Domingo, 8 de Maio de 2011

Chicho sae na TVG co gallo da Festa do Melindre

ChichoHai cousa de 5 anos comentaba neste espazo que Chicho, o mono que temos no patio en Melide e que case todos os anos anima o expositor da cafetería Estilo durante a Festa do Melindre, saíra (unha vez máis) en La Voz de Galicia, e este ano chupou cámara na TVG, concretamente no programa A Revista:

Xa me comentaron que como continúe coa súa carreira fulgurante van ter que mirar de metelo facendo un cameo na nova película La Rebelión del Planeta de los Simios, que ten unha pintaza se atendemos ao seu trailer:

O que ten é que, como o Chicho apareza cuns melindres, vai acabar a rebelión, e os simios van pacificarse de vez.

Sábado, 7 de Maio de 2011

Entrevista a Ángeles Vázquez en Dez TV

Continuando coa vaga de vídeos políticos dos últimos días, Dez TV vén de publicar en YouTube unha entrevista á candidata popular á alcaldía de Melide:

Supoño que nos vindeiros días veremos entrevistas ao resto de candidatos melidenses.

Venres, 6 de Maio de 2011

A pegada de carteis en Melide

Coido que é a primeira vez que vexo cómo é a pegada de carteis ao comezo dunhas eleccións municipais en Melide. Graciñas a Dez TV polo documento gráfico:

Vale que no caso do PSdeG-PSOE, deberiamos dicir grapada de carteis, ¿non? ;)

Bota a andar a campaña electoral en Melide

Como quen non corre, voa, o Partido Popular de Melide xa ten o vídeo do inicio da campaña electoral no que fan un repaso do mandato de Ángelez Vázquez instando a repetir os seus éxitos á vez que critican os últimos catro anos de goberno municipal:

Aínda que non guste nadiña de ver imaxes estáticas en vídeo e prácticas polo estilo, resultoume especialmente gracioso o xeito no que amosaron o goberno bipartito local, con imaxes en branco e negro e música inquedante. :P
Estou realmente impresionado pola cantidade de vídeos sobre a política local que podemos ver este ano, atendendo unha demanda que nas vilas non pode atender a TDT nin as emisoras de radio locais como acontece nas cidades. Estaría ben que puidesemos ter tanta información municipal fóra do período electoral, ¿verdade?

Xoves, 5 de Maio de 2011

ExpOtaku volve a EXPOCoruña nun par de semanas

ExpOtaku 2011Tras o éxito da edición de 2010, entre os días 20 e 22 de maio EXPOCoruña vai acoller o II Salón do Manga de Galicia coñecido como ExpOtaku, que promete xuntar a moitísimos seareiros dos comics e as series de televisión made in Japan se temos en conta que xa hai máis de 400 persoas que confirmaron a través de Facebook a súa asistencia.
Os interesados en asistir deberán pagar 3 euros/día ou 7 euros polos 3 días, aínda que o domingo 22 a xente que vaia disfrazada de personaxes de manga poderá acudir de balde.
O programa de actividades aínda non está pechado, pero supoño que será semellante ao do ano pasado, polo que a diversión estará asegurada. Espero que desta volta o evento tamén sirva de anticipo do RetroCoruña 2011 que terá lugar a primeiros de xullo.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios