Xoves, 19 de Maio de 2011

Evan Longoria e o seu sentido arácnido

Supoño que sabedes que Spider-Man ten un sentido arácnido que permítelle predicir o perigo para evitalo ou protexer aos inocentes, e agora un vídeo de YouTube está a causar furor ao amosar ao xogador de baseball Evan Longoria facer uso de tal habilidade, superando nun par de semanas os 2 millóns de reproducións:

Antes de que pensedes que o xogador dos Tampa Bay Rays é parente de Peter Parker avisarei de que é imaxe da marca Gillette, ou sexa, que ou estamos ante un fake con intencións publicitarias ou o californiano ten a man rota (e uns compañeiros de equipo inconscientes, que tras poder ter ferido a unha reporteira dunha canle descoñecida seguen coma se nada pasase)… pero iso non debe de quitarnos a ilusión de ver un vídeo bastante curioso co que deixar flipaos aos amigos.

Martes, 17 de Maio de 2011

Prognóstico para as eleccións municipais

Non teño bola de pitonisa nin son Rappel e, de feito, tendo a equivocarme nas predicións políticas, pero como ten certa graza xogar a adiviñar o futuro, gustaríame dar a coñecer o resultado que penso que van ter as eleccións e animarvos a que compartades as vosas predicións nos comentarios.
Para comezar habería que facer repaso dos resultados de anos anteriores:

Municipais 2007 Municipais 2003 Municipais 1999

PP: 6 (2.443 votos - 45,58%)
BNG: 6 (2.158 votos - 40,45%)
PSdeG: 1 (499 votos - 9,31%)
CIDEGA: 0 (213 votos - 3,98%)

PP: 7 (2.758 - 53,51%)
BNG: 4 (1.428 - 27,71%)
PSdeG: 2 (913 - 17,71%)

PP: 9 (3.034 votos - 59,2%)
BNG: 2 (894 votos - 17,44%)
DG: 2 (858 votos - 16,74%)
PSdeG: 0 (293 votos - 5,72%)

Entendo que os datos non van seguir en progresión, e que vai haber un cambio de rumbo, polo que apostaría a que a cousa vai quedar así:

PP: 7 - BNG: 5 - PSdeG: 1

Para tal predición non me baseo nin nos meus desexos nin nun balance do goberno municipal, senón dunha sensación que teño. Podo estar moi errado, pero coido que neste momento as forzas do bipartito están en retroceso na meirande parte de Galicia, e aínda que moitas das cidades galegas o PP quedará lonxe de poder gobernar, en Melide parte dunha posición forte (cun chan moi alto) e un pequeno incremento de votos chegaríalle para a maioría absoluta.
¿Será a cousa tan predicible? ¿Manterase a relación de formas actual? ¿Teremos algunha sorpresa? Agardo os vosos comentarios.

ACTUALIZACIÓN: Nos comentarios as distintas predicións son as seguintes:

Nome PP BNG PSdeG
Marcus 7 5 1
Os teus ollos 8 3 2
Gaioso 6 5 2
Marga 7 5 1
Marius 7 4 2
Le Courbosier 6 6 1
Dnoe 6 7 0
Ensaimada 6 6 1
María 5 7 1
Un 7 5 1
Xesús 5 7 1
Alkius 8 5 0
María Sen Batería 8 5 0
Xorpion 8 4 1
Ana López 0 11 2
Lagharto 5 6 2
Melide 6 6 1
Pitoniso 7 5 1
Suso 5 7 1
Xiglesias 7 5 1
Josiño 6 6 1
Samurai 5 7 1
Vaidecaral 8 4 1
Noite 7 5 1
Mikel 5 7 1
Arzuán 5 7 1
Flauter 4 8 1
Carmen 5 7 1
Pedro 5 7 1
Luis 7 5 1
Os teus ollos (muller) 9 4 0

ACTUALIZACIÓN (20-5-2011 ás 23:52 horas): Atendendo aos resultados desta mini-enquisa, teriamos unhas medias de PP: 6,13, BNG: 5,84 e PSdeG-PSOE: 1,03, ou sexa, que repetiríase a actual composición do Goberno municipal, aínda que o domingo xa saberemos os resultados da única enquisa que importa.

Os candidatos á alcaldía de Melide en El Correo Gallego

Hoxe en El Correo Gallego podemos ver uns perfís dos distintos candidatos á alcaldía melidense, que poden servir a xeito de contraste. Por unha banda sae a actual alcaldesa en funcións, Socorro Cea:

Cea: “Foi o período de maior adxudicación pública en Melide”

La alcaldesa destaca programas dinamizadores puestos en marcha durante esta legislatura

Soqui CeaDespués de cuatro años al frente del Ayuntamiento, la regidora de Melide y candidata a la alcaldía por el BNG, Socorro Cea, centra su balance del mandato que está punto de terminar en dos aspectos: “o desenvolvemento de programas completamente novos e dinamizadores dos distintos campos sociais e as infraestruturas e investimentos”.
Ver o resto do artigo ▼

Tamén fan un achegamento ao actual tenente de alcaldesa en funcións, Manuel Prado:

Manuel Prado (PSOE): “Estamos moi orgullosos de todo o traballo realizado”

El alcaldable socialista hace una valoración muy positiva de su paso por el ejecutivo

Manolo PradoHa sido el socio de gobierno de Socorro Cea durante este mandato. Con la responsabilidad de la tenencia de alcaldía sobre sus espaldas y delegado de las áreas de Medio Ambiente, Seguridade Cidadá, Servizos, Educación y Traballo, el socialista Manuel Prado se muestra “orgulloso de todo o traballo feito durante estes catro anos”.
Ver resto do artigo ▼

Para rematar, tamén dedican un espazo á candidata popular á alcaldía, Ángeles Vázquez:

Vázquez (PP): “Houbo un goberno que se mantivo afastado da realidade”

La candidata popular afirma que el ejecutivo “triplicou a débeda a preto de 4 millóns de €”

Ángeles VázquezDesde las filas del PP, la alcaldable, Ánxeles Vázquez, asegura que esta legislatura “foron catro anos perdidos” en los que los vecinos se encontraron “cun goberno municipal do BNG e o PSOE afastado da realidade”, ya que “se centraron nunha batalla interna sobre as xestións de áreas, a competencia ou incompetencia na xestión de servizos, a búsqueda de protagonismo por riba da eficiencia na xestión, etc.”.
Ver resto do artigo ▼

Polo que se ve, cando máis preto estamos do domingo, máis lonxe estamos dun debate :(

Luns, 16 de Maio de 2011

¿Votantes do PP indignados?

Veñen de remitirme por correo electrónico unha copia escaneada dun panfleto que están a repartir polos portais de Melide no que pon o seguinte:

VOTANTES DO PP DE MELIDE INDIGNADOS INFORMAN

Veciños e veciñas de Melide:

Un numeroso grupo de veciños e ata agora sempre votantes do Partido Popular queremos advertirvos de que estamos completamente indignados e molestos coa candidata do PP, Ánxeles Vázquez e co presidente da Cooperativa Melisanto, Pablo Costoya, pola actitude que tiveron, ao ceder os seus terreos ao Concello de Boimorto para o deporte da caza, en prexuízo dos veciños de Melide.

Os votantes consideramos moi grave que o PP elixise a Ánxeles Vázquez como candidata a alcaldesa para o Concello de Melide, pois demostrou con esta e con outras actitudes que é unha persoa na que “NON SE PODE CONFIAR“, O único que sabe facer, Ánxeles Vázquez é enganar a todos os veciños, ofrecéndolles promesas como postos de
traballo a moita xente nova, que sabe xa de antemán que non vai ser capaz de cumprir.

Non podemos votar a unha persoa que non mira polos intereses da xente de Melide, que o único que lle interesa é o seu interese persoal, e que demostra día a día cos seus actos o pouco que lle quere a Melide e aos melidenses.

Pensade que se a candidata do PP foi capaz de ceder terreos do noso concello para outro concello veciño, será capaz de derivar calquera outra cousa que se Ile poña por diante con tal de conseguir os seus logros, aínda que iso repercuta negativamente en todos nós. Alguén así non é digno de representar a todos os melidenses. Por eso pedímosvos encarecidamente que teñades todo isto en conta, e que o meditedes profundamente antes de depositar a vosa confianza nela.

Votantes do PP indignados

Admito que non gusto nadiña deste tipo de anónimos, pois está claro que ter votado ao PP no pasado non serve para identificar a ninguén (lembremos que na época de Miguel Pampín o partido arrasaba, polo que o que antes eran votantes do PP en calquera momento son votantes de calquera outro partido, ou sexa que entre simpatizante e militante hai moita diferenza).
Se alguén quere mudar o funcionamento dos partidos políticos o que ten que facer é traballar para conseguir tal dende dentro. Ese é o modelo democrático que temos en España, e hai que roelo.

ACTUALIZACIÓN: Veñen de comunicarme que o Partido Popular de Melide formalizou unha denuncia contra o responsable do panfleto que figura nesta páxina. Non sei cómo rematará o conto, pero está claro que realizar comunicacións públicas deste tipo racha coas normas democráticas, especialmente en período electoral. Agardemos que nos vindeiros días non vexamos prácticas semellantes e a actividade política limítese á propaganda e aos mitins. Gustaríame poder ver un debate no que se enfrontasen as distintas partes dun xeito máis aberto e transparente, pero supoño que ao final non teremos a fortuna de velo.

Domingo, 15 de Maio de 2011

Este luns é o mitin do PSdeG-PSOE en Melide

Hoxe pola vila resultoume curioso ver un par de carteis anunciando eventos que van ter lugar nos vindeiros días:
carteis en Melide
Por unha banda temos que o luns ás 21:45 horas no Colexio Público nº 1 vai ter lugar o mitin do PSdeG-PSOE, no que intervirán José García Penas, membro da candidatura municipal, Silvia Fraga, deputada autonómica, Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación de A Coruña, e Manuel Prado Puga, candidato á alcaldía de Melide.
Pareceume raro que o resto de partidos non tivesen carteis anunciando cadanseu mitin, simplemente polo feito de que o domingo é cando pasa pola vila moita xente das aldeas, e é unha boa ocasión para comunicar a data e o lugar deste tipo de eventos.

Pero o máis curios de todo foi descubrir que a vindeira fin de semana vai estar o Circo Richard Bros actuando na vila, ou sexa, que van coincidir as eleccións co circo. Moitos considerarán esta coincidencia premonitoria ;)

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios