Prognóstico para as eleccións municipais
Non teño bola de pitonisa nin son Rappel e, de feito, tendo a equivocarme nas predicións políticas, pero como ten certa graza xogar a adiviñar o futuro, gustaríame dar a coñecer o resultado que penso que van ter as eleccións e animarvos a que compartades as vosas predicións nos comentarios.
Para comezar habería que facer repaso dos resultados de anos anteriores:
| Municipais 2007 | Municipais 2003 | Municipais 1999 |
PP: 6 (2.443 votos - 45,58%) BNG: 6 (2.158 votos - 40,45%) PSdeG: 1 (499 votos - 9,31%) CIDEGA: 0 (213 votos - 3,98%) |
PP: 7 (2.758 - 53,51%) BNG: 4 (1.428 - 27,71%) PSdeG: 2 (913 - 17,71%) |
PP: 9 (3.034 votos - 59,2%) BNG: 2 (894 votos - 17,44%) DG: 2 (858 votos - 16,74%) PSdeG: 0 (293 votos - 5,72%) |
Entendo que os datos non van seguir en progresión, e que vai haber un cambio de rumbo, polo que apostaría a que a cousa vai quedar así:
PP: 7 - BNG: 5 - PSdeG: 1
Para tal predición non me baseo nin nos meus desexos nin nun balance do goberno municipal, senón dunha sensación que teño. Podo estar moi errado, pero coido que neste momento as forzas do bipartito están en retroceso na meirande parte de Galicia, e aínda que moitas das cidades galegas o PP quedará lonxe de poder gobernar, en Melide parte dunha posición forte (cun chan moi alto) e un pequeno incremento de votos chegaríalle para a maioría absoluta.
¿Será a cousa tan predicible? ¿Manterase a relación de formas actual? ¿Teremos algunha sorpresa? Agardo os vosos comentarios.
ACTUALIZACIÓN: Nos comentarios as distintas predicións son as seguintes:
| Nome | PP | BNG | PSdeG |
| Marcus | 7 | 5 | 1 |
| Os teus ollos | 8 | 3 | 2 |
| Gaioso | 6 | 5 | 2 |
| Marga | 7 | 5 | 1 |
| Marius | 7 | 4 | 2 |
| Le Courbosier | 6 | 6 | 1 |
| Dnoe | 6 | 7 | 0 |
| Ensaimada | 6 | 6 | 1 |
| María | 5 | 7 | 1 |
| Un | 7 | 5 | 1 |
| Xesús | 5 | 7 | 1 |
| Alkius | 8 | 5 | 0 |
| María Sen Batería | 8 | 5 | 0 |
| Xorpion | 8 | 4 | 1 |
| Ana López | 0 | 11 | 2 |
| Lagharto | 5 | 6 | 2 |
| Melide | 6 | 6 | 1 |
| Pitoniso | 7 | 5 | 1 |
| Suso | 5 | 7 | 1 |
| Xiglesias | 7 | 5 | 1 |
| Josiño | 6 | 6 | 1 |
| Samurai | 5 | 7 | 1 |
| Vaidecaral | 8 | 4 | 1 |
| Noite | 7 | 5 | 1 |
| Mikel | 5 | 7 | 1 |
| Arzuán | 5 | 7 | 1 |
| Flauter | 4 | 8 | 1 |
| Carmen | 5 | 7 | 1 |
| Pedro | 5 | 7 | 1 |
| Luis | 7 | 5 | 1 |
| Os teus ollos (muller) | 9 | 4 | 0 |
ACTUALIZACIÓN (20-5-2011 ás 23:52 horas): Atendendo aos resultados desta mini-enquisa, teriamos unhas medias de PP: 6,13, BNG: 5,84 e PSdeG-PSOE: 1,03, ou sexa, que repetiríase a actual composición do Goberno municipal, aínda que o domingo xa saberemos os resultados da única enquisa que importa.






120 comentarios realizados
1. Os teus ollos escrito o 17 de Maio de 2011 ás 9:20
Es más,incluso no sería exagerado afirmar un resultado de PP: 8, BNG+PSDEG: 5.
2. gaioso escrito o 17 de Maio de 2011 ás 9:26
¿Cal é o premio? Porque a dificultade ben o merece
Bueno, o meu prognóstico é o seguinte:
PP: 6
BNG: 5
PSOE: 2
3. Os teus ollos escrito o 17 de Maio de 2011 ás 9:31
Perdón, el 5 del BNG+PSDEG me refería a 5: BNG, 0: PSDEG.
4. marga escrito o 17 de Maio de 2011 ás 9:45
Mi resultado era 7-5-1, en vista de los acontecimientos de ayer incluso podrían beneficiarle al pp . Podría ser: 8-4-1 / 8-5-0
5. marius escrito o 17 de Maio de 2011 ás 9:46
7-4-2
6. Os teus ollos escrito o 17 de Maio de 2011 ás 10:01
Perdón otra vez, sería BNG: 3, PsdeG 2.
7. LE COURBOSIER escrito o 17 de Maio de 2011 ás 10:02
O meu pronostico si o pobo ten memoria e
pp-6
bng-6
psoe-1
En canto o que di Marga dos cazadores,coidado que son moitos e por certo o bng non ten nada que ver con un problema que xa e vello.A lista do PP non e ningun verxel axudando o voto..KIKA provoca recelo empresarial ou recordos do Melide negro.Anxeles ten fama de mintireira en Melide e batindo todo iso…..saquei esas conclusións…o 22 xa se sabrá.
8. gaioso escrito o 17 de Maio de 2011 ás 10:17
@LE COURBOSIER: Moi ben eso de si o pobo ten memoria, porque estos días levo escoitado unha chea de cousas que parece que estiveran falando para xente que acaba de chegar a Melide. Persoalmente fanme recordar a etapa en Asetem, cando Miguel decidiu poñerse en contra de todos nós e crear unha asociación paralela… en fin… bom día a tod*s.
9. Dnoe escrito o 17 de Maio de 2011 ás 11:31
bng:7
pp:6
psoe:0
10. Ensaimada escrito o 17 de Maio de 2011 ás 12:45
Home, se falamos de tendencias, escápasevos un dato máis que salientable: en todas as eleccións municipais o PP leva unha progresión de perder uns 300 votos cada catro anos que, con toda probabilidade, se seguirá dando. Tamén están os votos soltos que quedaron de Cidadáns, dos cales creo que non vai ir ningún para o PP.
Eu creo que o PP vai descender en votos; e que o BNG se vai manter ou, mesmo, aumentar lixeiramente, cousa que tamén vai pasar co PSOE. O resultado ha ser o das pasadas eleccións:
PP 6
BNG 6
PSOE 1
11. Ensaimada escrito o 17 de Maio de 2011 ás 12:54
Por certo, Marcus, creo que te trabucaches ao pasar a predicción de DNOE: son 7 para o BNG e 6 para o PP.
12. maria escrito o 17 de Maio de 2011 ás 13:21
7-5-1
o pp recupera parte dos votos de cidadáns e parte dos votos que perde o bloque.
13. Maria Melide escrito o 17 de Maio de 2011 ás 14:18
bng 7 pp 5 psoe 1
o pobo abre os ollos e da o seu merecido os farsantes!!
14. LE COURBOSIER escrito o 17 de Maio de 2011 ás 14:42
estou farto de prediccións e tamén das eleccións……..que pase pronto esto,necesito spa,tenis,sauna,masaxe tailandes e como non un combinado de rom jamaicano.Que joberne Soqui e Anxeles xuntas e que non revolvan moito,teño sono.ummmummmm.
15. Un escrito o 17 de Maio de 2011 ás 15:04
Eso e o que dijo eu, que o pobo teña memoria.
Despidos,Denuncias,Quitar axudas a todos os que non sexan dela,Imputacion de delitos,etc,etc.
Prediccion PP:7 bng:5 Psoe:1,sendo bo con eles,e contando que teñen moitos enjañados.
16. xesus escrito o 17 de Maio de 2011 ás 23:28
Aquí vai o prognóstico!
BNG: 7
PP: 5
PSdeG-PSOE: 1
17. alkius escrito o 17 de Maio de 2011 ás 23:44
PP 8 BNG 5 PSOE 0
18. maria sen bateria escrito o 17 de Maio de 2011 ás 23:47
8-5-0
19. xorpion escrito o 18 de Maio de 2011 ás 0:08
Eu digo que:8 PP-4 BNG-e o sociolisto 1
20. ana lopez escrito o 18 de Maio de 2011 ás 0:51
PP-0 PSOE-2 E O RESTO BNG
21. Os teus ollos escrito o 18 de Maio de 2011 ás 9:10
Extrapolando datos de los pronósticos hechos por los diversos comentaristas de esta entrada,sale:
PsdeG: 1
BNG: 5(70% de posibilidades), 6 (30% de posibilidades)
PP: 6(40% de posibilidades), 7 (60% de posibilidades).
Cambiando de tema, me asalta una duda muy dudosa…Si gana el bipartito y pierden el juicio de la depuradora…¿Quién sería el/la alcalde/sa y el/la teniente/a? Lo comento, pues en las municipales se suele votar a la persona que se desea lleve el bastón de mando a la alcaldía.Por lo que ambos partidos deberían informar a los votantes de quienes serían los suplentes en este hipotético caso, pues más de uno cambiaría el voto, ¿no?
22. marga escrito o 18 de Maio de 2011 ás 10:15
Esa misma duda me la planteo yo… ya que se pierden el juicio tanto Soqui como Manolo no podrían ejercer. Casé creo que no está imputada pero no la veo yo como alcaldesa. En este caso se podría correr lista …
23. Lagharto escrito o 18 de Maio de 2011 ás 11:01
Marcus, debícheste confundir ao pasar a predicción de Ana López, no seu comentario ten PP-0, PSOE-2 o resto BNG (11 logo)
Por certo, eu doulle
PP-5
BNG-6
PSOE-2
24. tito escrito o 18 de Maio de 2011 ás 11:34
Non e un resultado que me gusta demasiado persoalmente, pero vendo como esta indo a campaña… creo que e mais que probable.
PP: 8 / 9
BNG: 4
PSOE: 1 / 0
Creo que moita xente demos o noso voto hai 4 anos a un proxecto ilusionante, novo, distinto do anterior, pero tamen creo que moitos nos sentimos defraudados co resultado, especialmente tendo en conta que non funcionou o bipartito.
25. melide escrito o 18 de Maio de 2011 ás 12:51
Penso que o resultado será:
BNG: 6
PP: 6
Psoe:1
Quero pensar que a xente de melide e das parroquias teñen memoria, de todo o que se fixo para e por melide nestes 4 anos. Outra cousa e que como xa se sabe a dereita perdoaselle todo ainda que nos mintan e nos enganen.
Xa se sabe que encatro anos non se pode facer o que se pretendia, xa que a débeda que nos deixou o pp foron de moitos millons.
Tamen temos que recordar que este goberno fixo o contrato e pago de tódalas facturas da luz do poligono, que dende que se fixo, ainda non pagaran nin 1€ eso tamen se pode demostrar. Pago de facturas as empresas de melide que non foron poucas….
26. pitoniso escrito o 18 de Maio de 2011 ás 12:55
Mi pronóstico es :
7-5-1 incluso rozando el 8-4-1
27. suso escrito o 18 de Maio de 2011 ás 13:04
O perfil das candidaturas e o traballo nestes catro anos levará ao BNG á maioría absoluta.
Un resultado razoable e xusto:
BNG:7
PSOE:1
PP:5
28. pitoniso escrito o 18 de Maio de 2011 ás 13:50
Eu son dos que penso coma Marcus. O bloque chegou ao seu teito. Agora baixara algo. Penso que un concelleiro en detrimento do Pp. O Psoe mantendrase na súa línea.
O perfil do bloque era moito mellor fai catro anos , dende o meu punto de vista claro.
29. xiglesias escrito o 18 de Maio de 2011 ás 14:45
PP: 7 BNG 5 PSdeG-PSOE 1
30. tito escrito o 18 de Maio de 2011 ás 15:39
Penso que como di PITONISO o BNG chegou o seu teito, e agora so pode baixar, como partido, pero penso que en Melide baixara algo mais pola lista que presenta, a meu entender menos boa que fai catro anos, co que podera baixar incluso 2 concellerios, en canto o PSOE, sen apoios na xunta (o igual que o BNG) non creo que poida aguantar o resultado actual.
Por certo sabese algo dos mitins centrais de BNG e PP ?
31. Os teus ollos escrito o 18 de Maio de 2011 ás 16:12
En estos momentos, extrapolando son:
PP: 9
BNG: 4
PsdeG:0
32. pitoniso escrito o 18 de Maio de 2011 ás 16:18
do bng penso que é o xoves no colexio n. 1 e o do pp o venres , pero non sei donde.
33. josiño escrito o 18 de Maio de 2011 ás 17:05
Eu creo que se repetirá o reparto de asentos no concello.Estou dacordo en que se fixeron menos chamativas as listas desta vez , pero de tódalas candidaturas en xeral.
BNG=6
PP=6
PSOE=1
34. Samurai escrito o 18 de Maio de 2011 ás 17:23
Home, a lista do PP tampouco é que sexa o demo de atractiva. Para empezar, levan de nº 2 a unha señora á que non poden ver diante boa parte dos empresarios (presidiu a asociación de empresarios anti-Asetem promovida por Miguel Pampín); en concreto, non a pode ver esa parte do empresariado que promoveu Cidadáns nas pasadas eleccións e que, nesta ocasión, terán un bo motivo para non darlle eses 213 votos ao PP. Tamén podemos restar os votos dos cazadores descontentos e as súas familias (os de todo Melide agás Maceda e Santalla), que se sinten traicionados e censurados por Ángeles Vázquez. E tamén está esa tendencia do PP que xa comentou alguén de perder 300 votos en cada consulta electoral. En efecto, o BNG puido tocar o seu teito nas pasadas, pero non creo que se resinta; mais o PP non tocou aínda fondo na caída libre na que está sumido dende hai 16 anos. Otrosí digo: PP-5 BNG-7 PSOE-1
35. pitoniso escrito o 18 de Maio de 2011 ás 17:31
Samurai, puedo estar de acuerdo en el tema de la bajada de 300 votos aunque no tiene porque , pues igual que yo creo que el bloque tocó techo, tb creo que el pp lo tocó pero en sentido inverso.En cuanto a los cazadores y a la número 2, esos votos ya no los tuvo el pp en las anteriores.Pero bueno hay opiniones para todos los gustos. Creo que no hay absolutamente nada claro y estas elecciones serán toda una sorpresa tanto para unos como para otros, puede pasar cualquier cosa. Ninguno de los dos partidos creo que lo tiene claro. Y digo de los dos porque el psoe entiendo que no esperará sacar más de dos. Saludos.
36. pitoniso escrito o 18 de Maio de 2011 ás 17:33
Por cierto esos 213 votos de ciudadanos pienso que se los quitó al psoe y volverán a él.
37. Os teus ollos escrito o 18 de Maio de 2011 ás 17:40
Y cuál es el papel del PsdeG en estas elecciones?
Para empezar,llevan uno que quiso ser gaviota a toda costa con dedicación exclusiva y remunerada.¿No se sienten los demás traicionados?
Lo segundo: echo de menos a los verdaderos socialistas, los que han luchado por el partido, los que siempre han llevado con orgullo la rosa roja, los que no se han vendido cambiando de chaqueta….no están en la lista.
38. pitoniso escrito o 18 de Maio de 2011 ás 17:42
Los verdaderos socialistas no están en Melide ni en ningún otro lugar.
39. vaidecaral escrito o 18 de Maio de 2011 ás 17:50
PRONOSTICO: 8-4-1
40. Marcus escrito o 18 de Maio de 2011 ás 19:07
Xa que comentades o dos mitins. ¿Algún de vós foi ao do PSdeG-PSOE? É que non saiu nos medios nin nas páxinas web do Partido.
¿Aínda non hai carteis dos encontros do PP e do BNG a 2 días da fin de campaña?
41. tito escrito o 18 de Maio de 2011 ás 19:19
Pois non vin ningun cartel de ningun dos dous mitins, supoño que os dous partidos quereran ser o ultimo e ter a persoa mais forte para un empuxon final. Segundo a tua “pseudoenquisa” parece que a cousa estara mais reñida do que eu pensaba, e esta claro que un apio importante(Guillerme Vazquez/Feijoo) pode ser determinante.
42. LE COURBOSIER escrito o 18 de Maio de 2011 ás 19:59
16 anos no poder o PP e visitandonos Fraga, Melide medrou menos que o meu pequinés.feijoo virá correndo a comer unhas tapas e dar a chala-venta de que Melide crecerá e non lle faltará de nada,bla,bla,bla.O pobo non lle fará caso por que xa coñecemos como cumpren e perderan as eleccións por pouco,pero o suficiente para que alguén viaxe 50 km en tensión nervosa.Relaxemonos por que os pronosticos desta non son faciles,cazadores,Kika,Anxeles que non e demasiado querida en Melide,etc.
43. melide escrito o 18 de Maio de 2011 ás 19:59
O mitin do bng maña as 9:30 no colexio nº1 estan postos os carteis por melide e o pp para o venres ainda que non sei hora o lugar o mesmo ca todos supoño. Persoalmente a min as “estrelas” non me interesan pq os que realmente nos van a gobernar e a xente de aqui,os que saben realmente os nosos problemas reais.
44. marga escrito o 18 de Maio de 2011 ás 20:14
feijo xa estivo aqui a semana pasada, non creo que veña ao mitin final. de todalas formas eu estou con melide, as estrelas non son o importante.
45. xig escrito o 18 de Maio de 2011 ás 20:23
un gran numero de cazadores non estan dacordo cos “cazadores” que dirixen a asociación de cazadores actulamente responsables das octavillas
46. tito escrito o 18 de Maio de 2011 ás 20:25
non quixen dicir que para min o sexan, nin moito menos, pero si temos que ter presente que para moita xente o son. Aparentar, ainda que so sexa eso, apariencia, unha relacion fluida cun cabeza de cartel os altos niveis fai que xente se decida, evidentemente non fara cambiar a ninguen de opinion, pero algun que outro indeciso si pode decidir o voto por unha cousa asi (repito, a min resultame indiferente, so era unha opinion, non un gusto). Umilde opinion.
47. Samurai escrito o 18 de Maio de 2011 ás 20:31
Non contedes con ningunha estrela política o venres, porque normalmente van pechar a campaña a algunha grande cidade; no caso do BNG, que ten o mitin central o xoves, nunca trouxeron a ninguén que non estivese na lista para falar (só o fan na presentación de candidatura).
48. noite escrito o 18 de Maio de 2011 ás 21:05
Aínda nos vos destes conta de que o descalabro máis grande non será o do bng ( como partido político) …. será verdadeiramente o de Soki como político e persoa publica…..moitos crímos nela e finalmente foi un verdadeiro fiasco
49. noite escrito o 18 de Maio de 2011 ás 22:54
pp 7, bng 5 e psoe 1
50. tito escrito o 18 de Maio de 2011 ás 22:55
grande resumo NOITE o preblema destes catro anos non foron as ideas, nin as obras feitas (moitas, e moitas realmente boas, outras non tanto e outras moitas por facer) o problema foi mais persoal, e como ti dis Soqui non soupo ou non puido estar a altura.
51. noite escrito o 18 de Maio de 2011 ás 23:33
Tito , todos fan algunha vez algo bó ,faltaría máis…para eso lles votamos para que traballen para nós…pero hai que conectar co pobo , hai que gobernar para todos , hai que conquistar os que non son dun , hai que respetar o traballo dos que non pensan coma un e sobre todo e o máis importante levantala cara como Alcandesa dun pobo cara todolos seus veciños….lástima de muller que non soubo ,ou non lle deixaron achegarse de verdade á súa veciñanza.
52. Samurai escrito o 18 de Maio de 2011 ás 23:35
Demo, pois debo ser o único que segue confiando en Soqui. Desculpádeme, pero sigo sendo un romántico que mira ao pasado con nostalxia. É o que ten a memoria, que me fai lembrar cousas como que Ángeles Vázquez dirixiu durante anos unha radio municipal con man de ferro para impedir que se escoitase outra voz que non fose a do PP (é dicir, que a oposición SEMPRE estivo censurada), ou que hoxe todo lle vale con tal de conquistar o poder, mesmo denunciar aos seus propios veciños ou mentirlles descaradamente como fixo coa casa de cultura hai catro anos. E a memoria tamén me leva ao irrepetible Miguel Pampín, con sus estreliñas e monolitos dedicados a si mesmo; ese dedicarse tanta atención a si mesmo levouno a adxudicarse obras públicas do concello a si mesmo como empresario, cousa pola que o BNG si que o puido ter levado aos tribunais por ser delito penal, e non o fixo (é dicir, que para algúns non todo vale con tal de chegar á alcaldía). En fin, por culpa da miña memoria, Soqui segue a ser a mellor das candidatas posibles con diferencia (ten os seus fallos, coma todo o mundo, pero antóllaseme Teresa de Calcuta en comparación con Ángeles e Miguel); e os que somos os seus amigos, que somos moitos, seguímolo sendo por moito que lle pese a algúns. Por certo, noite, o comentario 51 parece máis dirixido a Ángeles que a Soqui, polo que dis (porque iso de respetar o traballo dos que non pensan coma un ou gobernar para todos non é algo do que poida presumir o PP nos seus 16 anos de goberno).
53. gaditano escrito o 18 de Maio de 2011 ás 23:55
Non me cabe na cabeza que despois de 16 anos de PP en Melide, dos que non fai nigunha falta facer resumo, ainda quede xente que desexe que os herdeiros daquel PP regrese a Melide. Non me importa o que fixo o bipartito nestes catro anos, calqueira con intelixencia pode facer unha valoración propia sen ter que acudir a ningún mitin duns ou doutros. O único que entendo dende o meu punto de vista, e insisto, despois de valorar os últimos 20 anos, e que eu votarei a calquer partido que non sexan os herdeiros de Pampín, calqueira o fara mellor. Supoño que a xente que está contestando e demasiado nova e non sabe de que fala. Bueno, quen sabe, quizais dentro duns anos vexamos outra senadora na wikipedia o consultar MElide como ocurre con outros. Esas son as personaxes de melide, perdón, quería dicir personalidades.
54. mikel escrito o 19 de Maio de 2011 ás 8:25
O endebedamento do concello arranca da época de Miguel Pampín e Angeles, festas a esgalla con pólvora e viño incluído. Moitas das facturas sen pagar eran precisamente destas “cheas” nas que participaba Angeles, deixaron o erario moi hipotecado. Ademáis deseñaron unha plantilla de persoal case monocolor (hai algunha excepción), todo ben atado. Agora anda co rollo de se o concello está endebedado, deixadevos de lerias …
Angeles foi parte activa en deixarlle unha praza a Miguel na RPT equiparable a dun funcionario de alto rango, a día de hoxe aínda non se sabe como Miguel xustificou a titulación universitaria.
En fin, na memoria dos melidenses hai moitos datos.
Agora ben, pobres rapaces que se fan ilusións por atopar un posto de traballo no concello se gaña Angeles, unha vez máis a xogar coa xente. Xa non gaña o PP.
E eu preguntome, cando unha persoa (con case corenta anos) aínda non ten un posto de traballo asegurado será capaz de loitar polos demáis? Non o teño nada claro.
Agora non votan os emigrantes, a xente da aldea vota moito ao que exerce de alcalde e Cidadáns non se presenta.
BNG maioría absoluta,7; PSOE-PSG, 1 e PP, 5.
55. Samurai escrito o 19 de Maio de 2011 ás 8:54
O último xantar da terceira idade celebrado polo PP cando gobernaba (por certo, xantares no que a oposición tamén estaba censurada e tiña prohibida a entrada, tanto con Miguel como con Ánxeles) pasoulle unha factura de 30.000 euros ao concello. En catro anos de BNG e PSOE, sen xantares de vellos, levamos aforrado só niso 120.000; e iso sen falar de xantares para damas e cabaleiros, concursos Miss Galicia terceira idade, ou concertos da sinfónica (a 60.000 euros por recital, cada San Roque, non está mal). Así que, se botamos contas, se ten aforrado moito cortando só cos despilfarros do PP.
56. josiño escrito o 19 de Maio de 2011 ás 10:08
Gaditano,Mikel e Samurai,tedes toda a razón.Moita xente carece de memoria ou ,non quere lembrar cousas.Aínda que agora queiran sacar cousas que son criticables 100% , non son comparables nin por asomo a esa “época escura” de enchentas ós afíns , amiguismos e censura ó contrario .Eso lembrámolo todos. Quen non o queira ver é porque dun xeito ou doutro se beneficiou.
De tódolos xeitos , gustaríame que a xente que vaia votar , que o faga en base á realidade , ós feitos , é non a forofismos (se existe a palabra) .
57. Arzuán escrito o 19 de Maio de 2011 ás 10:54
BNG 7, PP 5, PSOE 1
58. flauter escrito o 19 de Maio de 2011 ás 11:00
Partido Popular 8 Soki Cea 4 Manolo Prado 1
59. tito escrito o 19 de Maio de 2011 ás 11:11
Mikel, dis que os emigrantes non votan, certo, pero por que lle quitas esos votos o PP, podoche asegurar que o BNG tivo moito voto emigrante fai catro anos, polas subvencions e axudas que dende a diputacion Soqui “conseguiu” para os Melidenses na diaspora. De feito daquela unha persoa residente na Arxentina estaba nas suas listas, o cal tamen lles axudou.
60. Melidao escrito o 19 de Maio de 2011 ás 11:35
Deberíades de valorar o que está pasando nas prazas das principais cidades do conxunto do estado e valorar isto…
http://pacoarnau.files.wordpress.com/2011/03/indice_nolesvotes2.jpg
61. Marcus escrito o 19 de Maio de 2011 ás 12:07
Melidao, dubido moito que o movemento de #nolesvotes e #democraciarealya (#spanishrevolution) teña algunha incidencia nos comicios municipais.
Poderá afectar algo nas autonómicas ou nas estatais, pero nos concellos a xente non vota guiado só polas siglas.
62. proveedor do Concello escrito o 19 de Maio de 2011 ás 12:17
Sinto facer este comentario de forma anónima, pero debo protexer os intereses da empresa. Tan só decir a todos, que na miña empresa, e a data 19 de mayo de 2011 temos a menor deuda co concello nos últimos anos. Sei que o perfil de Soqui non é “comercial”, pero estamos satisfeitos de que nos haian pagado as facturas pendentes da época do PP, e casi todas as de estes últimos anos. Descoñezo a situación doutros proveedores, pero non estaría mal coñecer cómo levan os pagos doutras empresas.
63. Melidao escrito o 19 de Maio de 2011 ás 12:19
Eu creo que si terá relevancia, e verase reflexado no absentismo, probablemente non en pobos coma Melide que parece que non vemos o que pasa no mundo pero si se poderá palpar nas cidades!
64. vaidecaral escrito o 19 de Maio de 2011 ás 12:54
Pois eu coñezo un provedor do concello que lle deben unha factura dende hai moitisimo tempo. E o peor e que a factura é moi pequena.
65. tito escrito o 19 de Maio de 2011 ás 12:57
demasiadas facturas pequenas para o concello pero que as PEMES coma a miña lle supoñen bastante…Agora mesmo, e falo da empresa para a que traballo, teñen mais de 2 anos de retraso en pagos. E non digo con esto que en tempos do PP fora mellor, pero no noso caso tampouco peor.
66. Proveedor do Concello II escrito o 19 de Maio de 2011 ás 13:09
En relación ó anterior proveedor do concello, na misma liña, quero dicir que os pagos, sin chegar a ser bos de todo, na época de Soqui foron moito mellores que noutras épocas, por non falar da limpeza da contratación, petición de orzamentos e demáis trapicheos que rozaban a ilegalidade (eu non denuncio, non fago coma outras, a un/unha veciñ@).
67. Samurai escrito o 19 de Maio de 2011 ás 13:11
Cando comezou a governar o BNG, en xuño de 2007, había facturas sen pagar de obras realizadas en 1999… Tamén se lle debía ás eléctricas unha auténtica millonada, mais non trascendeu ningunha ameaza de corte de subministro… Curiosa diferencia de trato, e curiosa amnesia de Ángeles Vázquez á hora de criticar, por enésima vez.
68. josiño escrito o 19 de Maio de 2011 ás 13:22
Dende o punto de vista económico e sen ser para nada un experto no tema considero que ,existindo unha débeda como certamente existe, é mellor para os cidadáns que esa débeda sexa cos bancos que conceden os créditos(que son uns dos verdadeiros culpables da situación económica actual a nivel global) a que sexa cos veciños . Alomenos eu prefiriría que lle deberan ós bancos que a mín.E coma mín supoño que a grande maioría da xente que ten empresas.
Gustaríame ver algún documento que reflectira cal era a débeda cos proveedores e empresas do pobo hai catro anos e agora.E non falar de débeda en xeral como fai a oposición.Poderiamonos levar algunha sorpresa.
69. melide escrito o 19 de Maio de 2011 ás 13:25
Hoxe podese dicir que a maioria por non dicir tódalas empresas de melide e falei con moitas, teñen as facturas pagadas. E de momento non lle cortaron o suministro de mercancia ou servizos como aconteceu con anxeles no seu mandato.
70. noite escrito o 19 de Maio de 2011 ás 13:36
Ese odio co que falades é o que vos vai facer perder estas eleccións ….polo menos á xente que coma mín un día tiña fé na vosa capacidade de avanzar …..tedes as miras cortas de todo,e aburrides con tanto Miguel Pampin, o que por certo moita xente de este pobo lle debe moito…igual me vas dicir que comprou á xente ,pois digoche que da mesma maneira que a comprastes vós…porque vense moitas cousas por ahí y un xa ten unha edade….
71. melide escrito o 19 de Maio de 2011 ás 13:42
Eu penso,que moitas das dúbidas que poida ter a xente, e por ir non preguntar pq non fixeron como o pp, as portas estan abertas. No meu caso todo o que eu lles preguntei, non dubidaron en contestala, os que a critican fixeron o mesmo? “tirala pedra e agochala man” parece que aqui faise moitas veces.hoxe vai estar o mitin do bng moi interesante, e creo que lle resolveran moitas dúbidas a moitos (os que queiran ir claro)
72. melide escrito o 19 de Maio de 2011 ás 13:53
Eu penso que de momento con odio non se falou , o que si dixemos mais de unha verdade, pero o dito “as verdades doen ” mais a uns que a outros. E o de miguel pampin 16 anos gobernando pouco fixo, eran tempos mellores,pq comenzaron a pagarse tódolos prestamos co novo goberno?pq non tiñan contratado a luz no poligono e coa consecuencia non pagaba a luz? tempos de miguel pampin e Anxeles…e podria seguir. Falamos de realidades.Non estamos cegos, ainda que algun parece ser que si.
73. Carmen escrito o 19 de Maio de 2011 ás 14:57
Por fin falaron alguns comerciantes!!! votabao en falta!!!! e cobraron comerciantes TANTO DUN PARTIDO como DE OUTRO!!!!
o meu pronóstico bng 7 pp 5 psoe 1
74. maria sen bateria escrito o 19 de Maio de 2011 ás 16:06
falarian os que cobraron.. porque hai moitisimos que non cobraron..
75. alberto escrito o 19 de Maio de 2011 ás 20:53
Anda q como esta isto!!!!! PASOPALABRA!!! en poucos dias sairemos de dúbidas e só espero q gañe o mellor q é… MELIDE!!! q non se desfaga o ben feito, q non se gasten cartos no q non é necesario, q se apoie o q sexa bo para o noso pobo e q poidamos decir q estamos ORGULLOSOS DE SER DE MELIDE!!!!
76. pedro escrito o 20 de Maio de 2011 ás 1:14
O mitin do BNG foi excelente, se cadra un pouco longo pero mereceu a pena xa que foi construtivo. O patio do colexio cheo e xente de todo tipo.
Sorprendeume a firmeza de Casé.
Soqui faino ben, moi institucional e educada, no seu pael de alcaldesa. O médico falou moi claro: arrasou e convenceu.
Nótase que están curtidos profesionalmente, sobre todo Antonio. No casco urbano van ter moitos, moitos votos.
BNG:7
PP:5
Psoe:1
77. vaidecaral escrito o 20 de Maio de 2011 ás 10:39
RESPOSTA DOS CAZADORES AOS OUTROS CAZADORES. XENIAL . COA VERDADE SE CHEGA A TODO O MUNDO.
8-5-1
78. tito escrito o 20 de Maio de 2011 ás 10:53
PEDRO, certo que moita xente no mitin, pero menos da que eu esperaba, por outra parte totalmente de acordo co que dis de Antonio, curtido e correcto (moi ben). Non me gustou tanto que o resto de parlamentarios do BNG, agas soqui, nomeasen moitas mais veces o PP que a si mesmos, tamen votei en falta que se falara do proxecto dos proximos 4 anos, so se oiu dos catro pasados, que ainda que bastante bos non creo que valgan de renda para os proximos catro. Para finalizar, Soqui correcta, ben.
ANIMO A TODOS
79. tito escrito o 20 de Maio de 2011 ás 11:14
Por certo, que me esquencin no comentario anterior, Santin como di Pedro, o medico, falou moi moi claro, certo, e arrasou, pero tamen insultou, creo que se excedeu un pouco, e convenceu? penso que non a que fora o mitin con dubidas sobre o seu voto, convenceu os incondicionais, pero a eses non facia falla.
80. lidia escrito o 20 de Maio de 2011 ás 11:17
Ánimo BNG que merecedes a maioría absoluta!
Ademáis, os melidenses están orgullosos do seu pobo e o BNG é unha compoñente necesaria.
BNG:7
PP+PSOE=6
Creo que o PP vai ter máis votos ca o Psoe
81. luis escrito o 20 de Maio de 2011 ás 12:52
Mitin constructivo???? o patio do colexio cheo de xente???? o medico arrasou e convenceu????? o de Casé ten un pase o de Antonio tamén e o Soqui institucional e bastante educada si. moi de acordo con todo o comentario de Tito.
Gostariame Pedro que me explicases onde foi constructivo porque so se escoitou todo o que o PP fixo mal en 16 anos, millons de veces o nome de Miguel Pampin e de Anxeles, pero nin unha soa vez o que pensan facer eles nestes catro anos q veñen. Totalmente de acordo con Tito en q moita menios xente da q esperaba todo o mundo e onde estaba a xente de hai catro anos???? seguramente moita decepcionada na casa porque.. estes catro anos non foron o esperado polo pobo. Outra decepcion mais para a xente de Melide. E o que pode pasar cando se espera demasiado e… todo ven a ser o mesmo. O medico convenceu os xa convencidos, insultou demasiado e despreciou aos que non pensan coma eles. Duro de mais e non viña a nada. Todos temos memoria, non fai falla que no la refresquen tanto!!!! Por certo: Manolo existe?????? Axudou algo , fixo algo ben ou mal, estivo ahi ou so apareceu nalgunhas das fotos?????
Resumindo: Mitin de peche de campaña do BNG de Melide e sigo sen escoitar o que teñen pensado facer nos proximos catro anos (ademais de votar de menos aos que se van).Menos mal que algo puiden ler nun papeliño que deixaron nos portais!!!!
PP 7 BNG 5 PSOE 1
82. eu escrito o 20 de Maio de 2011 ás 12:54
QUE GAÑE O MELLOR!!! Q se acorde ao chegar ao poder q o unico q importa e MELIDE!!!
Sorte a tod@s!!!
83. vaidecaral escrito o 20 de Maio de 2011 ás 13:17
home coche será un coquiño pero nunca se caracterizou pola súa educación, sempre foi algo baixo no seu vocabulario e moi xoven para estar tan transnoitado..
84. josiño escrito o 20 de Maio de 2011 ás 13:21
No mitin de onte,evidentemente falouse do que se fixo durante os catro anos anteriores xa que non hai mellor aval que os feitos.Eu considero que mencionar ós anteriores governantes é máis coa intención de facer comparación do que fixeron uns co que fixeron outros,que o mero feito de calificar.Un grupo que está na oposición lóxicamente ten que falar do que vai facer e non do que fixo,pola contra os que governan e teñen intención de continuar o seu proxecto,deben mostrar o que están a facer e pretenden continuar facendo.
En referencia ó odio que alguén comenta máis arriba , eu creo que máis odio e carraxe mostran outros cara a figura de Soqui.
85. vaidecaral escrito o 20 de Maio de 2011 ás 13:30
“Hoxe mandoume unha mensaxe un enfermo que acudiu o centro médico de Melide e di o seguinte:Fun o médico con fortes cefaleas e sain cunha tremenda diarrea mental,atenderonme a medias e pedironme o voto.Eu dixenlle o médico que o enfermo era …eu e que si o PP padece de algo pois que o sometan a terapia intensiva pero a min doeme a cabeciña .Meu Deus como anda o patio……VER PARA CREER……Haber si pasa pronto o dia 22 por que hai un forte pedido de sedantes……A desesperación produce monstruos ……..Que fame atrasada………………
Esto pone Melide segue contigo entre otras barbaridades. Yo fui a ese medico con MI HIJO y no me conoce y NO ME PIDIO EL VOTO EN NINGUN MOMENTO. Y decirle a Melide segue contigo que si es curioso que un señor vaya al PEDIATRA!!!!! a decirle que tiene dolor de cabeza. Antes de mentir que investiguen. Este médico ahora mismo ESTA EN PEDIATRIA!!!!!
86. LE COURBOSIER escrito o 20 de Maio de 2011 ás 15:01
Vai de cara. Melide segue sabe que está en pediatria,pero o medico non creo que lle pida o voto o crio.neste caso fixo unha metafora da vida.Ese foi o medico co fillo e acabou con cefalea el mesmo e con vota pp.Entendede as metaforas.As barbaridades de melide segue son a realidade que non quere oir o PP.EU vexo que se acompaña de enlaces dos xornais,ou tamen minten o 100%.Os do PP dades viravoltas como fixestedes cos anonimos.Que vergoña meu Deus.
87. Cronista oficial escrito o 20 de Maio de 2011 ás 16:04
No mitin,todos sentadiños(tantos non eran),algun falou regular-ben,outros regular-mal,pa gustos colores.O que non entendo e a teima de falar do mal feito nos ultimos 400anos.Nin un so argumento novo,todo pasado.
Por certo,case todos da fimilia,sentados e non sentados,incluso algun aburriase moito(falta de respeto pola familia).
Recoñecen en privado que baixan un,e contan que o sube o Psoe,o conto e seguir repartido.
ERROR, MOI GRANDE ERROR.
Xa perdestes,xa o sabedes e non dades amañado nada, unha lastima.
Agora so ser consecuentes e aceptar a derrota con valentia,e marchar sen romper nada.
Ala un biquiño a todos.
88. noite escrito o 20 de Maio de 2011 ás 16:05
Quero facerlle dúas preguntas o noso amigo Marcus, sempre correcto nas súas apreciacións e conciliador ante todas as opinións que neste foro se expresan…Notas o odio co que se fala neste pobo ou é unha apreciación miña?…E VAIA POR DIANTE QUE EU NON SON VOTANTE DO PP. A seguinte é… despois do que aquí se comentou segues a manterte no ten pronóstico?..gracias Marcus .
89. Outro Un escrito o 20 de Maio de 2011 ás 16:06
JAJAJAJAJAJAJAAJAJAJ, pero de verdade fostes o mitin.Soñades,para nada e o que contades.
Pero claro, en campaña e o que tedes que decir, e se cola mellor.
90. Samurai escrito o 20 de Maio de 2011 ás 16:30
Ten razón cronista. No mitin do BNG había varios familiares, pero non eran do Bloque, eran familiares directos de xente que vai na lista do PP e aplaudiron a rabear.
As sillas estaban cheas, si, pero tamén as paredes dos lados e a do fondo e a plataforma que hai riba das escaleiras; é dicir, a xente non collía.
Por outra banda, o discurso de Coche foi moi intelixente e non insultou: chamou ás cousas polo seu nome. Por exemplo, falou de hipocrisía, iso que vén de cometer o PP ao repartir un panfleto anónimo con nocturnidade e aleivosía, feito que un día antes criticou e censurou con dureza o propio PP e que o levou a denunciar a dous rapaces que só estaban a facer un traballo para sacar uns euros (por certo, un deles primo de Ángeles Vázquez. Que niveliño, denunciar á túa propia familia…).
91. farruco escrito o 20 de Maio de 2011 ás 16:46
Menos mal que o video do mitín do BNG non está colgado en internet, do contrario Anxeles íao pasar mal se ve a cara dos 3 espías que enviou.
Cando comezou Coche a falar estaban distantes pero aos dous minutos xa apludían con un entusiamo total.
Angeles levas que sufrir na oposición, e por encima cunha persoa dun nivel total en fronte que te pon no sitio en menos de que canta un galo.
Coche representas ao veciño que traballa e que se esforzou por sair adiante e dásnos moito ánimo á xente nova.
A mocidade co BNG!
92. daniela escrito o 20 de Maio de 2011 ás 16:50
Es posible conseguir el video del mitin del BNG?
Muy logrado por lo que han contado en el IES. Fue el tema del día …..
93. Marcus escrito o 20 de Maio de 2011 ás 18:16
Noite:
1- non chegaría a definir como odio o que parece unha simple rivalidade política. Tampouco creo que exista u odio entre os seareiros do Real Madrid e os do Barcelona e entre os habitantes de Arzúa e Melide. Un pouco de pique dá sal á vida.
2- Conservo o meu prognóstico. ¿Dende cando é posible mudar de aposta nas porras?
94. tito escrito o 20 de Maio de 2011 ás 18:32
Marcus, agora temos os mitins, nunha porra de futbol xa coñecemos os rivais, agora cando pase o mitin do PP, coñeceremos doutro xeito a todos e penso que iso pode facer varias a opinion de aproximadamente o 10% do electorado de Melide. Asi que co teu permiso esta noite darei un novo ou non resultado.
PODO ??? jeje.
GRAZAS POLO TEU TRABALLO MARCUS.
95. Marcus escrito o 20 de Maio de 2011 ás 18:48
Tito, nun principio podes comentar os resultados que queiras pola noite, pero aviso de que ás doce deixarei de contabilizalos, pois mirarei de publicar unha media de resultados (e en xornada de reflexión non está permitido publicar resultados de enquisas).
96. odemente escrito o 20 de Maio de 2011 ás 19:12
ahí arriba falase que se acompaña información en certo perfil do facebook con enlaces de periódicos, o cuarto poder, que curioso todos de La Voz, cando nos intera sí é unha fonte fidedignisíma e cando psoe bng perden as eleccións 2007 a culpa é da Voz, en que quedamos señores?,
97. Os teus ollos escrito o 20 de Maio de 2011 ás 19:17
A miña muller di:
PP: 9
BNG: 4
PsdeG: 0
Esaxera un pouco,non?
O malo é que sempre acerta nas porras…
98. odemente escrito o 20 de Maio de 2011 ás 21:20
2009, na volta de 2007, quixen dizer 2009
99. alberto escrito o 21 de Maio de 2011 ás 2:51
ay Pedro Pedro.. querias ver un patio cheo de xente?? pois foi esta noite na Palladium
Samurai: Paredes cheas de xente (aos lados, fondos e plataforma)(que non sei onde estiveches sentado ou de pe onte para ver isas cousas; no patio do numero un seguriño que non)??? iso tamen ocurriu hoxe, non onte.
Hai que ver o que é, non só o que nos gostaría ver que os refrans son sabios e..non hai peor cego que o que non quere ver (creo que é asi). Pois o dito a cada un o seu: no mitin do Psoe non habia xente, no mitin do BNG habia moi pouca xente(algunha de pe si) e no mitin do PP habia moita xente.
Todos tranquilos que a ningun deles lle chegaba a que tiñan para subir ao poder!!!!
Q no mitin do BNG habia xente do PP? supoño que si ao igual que no do PSOE E do PSOE eBNG no do PP (ou paseando polos arredores) para eso estan os mitins non?? para q todo o que queira poida escoitar aos politicos que nos queren gobernar e senon que restrinxan a entrada.
100. alberto escrito o 21 de Maio de 2011 ás 2:58
unha cousa: no mitin do PP falaron do BNG-PSOE e tamen nomearon a Soqui e a Manolo pero non foi o eixo do mitin. Evidentemente todos cometeron erros pero uns mais ca outros, e nesta volta penso que a xente de Anxeles saiu mellor parada. Non necesitou en todo momento de descalificacions, palabras subidas de ton.
E unha “guerra” pero non todo vale nin é necesario.
101. XHaRoY escrito o 21 de Maio de 2011 ás 5:08
Máis vale tarde que nunca… fai 4 anos mostreime bastante máis activo por estos lares… actualmente teño preocupacións maiores e guerras máis importantes nas que participar.
Desgraciadamente non puiden poñerme ao día tanto como me gustaría, non sei cal é o ambiente que se respira por Melide actualmente.
Dende a distancia o pobo mellorou en canto a servicios básicos como beirarrúas ou actividades deportivas. En canto as aldeas é algo do que non podo opinar por desconocemento.
Fai 4 anos disfrutei en primeira persona tanto a campaña electoral como posteriormente o día das eleccións. Tiña claro que iba haber un cambio, non recordo que resultado prognostiquei pero non me equivoquei moito.
Acabo de ler o asunto dos cazadores e bueno… non tiven moito tempo para pararme pero é triste estar sempre igual, tirándose os trastos uns aos outros.
O meu resultado:
BNG 6
PP 6
PSG 1
Donde pode estar o concelleiro “bailarín”? pois dende a distancia teño dúbidas de se o PSG se manterá… por lóxica tendo en conta que se trata dun pobo pequeno onde co apoio do círculo máis cercano se conseguen los votos necesarios para 1 concelleiro… pois non debería baixar… pero non me fio.
Penso que é obvio que o PSG e o seu candidato non “convencen”, necesitan un cambio de aires.
En fin a ver que pasa, espero que sexa unha xornada limpa, sin incidentes de veciños e o que gañe… que sexa para ben de Melide.
102. melide escrito o 21 de Maio de 2011 ás 9:53
Alberto ti estabas no mitin do pp? ou soñando eu coma moitos estibemos ali, e nas cadeiras chechas si pero do resto na de na habia xente coma no o bng,pero eso da o mesmo pq o que importa e que a xente vaia votar.
E o de que a xente de anxeles saiu mellor parado…dudoo moito pq mentira tras mentira que mostraran papeis oficias e mais non insultaron eu penso que non estabas pq imbeciles dixeronno varias veces, e non estaban recitando ningunha poesia. Pero cada un e libre de pensar e dicir o que queira sempre que non faltes o respecto, e iso pecou moito o pp pese a quen lle pese.
103. morris escrito o 21 de Maio de 2011 ás 15:03
melide segue contigo non descansas joer k energia ten, non para don´t stop, dale don dale, follow the leader melide
104. alberto escrito o 21 de Maio de 2011 ás 19:08
melide segue contigo (o de melide solo non cho podo dicir porq non sei nin se es de melide de sempre oiu de adopcion ou .. que che queda moi grande a ti ou a calquera) eu si estaba no mitin pero ti está claro q non. Preguntalle ben aos espias, axentes secretos que che ocnten a verdade. O unico insulto q se escoitou foi o de unha señora que non era da candidataura do pp de melide que lle chamou inutil a Rodriguez Zapatero. Nin un so insulto mais.
nnon se pode dicir o mesmo do mitin do BNG (ao mellor te estabas moi ocupado traballando e buscando espias) pero recordo que Santin empezou chamando mercenarios aos do PP. Ayy non perdona, que como non son un estudiado non me aocrdaba que estaban falando do Equipo A da tele de fai anos. HOme por favor!!!
Mentiras?? supoño que si. COma nos dous lados porque as duas (Soqui e Anxeles) sairon con fotos e novas no periodico con proxectos e obras que non estan en ningunha parte.
Sentidiño e no que vemos tod@s non se pode mentir tan descaradamente!!!
105. luis escrito o 21 de Maio de 2011 ás 19:27
Creo q gran parte do pobo de Melide non vai a apoiar a candidatura de Soqui polo descontento que hai con ela. Canto tempo tardaron alguns membros da anterior candidatura en saber que ian ter “motivos persoais” para abandonar a candidatura?
Por moito que estes ultimos 15 dias paseen e tomen cafes todos xuntos en amor e compañia en todolos bares de Melide.
Os extremos sempre son malos.
So espero que Anxeles o saiba aproveitar, que non defraude como xa pasou mais veces; e que Soqui aprenda q a xente confiara nela e levou unha decepcion. Estivo moi ben apoiar a todas as asociacions e veciños antes de chegar ao poder. Pero habia que continuar como se puidera, ainda que fose con menos cartos.
Que gañe MELIDE maña, sexa quen sexa ao final o que teña o titulo de alcalde.
106. Os teus ollos escrito o 21 de Maio de 2011 ás 20:19
Anuncian que han enviado a la Xunta la solicitud para hacer la Festa do Melindre de Interese Turístico.
E…tamén aproveitaron para subir o soldo 5.000 euros máis ó ano a un empregado municipal…, pero iso non pode publicitarse, non queda moi ben, non?
107. xose escrito o 21 de Maio de 2011 ás 21:56
Q bonitiños todos como ovellas o dia de reflexion vestidos de verde!!!!!
Cansamonos de criticar e criticar o que os demais fan mal e caemos en baixezas coma estas no dia e ano en que estamos!!!Dia de reflexxion sen poder facer campaña: q coincidencia que uns cantos do BNG se vistan igual con eslogan incluido!!!
pensei que non habia tanta desesperacion!!!!
Alá eles!!! Pero os demais non somos todos tontos por pensar diferente.
Para algo temos cerebro!!! e non somos ovellas seguindo un pastor
108. Samurai escrito o 22 de Maio de 2011 ás 0:50
Non vou contestar ao meirande dos últimos comentarios, porque están tan desconectados da realidade e son tan hooligans que non paga a pena meter o pé en tanta bazofia.
Mais chegoume á alma o 107. Xose, es un miserable e un canalla. E dígocho con todas as letras porque esas camisetas verdes que mencionas tiñan por slogan “pedaleamos por ti” e eran para animar a catro ciclistas que se ofreceron a facer o Camiño de Santiago nunha xornada dende o Cebreiro. Ofrecéronse para apoiar a unha rapaza que está a sufrir unha terrible enfermidade, e non vou dar máis detalles porque non merecedes coñecelos, asi como non vos preocupástedes por coñecelos antes de escribir as barbaridades que escribistes. Seguide enzoufándavos en todo o esterco que vomitan as vosas bocas. Eu, simplemente, irei mañá votar; e boa parte de Melide, tamén. E non a favor do BNG, senón en contra do PP e todo o que representades.
109. verde escrito o 22 de Maio de 2011 ás 2:20
Dirixido á entrada nº 107 e que asina un tal Xosé.
Antes de falar dun tema procura informarte algo, por favor.
O BNG nunca fixo campaña o día de reflexión, nunca. O PP non pode dicir o mesmo, que che quede claro.
Na vida hai moito máis que política. Parece que ti ves política en todo. Que pena, dás pena!.
107, non sei quen eres nin me importa pero co que escribes na túa entrada demostras ser unha persoa moi mala, impresentable, con odio tremendo cara o BNG.
Dás lástima, de verdade!.
Por certo, infórmoche de que os catro ciclistas chegaron a Santiago e cumpriron así a ofrenda persoal que tiñan, que nada tiña que ver coa política, nada.
Véñenme á mente moitos calificativos malos para definirte, pero vou durmir. Non perdo un minuto máis con persoas da túa clase.
110. Patio escrito o 22 de Maio de 2011 ás 9:29
Según o visto nas redes sociais…que é o máximo que palpamos os que estamos fora de Melide….Vaia campaña se se marcou!!!estache ben o conto…..Unha guerra sucia e con bastsante pouco respeto. No momento no que un está a pensar quen pode estar detrás de cada comentario, creo que xa pasa de ser unha defensa de ideas a un ataque persoal, e iso por desgraza viuse moito nesta campaña, quero pensar que máis por parte dos votantes que polos propios políticos. Unha guerra de descalificacións, de levala contraria en todo, na que só se demostrou que cada un está metido nunhas siglas e vai protestar por todo o que non esté dentro delas, non o entendo. Que máis como en quen faga as cousas, o contrario sempre vai a protestar, sempre. E agora que xa temos as redes sociais, e que todo queda ahí plasmado, veremos dentro de 4 anos as mesmas cousas. Se quedan os mesmos, veremos exactamente esta misma guerra, e se hai cambio de goberno, veremos as cousas agora feitas por uns e criticadas polos outros, feitas polos outos e criticadas por uns, inda que sexa o mesmo que fixeron os outros. É imposible non esperar que eso cambie, pero por desgraza…. sempre acaba pasando o mesmo
111. XHaRoY escrito o 22 de Maio de 2011 ás 19:26
En fin, parece que todo vale as veces con tal de gañar… iso é o que provocou o movemente 15M.
Deixade os ataques persoais a un lado e que cada un vote ao candidato que considere máis idóneo para o pobo. Que valore o que se fixo os últimos 4 anos… e o que os 16? anos anteriores… e que valore que opción é mellor.
Un saúdo.
112. marcus.es » Eleccións 2011: novo cambio en Melide escrito o 22 de Maio de 2011 ás 21:53
[...] curiosidade non podo evitar comentar que neste blogue ninguén prognosticou este resultado. Estamos ante un resultado sorprendente sen lugar a dúbidas. por Marcus | en español | escrito [...]
113. Xose escrito o 22 de Maio de 2011 ás 22:29
Menuda coincidencia o paso dos ciclistas . Non se podian facer carteis para avisar??? ou na radio melide q e de todos???? Se se soubese ao mellor en vez de 4 persoas coincidencia q sabian a noticia do BNG, poderiamos estar 40 ou 400 de todos os partidos pero.. o dito creo q foi unha mala coincidencia e que non lles fixo ningun favor ( fose campaña ou non).
un saudo e… non todo e politica non. Afortunadamente a cousas, e moitas ,moito mais importantes.
114. Xose escrito o 22 de Maio de 2011 ás 22:30
P.D. parabens ao PP
115. Jesús escrito o 22 de Maio de 2011 ás 23:22
Señor Xosé ,falo como directivo do Clube Ciclista Melidense,grupo de xente que decidíu e prometéu facer O Camiño dende O Cebreiro en solidaridade con unha persoa e coa súa familia que está pasando momentos difíciles , momentos que non se lle desexan nin o peor inimigo e hai que ser moi miserable para meter no medio temas de política nin de campaña .Antes de xuzgar débese ún de informar.Como membro deste clube informolle que pasamos 7 horas 40 minutos encima da bici e, brindamos o noso esforzo por unha causa que calquer ben nado diría que é noble. Os custos non lle custaron nada o Concello nin a ninguén máis que o noso peto, o sudor tamén o puxemos nós , e o ánimo puxérono persoas que así o quixeron facer porque souberon da causa.Entre as persoas que nos animaron con camisetas que nós mercamos tamén estaban as miñas fillas por iso lle pido que retire as súas palabras ofensivas pois elas nunca ofenderon a ninguén , e a súa educación non vai orientada a ser OVELLAS aínda que nos mundos que vivimos sexa o que prevaleza.
116. Xose escrito o 22 de Maio de 2011 ás 23:38
non sexades parvos, non e por vos nin polo que fixestes (moi loable) e pola coincidencia de ver os dun cor politico o dia de reflexion cun eslogan que era moi ambiguo, a culpa e deles por non darse conta do que estaban a facer e non aclaralo. Ninguen pon en duda o que fixestes nin porque, pero algun estaba nunha lista politica en dia de reflexion na terraza dos bares. Os que teñen que informarse da lei electoral son eles e buscar outro xeito de animar.
De todos xeitos, sin saber a causa, felicitarvos polo feito e insitir no mal feito por eles. Si se soupese a verdade de forma clara (e non de forma escura como fixeron todo) serian moitos mais e de moitos partidos.
Un saudo.
117. Jesús escrito o 23 de Maio de 2011 ás 14:36
Señor Xosé , o lema das camisetas elexino eu , e era en apoio a persoa afectada que , por outra parte , pedíume quedar no anonimato . Pero esa persoa ten familia , que quixo apoiarnos no noso esforzo pois non somos profesionais,e esa familia ten amigos que coinciden con ser tamén dunha candidatura .Non buscamos publicidade nin marketin de ningún tipo, os sentimentos son algo máis intimo, e as persoas aínda que sexan dun cor político teñen dereito a telos .¿ Ou a señora Anxeles non podería por exemplo asistir a un enterro dun familiar de un amigo íntimo por ser día de reflexíon ? .Pois eu chamaríalle a eso solidaridade con un amigo, nada máis . Pero cada un que vexa as cousas como lle pareza . Pero sigo agardando as súas disculpas por insultar as miñas fillas e a outras persoas menores , repito MENORES.Agóchese vostede no anonimato si así o desexa ,doulle ventaxa,pero vostede a mín coñéceme e se tivera un mínimo de cabalerosidade ,podería dirixirse a mín pola rúa .Digo esto pois como din os do méu gremio ,se hoxe non pon esas disculpas , corto e cerro filamentos ,como decía O Sabio de Petos :non gasto polvora fina en gorrións
118. Xose escrito o 23 de Maio de 2011 ás 15:05
Xa dixen, que non entendedes ou non queredes entender, e ninguen fala nin de vos, ni do que faciades (moi loable, repito outra vez), pero os que estan nunha candidatura estan baixo a lei electoral y non podian facer nada parecido.Se o queres traer o plano persoal, repitoche que te equivocas, non era nada contigo nin con ningunha menor ou maior, esta dirixido os que pertencen a unha candidatura e estan en dia de reflexion. Evidentemente se o tomache polo lado persoal pedirche disculpas, pero os comentarios non eran para ti, nin para as tuas fillas.
Dito esto gardo eu tamen a polvora, hai que gastala con quen hai q
119. Jesús escrito o 23 de Maio de 2011 ás 15:17
Acepto as disculpas.Corto e cerro
120. rosy rodriguez escrito o 25 de Maio de 2011 ás 20:09
queria contestarle al tal xose por el comentario 107 :
tu comentario viene por la politica sin pensar que detras de un politico hay una persona,hay una familia,hay una vida,y muchisimas cosas mas…..el problema es que hay politicos o gente en la sombra de un partido que se dedican a hacer daño,y todo por unos eurillos,como tu,que eres un AUTENTICO SINVERGUENZA por decir lo de las camisetas verdes,eres DESPRECIABLE….yo tengo nombre y apellido,no como tu que lanzas las cosas sin tener puta idea del tema….nada mas que añadir