Xoves, 12 de Maio de 2011

O programa electoral do BNG melidense

O BNG de Melide publicou na súa páxina web o seu programa electoral resumido en 20 propostas:

Soqui no cartel do BNGCandidatura do BNG de Melide que concorrerá ás vindeiras Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 para seguir gobernando en Melide con honestidade, eficacia e compromiso.
As vinte prioridades de goberno do BNG para Melide no novo mandato serán:
1.- Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Creación de máis solo industrial, zonas verdes e aparcadoiro público no casco antigo.
2.- Mellara da rede de comunicacións por estrada , con especial atención á estrada Melide-Sobrado, e continuar coas vías de comunicación ca rural.
3.- Plano de apoio ao empresariado e ao comercio local. Mellara de máis rúas comercias e apoio a campañas publicitarias no sector.
4.- Completar a rede de locais sociais nas parroquias e equipar os actuais.
5.- Continuidade do Plan de lnfraestruturas no Medio Rural: dotación do servizo de saneamento, auga da traída e mellara do subministro eléctrico.
6.- Seguir coa transformación do río Furelos como destino turístico a potenciar.
7.- Xantar e lavandería a domicilio. Aumento do servizo de axuda a domicilio.
8.- Centro de formación e ocio máis completo para persoas discapacitadas.
9.- Continuidade do programa de supresión de barreiras arquitectónicas nos edificios públicos e nas rúas.
10.- Recuperación e posta en valor do naso patrimonio turístico, cultural e natural como produto turístico de calidade con especial atención ao Camiño de Santiago e á rehabilitación das aldeas de Furelos, Leboreiro e Santa María.
11.- Plano de rehabilitación de vivendas no casco histórico e progresiva eliminación do feísmo no casco antigo da vila.
12.- Ampliación do centro médico actual ou construción dun novo e demanda dun maior número de especialidades e de medios materiais e humanos.
13.- Soterramento de colectores de Iixo en novas rúas.
14.- Novas mellaras nas instalacións e equipamentos dos centros educativos,
15.- Programas específicos para a infancia, xuventude, persoas maiores, poboación dependente, persoas coas discapacidade, inmigrantes, etc.
16.- Programas de dinamización cultural para todos os colectivos. Creación de locais de reunión para as asociacións do concello.
17.-Fomento de programas de turismo termal e de coñecemento do País.
18.- Plan de saneamento financeiro. Redución de gastos, incremento dos investimentas reais e mellara na prestación dos servizos públicos.
19.-Continuar o programa de aforro enerxético no alumeao e edificios públicos.
20.-Numeración das vivendas do rural melidense.

Acompañan a estas propostas as fotografías dos candidatos nacionalistas:
Candidatos do BNG

9 comentarios realizados

a gravatar

1. marcus.es » A candidatura do PP melidense escrito o 13 de Maio de 2011 ás 14:57

[...] onte colocaba as fotografías dos candidatos nacionalistas ao goberno municipal de Melide, hoxe toca pór rostro á xente do Partido Popular: As imaxes están por orde de listaxe: 1.- [...]

a gravatar

2. Tonecho escrito o 16 de Maio de 2011 ás 11:12

Ningunha medida para a promocion deportiva. Nin promocion, nin xestion, nin universalizacion da practica deportiva. Nin nos nenos, nin na xente moza, nin cos adultos.
Entre o 75 e o 80% da poboacion fai deporte dalgun xeito, xa sexa reglado ou non reglado, e ningunha forma de promocion.
Evidentemente eu tiro polo meu, o deporte e a practica deportiva, e pareceme moi pobre non ter nin unha soa idea para axudar a promocion (e non e necesario ter moitos cartos, so ter ideas)

a gravatar

3. lola escrito o 16 de Maio de 2011 ás 21:08

a ti olvidouseche todo o que se invertiu co deporte?
benvido a melide,esto non e palas

a gravatar

4. Jacinta escrito o 16 de Maio de 2011 ás 21:55

Porque as novas pistas de padel e as renovacións das de tenis foi porque quedan bonitas non? veña anda..

a gravatar

5. melide escrito o 16 de Maio de 2011 ás 23:18

Tonecho que eu recorde apoiaron e colaboraron con todos os que quixeron facer deporte na vila, recòrdoche o das pistas de padel o arranxo do pavillòn, pistas de tenis…non sigo pq están ahí para ver ¡¡ OU SOMOS CEGOS!!. Que ti non sexas o centro de atenciòn deles, non significa que non se fagan, non eres Deus para estar en tòdalas partes. Celebráronse campionatos de kickboxing, torneos de fùtbol sala,a ximnasia para maiores e as escolas deportivas… ¡¡QUE MAIS QUERES!!

a gravatar

6. Tonecho escrito o 17 de Maio de 2011 ás 1:20

Non vedes ben ou non queredes ver. Cal e o problema??? Non fixen ningun comentario sobre o feito ou non feito. So aclarei (leede que sabedes) que no programa do BNG, colgado na rede, non aparece ningunha alusion o deporte de ningun tipo. DE NINGUN. O dia que queira falar do que se fixo xa o farei, pero esta vez falei de que no programa politico non se fai ningunha alusion o deporte, e ningun lugar. O resto son tonterias. Menos faltar e mais leer. Se algun e capaz de ver no programa unha liña ou palabra en relacion o deporte que mo diga e pedirei perdon.

a gravatar

7. Maria Melide escrito o 17 de Maio de 2011 ás 14:41

tonecho as veces nn sei se eres parvo ou fas!!! un programa electoral ponse alguns dos aspectos q se vana traballar nos proximos 4 anos!!! NON TODOS!!! nese programa electoral tampouco pon o teu despido e se eu fose alcaldesa sería a primeira medida q tomaria!!! non hai peor cousa q ter o demo metido na tua propia casa!

a gravatar

8. Un escrito o 17 de Maio de 2011 ás 15:39

Gracias Maria Melide, asi se demuestra que gran persona eres. Si soy contrario a ti, me despedirias. Si señor, grandes argumentos. Para hablar de despidos hay que hablar de capacidad y mis numeros estan para verse. Ven el viernes a la clausura de las escuelas y ves los niños que tengo en las escuelas y despues comparas con los que habia los dos años que no me dejaron dar clases.
Estos datos estan en el concello. Eso demuestra quien eres, encima de cobarde escondiendote en un nombre falso, insultas y amenazas con despidos. Tu tranquila que ya estoy temblando.
Permiteme que te corrija, en un programa electoral no se pone todo lo que se hara, pero si las lineas maestras de
todo lo que se pretende hacer, y te guste o no, en el programa del bng no pone ni una sola linea sobre deporte,ni reglado ni no reglado, ni promocion, ni universalizacion, nada de nada.
Sobre lo del demonio metido dentro, mirate tu, te noto nerviosa, insultas, haces amenazas veladas, no crees que tienes que calmarte??? Creo que tienes las suficientes tonterias escritas en la red como para empezar a preocuparte y calmarte un poco.
Yo jamas te insulte ni te falte al respeto, y mi unico delito es pensar distinto que tu (que gran provocacion).
Ser empleado municipal no obliga a pensar igual que el equipo de gobierno, obliga a hacer lo que me encargan, y falta la vez que no lo hiciera, con lo cual lo que hablas solo son tonterias.
O no recuerdas a Case, que era (es aun) empleada municipal y opinaba distinto??? crees que eso impide que haga un buen trabajo en cualquier aspecto (profesional-politico). Yo creo que no, solo que opinaba distinto y si gana el PP, tendrian que despedirla?? yo creo que no.
Te repito, la vez que yo diga una falsedad o algo incierto, hazmelo saber que sere el primero en pedir perdon, mientras preocupate de ser respetuosa, no insultar, no hacer falsas acusaciones y meterte con la vida privada soltando falsedades, o no sabes que todo eso es denunciable??? y la paciencia tiene un limite, y no conseguire una gran sancion pero si conseguire saber quien eres y que todo el mundo sepa a que te dedicas en la red escondida en un nombre falso.
Un saludo y cuidate mucho, pero como dice algun amigo tuyo, cuidado con lo que se escribe, que todo queda.

a gravatar

9. Maria Melide escrito o 17 de Maio de 2011 ás 16:15

creo q estas confundida de persoa,,, é a primiera vez q escribo nun blog e nin tenho amig@s na politica nin vivo dela,,, gane quen gane o domingo eu serei a mesma persoa e a minha vida nn cambiara nin un ápice!!!
e perdoa pero non é un insulto ,, e unha expresion coloquial de falar!!! de todos xeitos se che molestou sinto!!!
e nn volverei dar ningun tipo de opinion porque che votan as fieras,,,
sorte e q gane o mellor,,, se é que o hai!!!

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios