Resultados por mesas nas municipais melidenses
Nos resultados electorais do pasado domingo, faltaba o reparto por meses en Melide, e finalmente o Partido Popular difundiu tal información en carteis que esta mañá puideron verse por toda a vila.

Agora que podemos ver esta información parece claro que, aínda que o PP gañou tanto no rural como no urbano, onde perdeu máis forza o BNG foi claramente no rural, polo que os vindeiros membros da corporación municipal deberían ter iso en conta á hora de tomar as súas decisións. Algo debeu de facerse mal nos últimos catro anos para que tanto voto disperso mudase de signo.
O que tamén considero rechamante é o feito de que os votantes do BNG nas municipais foron moitos máis que nas autonómicas (cun aumento de 457 votos), o que parece deixar claro que a nivel local non son as siglas as que deciden o voto.




1 comentarios realizados
1. vaidecaral escrito o 30 de Maio de 2011 ás 16:51
Chama significativamente a atención o que baixou o bloque na zona dos viños, a pesar do número 3. Nen sequer contou co apoio destes veciños.