y aún suerte que tuvieron el plan E.

a gravatar

13. Un escrito o 17 de Maio de 2011 ás 15:09

Si que fixeron,falsedades,mentiras,despidos,malas caras,malas respostas,despotismo,etc.
Que dixo que os de ajora non fixeran nada,se vos parece pouco!!!!

a gravatar

14. manuela escrito o 17 de Maio de 2011 ás 15:53

alecrin tu que saberas si no tienes idea deso anxeles y pablo costoya cedieron sus terrenos al concello de boimorto para el deporte de la caza siendo ella la candidata del partido popular que se presenta por melide i pablo costoya el presidente de la cooperatiba de melide llo creo que tenian que presentar su candidatura en boimorto e ir alli por los botos

a gravatar

15. noite escrito o 18 de Maio de 2011 ás 23:06

Non hai cór, Anxeles ten toda a pinta de gañar estas eleccións….é cercana e sabe conquistar á xente…iso é impagable nun político…pasade dez minutos con ela na rúa , ó pouco tempo xa se xunta unha morea de xente.

a gravatar

16. Samurai escrito o 18 de Maio de 2011 ás 23:42

¡Joder, que Ángeles é cercana e sabe conquistar á xente! Pois cos cazadores fíxoo de carallo. Sobre todo eu creo que é agradecida: por iso non lle dirixe a palabra á persoa á que llo debe todo en política: Miguel Pampín.

a gravatar

17. manuela escrito o 19 de Maio de 2011 ás 10:55

anxeles claro que sabe conquistar a xente a base de mentiras e falasas promesas asi sabe calquera conquistar a xente o bonito e o bon e conquistalos limpamente a base de verdades e non de enganos as nentiras e anxeles todo o que aprendeu debello a migel pampín

a gravatar

18. noite escrito o 19 de Maio de 2011 ás 13:28

Joder ,tamén o digo eu ….aburrides con tanto Miguel Pampín….eche certo que está presente non hai máis que ver a algúns que él axudou a ser funcionarios como lle deron por donde se empezan os cestos , e hoxe vémolos lanvendolle os mocos á nosa Alcandesa ….E cómo lle gusta e ela que llos lanvan….deixade de comparar e sede críticos …desprendedes moito odio por eso a xente coma mín xa non vos quere votar endexamáis….

a gravatar

19. Samurai escrito o 20 de Maio de 2011 ás 0:31

Noite, polo teu xeito de falar quen desprende odio a mancheas es ti; como mínimo, moitísimo desprezo polos que non pensan coma ti.
Por certo, parece ser que o PP, dona Ángeles Vázquez Mejuto, vén de denunciar oficialmente aos que publicaron o panfleto dos cazadores e aos dous pobres rapaces que tiveron a ousadía de querer gañar uns cartos repartíndoos. Facendo amigos, coma sempre. Iso si que é odio. ¿Cando deixará esta muller de denunciar aos seus propios veciños? Por certo, un dos rapaces que repartía seica é primo dela. Cando unha persoa é quen de denunciar á propia familia para que nada se interpoña no seu camiño ao poder, demostra unha ambición insana e unha falta absoluta de ética.

a gravatar

20. tito escrito o 20 de Maio de 2011 ás 11:05

non entrarei a darlle a razon a ninguen, nin quitarlla, pero comentar que esta maña atopeime no portal co que parecer ser resposta a este panfleto. Veremos en que da todo esto. Espero realmente que este cruce de papeis e descalificacions non pasen factura ao que de verdade importa, MELIDE e o seu futuro.

a gravatar

21. LE COURBOSIER escrito o 20 de Maio de 2011 ás 11:33

Marcus dille que che mande Cabo os anonimos que repartiron por Melide Cabo e Javier Sesar afiliados do PP repartindo anonimos usando o bon nome dos cazadors para lavar a imaxen empañada de Anxeles.de vergoña o PP.Que flen agora que acabo de enterarme dunha preciosa foto que hai dos mesmos.DE vergoñaaaa a ultradireita do PP

a gravatar

22. LE COURBOSIER escrito o 20 de Maio de 2011 ás 11:37

Trema Marga e lé o que fixeron os teus onte eso si que e atrevimento usar o nome dos cazadores nun anonimo 3 afiliados do PP vistos as 00..30 por moita xente do pobo.Cabito el periodista extremo,Cabo,cabo non tes vergoña.E xabier non terá outra cousa que facer……vergoñento.

a gravatar

23. jose escrito o 20 de Maio de 2011 ás 11:54

Alguén me pode indicar quén é Javier Sesar?
Supoño que Cabo é o “ayuntamiento”. Non entendo nada!

a gravatar

24. LE COURBOSIER escrito o 20 de Maio de 2011 ás 12:01

Cabo e o hirman do que traballa no concello,fixome graza por que ata lle deu un planfeto a un concelleiro do BNG..por certo pidiuno o do BNG a cabo..Cabo e periodista e funcionario de prisións.Que non se preocupe Cabo pode demandar a medio Melide que somos mais de 20 testigos presenciais os que vimos a movida do reparto de anonimos.

a gravatar

25. Samurai escrito o 20 de Maio de 2011 ás 12:19

Agora a xusticieira Ángeles Vázquez podería denunciar a Cabo e a Xavier, ¿ou será que ten un dobre raseiro á hora de denunciar?
Así me gusta peperos, animando aos cazadores cabreados e aos seus afíns a facer todo o posible para que o PP non gañe… Coma sempre, Ángeles a bondadosa facendo amigos.
Por certo, criticar duramente algo e mesmo denuncialo, para despois facelo ti, ten un nome: hipocrisía. Creo que Coche, na súa intervención de onte, non lle faltou ao respeto a ninguén; simplemente, chamou ás cousas polo seu nome.

a gravatar

26. tito escrito o 20 de Maio de 2011 ás 12:53

O peor de todo esto e que se mete a demasiada xente no saco tanto no primeiro panfleto (votantes do pp indignados) repartira quen o repartira e tivera a iniciativa quen a tivera, como no segundo (cazadores de melide indignados) repartira quen o repartira e tivera a iniciativa quen a tivera.
Que pasa cos cazadores indignados de Melide que foran votantes do PP e esten indignados ?????? Estan detras dos dous panfletos ????
Señores/as SENTIDIÑO por favor

a gravatar

27. maría escrito o 20 de Maio de 2011 ás 15:10

El tema da mucho de sí.
Por lo que veo, puede haber un delito de furtivismo dado que unos cazadores (los segundos)van de caza de noche, además por el centro urbano que se supone ausencia total de conejos. Si llevaban la escopeta cargada la cosa aún se puede complicar muchísimo.
El funcionario de prisiones no se inspiraría en la peli “celda 211″, pienso yo. esperemos que no. Y a su vez los tres imputados por reparto de planfletos(los primeros), ya denunciados por Angeles, pueden acabar en la cárcel si el juicio se celebrar antes del domingo. Como los tenga que vigilar este que es funcionario.
Y ahora que lo pienso; los chavales estarían dados de alta en la seguiridad social?
Menuda complicación ….

a gravatar

28. tremendo escrito o 20 de Maio de 2011 ás 16:55

Marcus colga o segundo panfleto, na miña casa non o deixaron.
Sería un despiste dos “pseudo-sicarios” do PP. Ah!, Dise por aí que fan de tontos útiles

a gravatar

29. curiosa escrito o 20 de Maio de 2011 ás 17:18

Sabedes se petotrasea lle pasou algo?

a gravatar

30. marcus.es » Indignación dos cazadores de Melide escrito o 20 de Maio de 2011 ás 18:11

[...] mañá remitíronme un novo folleto que está a circular por Melide e que parece ser unha resposta ao do pasado luns, e contén o seguinte texto: OS CAZADORES DE MELlDE INDIGNADOS COA UTILIZACiÓN POLÍTICA DO [...]

a gravatar

31. manuela escrito o 20 de Maio de 2011 ás 18:20

hay cabiño eso debeu ser un esforozo mui grande pa ti por que todo o dia traballando sudando pola frente arriba e secando a camiseta de sudor o de onte a noite as 00.30 debeu ser un dos sacrificios mais grandes da tua vida xa ke estarias cansado de tomar cafes e beber cerbexas todo o dia polos bares…cabiño un saudo e recuperate de tanto esforzo que fixeches jajajajajajajajajaja

a gravatar

32. odemente escrito o 20 de Maio de 2011 ás 19:18

que imaxe de pobo mais triste estamos dando ao mundo, panfletos anónimos repartidos por empresas de publicidade instigados por unhos resentidos, contestación pola outra parte dunha maneira suixeneris, pero en que país vivimos?, este é o Melide que queremos?,así nos vai,

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios