Domingo, 22 de Maio de 2011

Eleccións Municipais 2011: novo cambio en Melide

Multiusos de Melide
A xornada electoral de hoxe prometía ser movida, e pola mañá a min deume a impresión de que a participación era impresionante (o que normalmente implica un cambio), e as cifras déronme a razón, pois a participación matutina pasou do 30,79% ao 35,37%, quedando ao pechar as mesas do 55,63% ao 58,36%, o que serve para lexitimar os comicios.
Pero admito que estou moi impresionado polos primeiros resultados, pois co 16,12% escrutado queda do seguinte xeito:

CANDIDATURAS VOTOS CONCELLEIROS
Partido Popular (PP) 554 (61,49%) 9
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 234 (25,97%) 3
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) 104 (11,54%) 1

Coido que, por moito que cambie a cousa, a vitoria do Partido Popular en Melide é rotunda, polo que nos vindeiros días a actual corporación deberá reflexionar sobre o que levou a este cambio do cambio, pois parece claro o desencanto da vila co que se fixo nos últimos 4 anos.

Ver actualizacións intermedias ▼

ACTUALIZACIÓN (22:45): Co 100% do voto escrutado, os resultados en Melide quedan como segue:

CANDIDATURAS VOTOS CONCELLEIROS
Partido Popular (PP) 2.755 (55,13%) 8
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 1.615 (32,32%) 4
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) 545 (10,91%) 1

Chega agora o tempo de dar os parabéns ao Partido Popular de Melide polo seu resultado nos comicios, e agardar que o fagan o mellor posible nos 4 anos que temos por diante.
Tamén destacar que Xorpion, Vaidecaral e Flauter atinaron no seu prognóstico, mentres que as previsións electorais publicadas no blog de PETOTRASEA (con 8 escenarios distintos) non deron pé con bola.

Podemos facer un resumo histórico para analizar estes resultados:

Municipais 2011 Municipais 2007 Municipais 2003 Municipais 1999

PP: 8
(2.755 - 55,13%)
BNG: 4
(1.615 - 32,32%)
PSdeG: 1
(545 - 10,91%)

PP: 6
(2.443 - 45,58%)
BNG: 6
(2.158 - 40,45%)
PSdeG: 1
(499 - 9,31%)
CIDEGA: 0
(213 - 3,98%)

PP: 7
(2.758 - 53,51%)
BNG: 4
(1.428 - 27,71%)
PSdeG: 2
(913 - 17,71%)

PP: 9
(3.034 - 59,2%)
BNG: 2
(894 - 17,44%)
DG: 2
(858 - 16,74%)
PSdeG: 0
(293 - 5,72%)

Con estes resultados case podemos dicir que o PSdeG-PSOE en Melide está a consolidar un chan en Melide (o que ten o seu mérito) superando incluso o número de apoios, pero que o BNG perdese 543 votos e que o PP gañase 312 votos parece reflictir un desencanto xeral cara á formación nacionalista (non só houbo traspaso de votos ao PP, senón que disparáronse os votos en branco e nulos de 37 a 82 e de 32 a 109 respectivamente, ou sexa, que hai uns 122 veciños máis que en 2007 que en vez de quedar na casa quixeron amosar o seu descontento coas candidaturas existentes).

No tocante ás vilas veciñas, xa rematou o escrutinio cos seguintes resultados:
- Santiso: PP (4) - BNG (2) - PSdeG-PSOE (2) - IS (1)
- Toques: PP (4) - XCPT (3) - BNG (2)
- Arzúa: BNG (6) - PP (6) - PSdeG-PSOE (1)
- Palas de Rei: PP (6) - PSdeG-PSOE (5)
O escrutinio en Palas aínda non rematou, pero parece estar todo o peixe vendido en vista da diferenza entre o PP e o PSdeG-PSOE, non repetíndose o resultado axustado de 2007.

ACTUALIZACIÓN (23:50): Confírmase o resultado de Palas de Rei co 100% do escrutino completado. O PP gaña por un concelleiro e por 165 votos (ou sexa, que o PSdeG-PSOE non gañaría nin contando cos 115 votos que levou o BNG).

ACTUALIZACIÓN (25-5-2011): PETOTRASEA vén de publicar un artigo no que se inclúe información por mesas electorais.

Venres, 20 de Maio de 2011

Novo panfleto cinexético nas rúas de Melide

Veñen de remitirme por e-mail outro panfleto que está a circular por Melide, que bota máis leña ao lume:

ANXELES VAZQUEZ COMA SEMPRE ENGANANDO E PERXUDICANDO O SEO POBO

82.93% DOS CAZADORES E VOTANTES DO PP DE MELIDE INDIGNADOS

Ante a aparición de panfletos baixo una rúbrica que non responde á realidade, nos que faise una “defensa” do comportamento e forma de actuar de Anxeles Vázquez, candidata do PP á Alcaldía de Melide, vémonos na obriga de informar ós veciños e veciñas de Melide do seguinte:

1).- Non é certo que os cazadores de Melide mostren o seu acordo coa actitud de Anxeles Vázquez, posto que o presente escrito está avalado polo 82.93% dos membros de Tecor de Melide. O panfleto en cuestión únicamente contaría co “apoio” do 17.07%, e decir, os perdedores das recentes eleccións, que parecen querer boicotear ese resultado maioritario, téndose a sospeita de que, detrás deles, pode haber intereses políticos da candidata do PP ao Concello de Melide.

2).- Tampoco é certo que o “pacto” ao que chegaron o Presidente da Sociedade Cinexética de Boimorto e o presidente da Sociedade da Caza de Melide, fose en absoluto consensuado, nin se levara a cabo coa mediación de Anxeles Vázquez, senón que debéuse a presións da Consellería de Medio Ambiente, que impuso a firma do acordo baixo a “amenaza” de rebaixar a extensión do Tecor de Melide, quitando do mesmo fincas, e deixando outra hoxe incluidas no dito Tecor como “refuxios de fauna” e “libres”.

3).- Non é certo que Anxeles Vázquez non cedeu terreos ao Concello de Boimorto, senón que. tanto ela, como os seus pais, cederon fincas situadas en Melide ao Tecor de Boimorto, do que agora forman parte, como tamén pode estar osbstaculizando e retrasando as ampliacións do Tecor de Melide presentadas na Consellería.

4).- Pódese afirmar que incluso Anxeles Vázquez mantén una actitud prepotente cos veciños que non están de acordo con ela.con comportamentos ameazantes e despectivos, e chegou ao noso coñecemento que pode ter contratado detectives privados para viaxar e controlar os movementos de certas persoas que non comulgan coa súa forma de “facer política”.

Non é de recibo que una persoa que defende os intereses do Concello de Boimorto sexa a candidata a Alcaldía do Concello de Melide polo PP, non quedando outra opción que manifestar noso total rexeitamento coa forma de proceder do PP na elección de dita candidata.

O señor Pablo Costolla tamén cedeu os seus dereitos cinexéticos ó Concello de Boimorto.

Uff, isto xa está a converterse nun cruce de acusacións ridículo. Reitero que se tivesen feito un debate público os 3 candidatos poderiamos ter aforrado todo este rebumbio. :(
E eu pensando que estes días os indignados eran os mozos que participaban nas mobilizacións do #15m.

Indignación dos cazadores de Melide

Esta mañá remitíronme un novo folleto que está a circular por Melide e que parece ser unha resposta ao do pasado luns, e contén o seguinte texto:

OS CAZADORES DE MELlDE INDIGNADOS COA UTILIZACiÓN POLÍTICA DO DEPORTE DA CAZA

Os cazadores de Melide rexeitan a actitud e de certas persoas que, escondéndose no anonimato, están intentando politizar o deporte da caza.

Ante todo iso, os cazadores de Melide temos que facer publico este manifesto e aclarar á poboación que as acusacións vertidas sobre Anxeles Vázquez e Pablo Costoya son falsas na súa totalidade e son realizadas por personas que amosan a súa cobardía mediante o anonimato.

Queremos informar que o pasado día 29 de abril de 2011, o Presidente da Sociedade Cinexéticade Boimorto e o Presidente da Sociedade de Caza de Melide (Don Manuel García Vázquez) chegaron a un PACTO entre ambas sociedades diante de representantes da Xunta de Galicia, sendo Anxeles Vázguez a mediadora para conseguir dito acordo.

En dito pacto ambas partes acordaron:

1.- Aprobar a delimitación dos tecores, nun mapa que foi asinado polas partes.

2.- Ambas sociedades se comprometen a non presentar nin promover solicitudes de segregación ou exclusión de fincas de tecor nas parroquias obxecto do expediente (Maceda, Orois , Baltar e Golán) por un período de 15 anos.

3.- A Sociedade Cinexética de Boimorto se compromete a non presentar nin promover alegacións ao expediente de ampliación promovido pola Sociedade de Caza de Melide para a inclusión da parroquia de Vitiriz-Santalla no seu territorio cinexético.

4.- A Sociedade de Caza de Melide se compromete a desistir da denuncia .contra o representante do Tecor de Boimorto, recoñecendo a Sociedade de Caza de Melide que o citado representante nada tivo que ver co feíto denunciado.

reventar un pacto.

Podemos os cazadores de Melide confiar en persoas que desexan

entre sociedades aos 15 días de asinalo?

Por outra banda, desexarmos aclarar que Anxeles Vázguez non puido ceder ningún terreno ao concello de Boimorto posto que só é propietaria dunha finca situada nos Anxeles (Melide).

Podemos os cazadores de Melide confiar en personas que desexan chantaxear aos políticos do Partido Popular para conseguir prebendas persoais?

NON, os cazadores de Melide desexamos desenvolver pacíficamente o noso deporte e aqueles que teñan gañas ou inquedanzas políticas, que o fagan de xeito público e coa verdade por diante.

Por último, desexamos agradecer a Anxeles Vázquez a súa mediación no conflicto entre ambas sociedades, conseguindo algo que non foi posible en 15 anos: rematar a disputa entre os cotos de Maceda e Melide … aínda que algúns só queren manter feridas abertas, custe o que custe.

Tamén inclúe copia do documento relativo ao pacto do que falan:
Escaneo
Non queda nada fino que haxa unha guerra panfletaria. Non gustei nada do feito de que este ano a campaña electoral dese a impresión de ser algo feito ás agachadas, en vez de amosar un enfrontamento dialéctico directo entre os candidatos. ¿Tanto custaba organizar un debate?

Aproveito para comentar que esta noite ás 22:00 horas terá lugar o mitin final do Partido Popular na Sala Paladium (non avisei do que celebrou o BNG onte porque non vin tal información na Rede antes :( ). Despois haberá que pechar a boca durante a anacrónica xornada de reflexión electoral, para que o domingo volva a facerse campaña pura e dura (así de ridícula é a nosa lexislación electoral).
O domingo pola noite procurarei actualizar case en tempo real os resultados das eleccións no Concello de Melide, para que a xente poida ter información puntual sen ter que andar a atender aos subtítulos da TVG para saber cómo quedará o Goberno municipal na vila.

Xoves, 19 de Maio de 2011

Comeza a actividade para a A. C. Melide Vida Musical

Dende a Asociación Cultural Melide Vida Musical pídenme que difunda o seguinte comunicado:

La Asociación Cultural Melide Vida Musical, comenzará sus ensayos para las actuaciones previstas para este verano.

Concerto de AninovoComo viene siendo habitual, un año más, esta Asociación reanudará, el próximo sábado día 21de Mayo, sus ensayos a las 11 de la mañana, en el local situado en la Travesía del campo Grande s/n, de Melide, con el fin de preparar los conciertos programados para el próximo verano.
Su orquesta de cuerda, que este año va a contar con nuevos componentes, está formada por 35 músicos, de entre 8 y 17 años que guiados por 4 profesores y acompañados por sus violines, violoncellos, piano, flauta bajo, contrabajo, batería y voz hacen que sus conciertos se hayan convertido ya en referente para la comarca de Melide, como así lo demuestra el numeroso público que acude siempre a las actuaciones de estos pequeños.
Desde esta asociación les recuerdan una vez más, a todos aquellos que tengan algún conocimiento musical o que de alguna manera quieran colaborar con esta asociación, que ahora es el momento idóneo para apuntarse o ponerse en contacto con nosotros.

Podedes contactar coa Asociación Cultural no correo electrónico melidevidamusical@hotmail.com.

Programa do PP para as eleccións municipais

O Partido Popular de Melide vén de publicar na súa páxina web o seu programa para as municipais:
tríptico do PP
Programa do PP

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios