Conta atrás para as municipais: Encontro dixital con Socorro Cea en El Correo Gallego
Tras os encontros dixitais con Ángelez Vázquez e Manuel Prado, en El Correo Gallego rematan coa presenza de Socorro Cea, actual rexedora e candidata do BNG á alcaldía melidense:
Socorro Cea
Candidata del BNG a la alcaldía de Melide
Moi boas tardes. Agradezo ao Correo Gallego a oportunidade que me brinda de poder contestar ás preguntas enviadas ata hoxe.
Procurarei ser concisa en moitas delas para poder contestar o maior número posible delas. Graciñas a todos e todas.
![]()
En estos momentos dificiles de crisis económica, no le parece un despilfarro emplear más dinero público en gastos judiciales derivados de las 7 vistas por despidos improcedentes que en invertir en promoción del polígono industrial o realizar obradoiros de empleo?
Teño que corrixilo porque levamos investido moito máis no parque empresarial que en xuízos. Os traballadores/as que denunciaron ao Concello de Melide foron en case todos os casos por rematarlles o seu contrato e non querer presentarse ás novas probas convocadas cumprindo estrictamente a legalidade.
Na maioría dos casos conseguiran o seu posto de traballo con nula publicidade e transparencia e cando tiveron que concorrer ás probas non as superaron, ou ben non se presentaron ás mesmas.Poderias explicar os veciños e veciñas de Melide a realidade de porque firmaches que estaba rematada a depuradora do polígono sin todavia estar empezada e o que fixeches con eses cartos??
Melide perdeu unha obra fundamental para o parque empresarial que o PP non foi capaz de conseguir en 16 anos de goberno. O próximo dia 25 de maio acudiremos ao xulgado de Arzúa para declarar. Estamos moi tranquilos aínda que preocupados porque o parque empresarial de Melide segue sen depuradora por culpa dunha denuncia do PP,cando xa debería estar funcionando hai máis de un ano. Con respecto aos cartos dicirlle que o segundo convenio asinado coa Xunta para esta obra nunca foi ingresado nin un só céntimo nas arcas municipais.
No caso de non sacar mayoria absoluta. Despois de estar 4 anos gobernando co psoe. Volverias a pactar con eles?.
Agaradamos conseguir maioría absoluta pois estou convencida de que os melidenses saberán valorar o traballo feito nos últimos catro anos dende o equipo de seis concelleiros/as do BNG. Mais, no caso de non acadar a maioría absoluta podemos pactar sen ningún problema co PSOE pois temos demostrado que foi un pacto de goberno positivo para Melide.
Sinceramente despois de pedir tantos prestamos, tanto o PP coma este goberno e de deber tantas facturas. Cres que se podera normalizar a situacion do concello algun día. Que poderemos chegar a decir como no caso doutros concellos, que non hai prestamos, que non hai facturas sen pagar, que Melide leva todo o día??
Herdamos un concello en risco de insolvencia, tal e como se recolle no informe do Consello de Contas do ano 2006, polo que non foi nada doado afrontar esta situación vendo as enormes necesidades de todo tipo que presentaba o Concello de Melide cando conseguimos o goberno no ano 2007. Para solventar a situación económica do concello fan falta varios anos de axustes e aforro, pero non podemos deixar de investir en obras e servizos fundamentais dos que se carecía (saneamento, auga, iluminación, máis axuda no fogar, mellores equipamentos deportivos e escolares,etc).
Despois dos éxitos acadados nos útimos catro anos, ¿Cales serán os obxectivos prioritarios para a seguinte lexistatura? Noraboa polo voso traballo e sorte
Non teremos nesta campaña grandes proxectos nin obras estrela, senón que queremos continuar o traballo iniciado. Resulta imposible dar solución ás moitas eivas e necesidades que tiña Melide hai anos. Sirva como exemplo o dato de que fomos capaces de mellorar máis de 50 rúas de Melide, o cal demostra o mal que estaba Melide no ano 2007. Seguiremos apostando por mellorar a calidade de vida dos melidenses a todos os niveis.
Vivo nunha parroquia melidense e fai 4 anos fun votante de BNG. Estou profundamente decepcionada coa sua xestión e pregúntome como foi capaz de invertir tanto no pobo e tan pouco no rural. ¿Esquenceuse das súas promesas de establecer un réxime de traida de augas municipal ou o establecemento de saneamento público? e non m diga q nalgunha parroquia o fixo pq a maioría non temos nada q agradcerlle
Descoñezo a que parroquia se refire, pero podo dicirlle que se investiu no rural nestes últimos catro anos máis que nos 16 anos de gobernno do PP. Debe ter en conta que Melide tiña 25 parroquias sen saneamento, dito doutro xeito, o 100% do rural melidense carecía de saneamento no ano 2007. Hoxe xa están rematadas obras de saneamento en San Martiño, Folladela, Santalla, Os Anxeles, A Garea, entre outras. Tamén se fixeron, por primeira vez, obras de traída de auga en diferntes núcleso rurais e melloráronse sete locais sociais (Furelos, Piñor, Santalla, Xubial, Folladela, Leboreiro, Gondollín). Insisto en que catro anos é totalmente insuficiente para cubrir as moitas necesidades do rural que tantos anos estivo esquecido, pero continuaremos no empeño. Dicirlle tamén que nuns días comezarán as obras de sinalización total de todas as parroquias e lugares de Melide. Os feitos son feitos, supoño que descoñecía a información que lle acabo de facilitar e agardo poder contar novamente coa sua confianza para concluír a nosa decidida aposta polo rural .
A miña noraboa pola xestión que levou a cabo no pobo. Conseguiron ordenar o tráfico e organizar moi ben a circulación na vila. As rúas teñen un asfalto digno de agradecer. Pero, ¿qué pasa coas pistas do rural? ¿por que aglomerado en quente para as ruas do pobo e gravilla para as pistas do rural? ¿porque todas as rúas con boa iluminación e as pistas só rozadas o día antes da festa?
Estou dacordo con vostede que o ideal sería aplicar aglomerado en todas as vías do Concello de Melide, ben sexan urbanas ou rurais, pero debe saber que iso é imposible por motivos económicos e técnicos nalgúns casos. De todos os xeitos, debe saber que as pistas principais que unen, por exemplo, Maceda con Orois ou a que une Melide con A Garea foron amañadas copn aglomerado. Nunca antes se fixera tal cousa no rural. Nos próximos anos seguiremos coas melloras nas parroquias.
Sería quen de manifestar os motivos "reais" que levaron a alterar a lista electoral de xeito tal que a metade dos seus actuais concelleiros atópanse agora como suplentes da mesma. De igual maneira plantéxose a cuestión de porque persoas que a acompañaron en 2007 rexeitaron facelo neste momento, constándome que tal rexeitamento tivo lugar.
No BNG non decide unha soa persoa os membros dunha candidatura. Tanta a candidata como os restantes candidatos/as foron elixidos por votación en asemblea. Estou moi satisfeita co resultado final e creo que os melidenses saberán valorar a capacidade das novas persoas. Os concelleiros saíntes fanno exclusivamente por motivos persoais e familiares e para permitir tamén que outras persoas con máis tempo poidan dedicarse por completo á tarefa de gobernar e atender o concello. Teñen todos eles a miña máxima consideración e amizade e seguirán apoiando plenamente este proxecto.
Fai 4 anos presentounos un programa ilusionante e unha candidata a alcaldesa afable e cercana cos seus concidadáns. A día de hoxe temos unha rexedora nada próxima aos melidenses. é consciente da pouca simpatía que por vostede manifesta a poboación, inclusive entre os seus propios votantes, dentro dos cales me incluín en 2007?
Respecto a súa opinión. Tento facer o meu traballo do xeito máis digno e honrado que podo e dar solución aos moitos problemas que xorden a diario no concello. Asegúrolle que son moitos os veciños e veciñas de Melide que pasan a diario pola alcaldía e procuro sempre atendelos e solucionar os seus problemas da mellor maneira.
Usted cuando era diputada provincial afirmaba que la Orquesta Sinfónica era muy importante para Melide y que había que potenciarla pues había sido injustamente tratada en los 3 últimos años del gobierno del PP y justo cuando es alcaldesa se la "carga" justificándolo por el hecho de que el gobierno del PP gastaba mucho en la Sinfónica de Melide ¿cual será su aptitud en el futuro?
Como ben di, cando era deputada provincial descoñecía moitas e graves irregularidades que rodeaban á Sinfónica de Melide como por exemplo que varios dos músicos desa orquestra estaban contratados polo Concello de Melide como profesores do Conservatorio municipal sen nunca pisar dito centro. Non estaba disposta a que se seguira engañando ao pobo de Melide destinando cartos públicos a unha entidade privada, e moito menos estaba disposta a pagar 60.000 euros por unha actuación da orquestra nas festas do verán do San Roque como se nos pediu no ano 2008.
Dado que a maioría dos investimentos que nestes catro anos se realizaron en Melide proveñen de fondos aportados polo goberno central (principalmente a través do Plan E), ¿qué debemos agradecerlle a esta corporación? ¿que obras levaron a cabo vostedes con fondos propiamente locais? enuméreos se é capaz
Unha distribución honrada e eficaz dos recursos. Dicirlle que as obras do Plan E foron moi importantes, pero debe lembrar que con ese Plan estatal puidemos, por exemplo, amañar unha rúa, a rúa Galicia. A restantes 49 ( rúa Catasol, Doutor Fleming, Campos, et…. ) son froito da boa xestión e de tentar conseguir convenios e recursos con outras administracións. Moitas das obras executadas teñen sempre unha parte achegada polo Concello de Melide. Nas obras do POS da Depuatción da Coruña sempre temos que achegar o 5%, por exemplo
Entendo q se atopou cnd comezou a gobernar cun edificio derrubado q era a nosa Casa da Cultura e q vai camiño d converterse no "Escorial Galego", ¿considera xusto a inversión millonaria q destinaron a tal obra tendo en conta o deplorable estado no que se atopan as pistas principais de cada parroquia? ¿tan esencial é rematar ese edificio a como dea lugar? DIGA A CANTIDADE INVERTIDA NSTA LEXISLATURA
O derribo da Casa da Cultura foi o erro máis grave cometido polo PP e a súa reconstrución supuxo xa un investimento de máis de 1,3 millóns de euros nas tres fases executadas por nós nos últimos catro anos. Temos xa garantizado 500.000 euros do Ministerio de Cultura para rematala totalmente grazas a unha emenda presentada polos deputados do BNG no Congreso dos Deputados. Entendimos que había que rematala pois non é de recibo que Melide estea sen Casa da Cultura dende hai oito anos.
Teño 24 anos e estudos universitarios rematados, con especialización incluída. E coma min moitas outras persoas en igual situación: a máxima formación e a mínima capacidade de emprego ou desenrolo en Melide. ¿para cando un plan serio para que as empresas ocupen o noso polígono? Que empresas se instalaron en melide nesta lexislatura e cantos postos de emprego xeneraron? concrete cifras por favor
Entendimos que era prioritario mellorar o parque empresarial para facelo máis atractivo ás empresas. Conseguimos executar a ampliación do polígono, pois no ano 2007 non había solo industrial dispoñible, solucionamos o problema da escasa potencia da auga, entre outras melloras. Por aí houbo que comezar.
Os vindeiros anos seguiremos investindo en melloras básicas das que carecíaUsted criticó la contratación de personal por PP. Nada más llegar al poder contrata "a dedo" a una asesora de comunicación y jefa de gabinete. ¿Es necesario que un ayuntamiento como Melide necesite tanta parafernalia? ¿No le servía algún personal del existente?
Criticó también el contrato por parte del PP del ex-secretario como asesor jurídoico ¿por qué lo sigue manteniendo después de 4 años?Podo dicir que, nunca antes houbo tanta transparencia e publicidade de todas as prazas. En canto a elixir a "dedo" dicirche que na administración pública existe a figura de persoal eventual, que é o caso da xornalista do Concello de Melide, Se de algo estou orgullosa no meu paso polo concello foi a de rematar coas prácticas clientelares do PP e de concursos escuros. A cantidade de persoas que se presentan a cada praza é o mellor xeito de demostrar que se fan ben as cousas.
Pregunteille a candidata d PP q m dixse q propostas presenta para o rural e respostoum q facilitará o acceso a internet. Resposta irrisoria tendo en conta q a maior parte da poboación é d idade avanzada e non vai empregar dito servizo, aínda q util pra outra part d poboacion. Non propuxo nada máis. Q aporta vostede? pq debería votarlle? q PROPOSTAS CONCRETAS oferta ás nosas esquencidas parroquias?
A mellora dos locais sociais foron o primeiro paso para conseguir un centros de reunión e atención a persoas maiores. Dotaremos aos centros do equipamento necesario para dinamizalos e darlles vida. Continuaremos, como dixen antes, coas obras básicas de saneamento, traída de augas, mellora de pistas,etc. Tamén implantarermos no rural o servizo de comedor sobre rodas para facilitar a vida dos maiores que viven sós, entre outras cousas.
Dado o bo estado no que se atopaban as pistas de baloncesto que están onde o Multiusos, era imprescindible colocar alí as pistas de pádel? non considera que hobese sido máis coherente deixar aquel espazo como estaba polo servizo q prestaba e instalar ditas pistas de pádel en outro espazo? Tratábase de construír non tamén de destruír.
Na parte traseira do multiusos, hoxe parque Rosalía de Castro, había unicamente unha pista cementada. Consideramos que os melidense merecen moito máis que iso se qureremos potenciar o deporte seguro. Hoxe temos dúas pistas de pádel, pista de multixogo, parque infnatil novo e unha remodelada zona verde que xa é o lugar favorito de maiores e pequenos. Tamén se actuou na pista de tenis situada detrás da piscina climatizada e alí pódese, ademais, practicar baloncesto. A poboación lémbranos con frecuencia que todo o realizado no Parque Rosalía de Castro foi enormemente positivo.
Propóñolle que fomente a realización de debates entre os tres candidatos na radio municipal, ¿está disposta a levar a cabo esta iniciativa que, ó fin e ó cabo, non faría senón que reforzar a democracia e o coñecemento das propostas que cada partido oferta á cidadanía melidense?
Por suposto, o cambio en Radio Melide foi enorme neste mandato. Onde antes, en época do PP, estaba prohibida a presencia do grupo da oposición, agora teñen o mesmo tempo radiofónico que o grupo de goberno. Teñen presenza nos informativos todos os grupos políticos e nas entrevistas, algo inédito ata o ano 2007.
Temos un concello con +/- 8 mil habitantes e un centro médico que non ten nin pra facer unhas radiografías. ¿q pasou coa sua promesa de instalar un servizo tan básico coma ese? sábese que a xunta comprometeu un novo centro pero, ¿debemos esperar décadas pra ter un servizo tan esencial coma ese? ¿que solución aporta vostede as deficiencias que presenta o noso centro de saúde?
Lamentablemente, o servizos prestados no Centro de Saúde é competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
Podo dicirlle que foron moitas as xuntanzas con diferentes responsables da Consellería tentando conseguir o que vostede fala. Aínda non o conseguín, pero continuarei no empeño de mellorar este servizo pero non porque fose unha promesa senón porque considero que é unha necesidade que debe ser atendida. A Xunta comprometeu un novo centro nunha xuntanza mantida comigo o ano pasado e agardo que cumpran a súa palabra.Boas tardes, despois dunha inversión considreable campo de fútbol MUNICIPAL¿por que se esta deixando esmorecer, con nulo mantemento — o firme do devandito terreo de xogo-, o reado, o peinado eetc?, ¿canto tempo de vida lle quedará así o campo?, , ¿quen foi o iluminado que decidiu facer unha "reforma" dos antigos vestiarios, cando sería mellor facelos o carón da grada e que foran NOVOS ,
Quen mellor pode trasladar o resultado das moitas obras feitas no campo de futbol (vestiarios, dobre de duchas, saneamento, auga quente) son os dous clubes de futbol que o usan cada día e con quen me reunín con frecuencia para facer o seguimento das melloras. Creo que a actuación desenvolvida foi moi necesaria e positiva.
Lamento non poder responder a todas as preguntas enviadas. De calquera xeito, recibirei encantada na alcaldía a calquera persoa que teña inquedanzas sobre o concello e sobre a xestión desenvolvida nestes intensos catro anos. Moitas grazas.
Con este derradeiro encontro podemos comezar a comparar as declaracións dos candidatos á alcaldía, aínda que espero que non decepcionen e tamén permitan velos nun debate televisivo que facilite un contraste de pareceres moito máis directo.
Trackback URL | RSS Feed de comentario | Enlace entrante |
| 





13 comentarios realizados
1. Tonecho escrito o 3 de Maio de 2011 ás 9:09
Sobre a pregunta feita en relacion os despidos, quero aclarar algun punto no que Socorro non e rigurosa nas suas afirmacions.
Se todo se axusta a legalidade, as 7 demandas que se presentaron por parte dos traballadores, ¿porque as perdeu todas o Concello e gañamolas os traballadores?.
E evidente que se o xuiz nos deu a razon a TODOS os que denunciamos e que non se axustaba a legalidade.
A pesar de iso, incluso alguns si nos presetamos as novas probas e voltamos a gañar a nosa presencia no concello, pese a non valorarse a experiencia nin o tempo traballado non momento das probas, mentras que outros compañeiros (non e necesario nomealos xa que eles non teñen culpa) si se lle renovou contrato de forma automatica ca actual corporacion.
Sobre o que afirma de nula transparencia, non sei no resto dos caso, pero no meu concreto, presenteime 4 veces, e en todas ca anterior corporacion, foron publicadas no tablon de anuncios do concello, no Correo Gallego e no Progreso(non se publicou en La Voz). Naqueles momentos non se publicaban ditas prazas nos boletins oficiais da provincia en ningun concello(non so no de Melide, en ningun).
Non pretendo polemizar, so concretar algunhas cousas que non se axustan de todo a realidade.
Un saudo.
2. Adela escrito o 3 de Maio de 2011 ás 12:22
Quero facer fincapé na pregunta que lle fixeron, que non era cercana, que respostou a que atendia a toda a xente do pobo.
Pois ben, de cercana non ten nada, mas ben é apatica, sonriso obrigado é a xente non cai en gracia, ten que recoñecelo.
3. soneu59 escrito o 3 de Maio de 2011 ás 14:46
No do campo de fútbol, ten delito a resposta, e os clubes de fútbol se afirman que o campo está ben son CÓMPLICES co goberno de ter unha infraestructura, que foi carisima, mal coidada e a piques de se derramar.
Como se pode negar a evidencia?, só hai que preguntarlle a un dos mais de douscentos usuarios do campo e a ver que din.
saúdos
4. marga escrito o 3 de Maio de 2011 ás 22:19
Negar le evidencia es de necios. Señora Cea, la justicia falló a favor de 7 empleados del concello , así que no nos venda milongas. En cuanto a lo que comenta Adela, completamente de acuerdo, este gobierno no sólo gestionó mal sino que creó un ghetto, en el que sólo cabían los afines. Una alcaldesa se debe al pueblo, y debe ser agradable, cercana, simpática, vaya todo lo que no fue ella. Huye de la gente, es un toxo, no habla con ni kiski, bueno con 3 o 4 que son su sombra.. con el resto le cuesta hasta dar un saludo. Eso también va en su sueldo señora Cea.
5. MELICK escrito o 5 de Maio de 2011 ás 0:16
Algúns dos empregados do Concello de Melide dedicanse a facer máis política que traballar a realidade e que non a rascan. Nos últimos anos de goberno do PP (Miguel Pampín e Anxeles Vázquez) o número de empregados do Concello pasou de ter entre 20 ou 30 a case 100 que hai na actualidade. Nun Concello de 7800 habitantes da un ratio de 1 empredado por cada 78 habitantes. Casi nada. Do cal deducese que o 70 por cento dos empregados do Concello son do PP e único que fan, en vez de traballar e olvidarse da súa militancia, e incordiar o goberno municipal.
Recordade que Miguel antes de marchar deixou amañado un soldo para él de entre 30.000 e 40.000 euros (sen facer nada). Dade unha volta polo Multiusos e polo Concello e veredes algún empregado/a que non a rascan, etc…..
Vai un consello para os empregados máis traballo e menos política, que vos debedes os veciños e en calquer momento podemos chegar un E.R.E. ou unha reducción de soldo como parece vai ocurrir os empregados de Novacaixagalicia.
6. Tonecho escrito o 5 de Maio de 2011 ás 12:50
Os empregados temos o mesmo dereito ca ti a opinar o que nos de a gana.
Nos temos que cumplir no noso traballo co que se nos encomenda, pretender meter medo con despidos, EREs e outros tonterias son so eso, TONTERIAS.
Todos temos o dereito a opinar o que prefiramos mentras non faltemos o respeto e non se minta.
Eu opinei e opinarei sempre, por moito que algun non lle guste.
Por certo eu digo as cousas con nome e sempre falo dende a miña experiencia e con argumentos, errados ou non, pero con argumentos, non con comentarios de bar, como decir se traballan ou non os empregados municipais, os cales non poden opinar sobre ti (Melick) porque te agochas nun anonimato.
E xa centrando as cousas, ti coñeces cales son os cometidos que se lle encargan a eses empregados municipais dos que falas??? O mellor e xustamente o contrario. Sabes de algun empregado que se lle encargara algo e non fixera o que se lle encargou?? Falar e barato demostrar e mais complicado.
Tampouco quero decir con esto que todo este ben no concello. Como en todolos sitios alguns son bos e outros malos, pero para eso estan os politicos, para enderezar as cousas.
7. marga escrito o 5 de Maio de 2011 ás 16:26
para Melick:
En cuanto al comentario de los empleados del multiusos que “no na rascan”, y los comentarios acerca de Miguel Pampin, yo me pregunto: y porque en 4 años de mandato del bng no los tocaron ni un ápice, sino más bien al contrario .. no te parece muy extraño… porque a mi me lo parece… sobretodo después de el aluvión de críticas que tuvieron hacia ellos anteriormente..
8. Os teus ollos escrito o 5 de Maio de 2011 ás 19:08
En Melide son conocidas las 2 contrincantes.
Una es inodora, insípida e incolora y la otra todo lo contrario.
9. marga escrito o 5 de Maio de 2011 ás 19:38
inodora, insípida, incolora,sosa,arrogante, cerrada, hosca, uraña,antipática, arisca, poco cercana.. y en el otro lado del ring, simpatía, alegría,cercanía, honestidad,honradez,color, humildad..
10. MELICK escrito o 6 de Maio de 2011 ás 0:05
Para Marga, nos calificativos da do outro lado do ríng, faltanche algúns máis: mentireira, falsa, cinica e con maldade.
11. MELICK escrito o 6 de Maio de 2011 ás 0:35
Para Tonecho: Claro que podes opinar, pero penso que o debes facer en privado, na túa casa, cos teus amigos, etc, pero nunca cara o público.
Non son comentarios de bar como ti ven dis. Sigo pensando que a mitade dos empregados do Concello de Melide non a rascan. O 90 % dos melidenses pensan o mesmo.
Por certo, hoxe poiden ver o seguinte caso: As 12 da maña un conductor de A Pontenova (Lugo) baixaba do seu camión cargado de pienso para valeirar nun comercio de Melide, o primeiro que lle escoitei foi o seguinte: “Arre carallo e que neste pueblo non hai policias o guardias”. O pobre conductor pasounas canutas para descargar porque a esas horas as esquinas das rúas estaban cheas de coches.
Outro caso: Esto ten ocurrido máis de un día de chuvia, diante do Colexio da miña filla, no pase de peatóns, non hai nadie para parar os coches que circulan pola rúa para que os rapaces que van solos poidan acceder o Colexio. Eso o coche da policia municipal esta aparcado cerca pero cos municipais dentro (para non mollarse).
Outro caso: No verán cando hai unha actuación na Praza do Concello pareceme vergoñento que teñan que ser os veciños os que recollan as sillas, na epoca de Miguel Pampín non ocurria eso.
E asía hai moitos máis casos, infinitos,……
Eso sí Tonecho, acabo de pagar 97 Euros polo imposto municipal do coche; pola contribución do meu piso pago o doble que a dun familiar que vive na Coruña; a basura, e doble de cara que moitos concellos da mesma categoria; a Sinfonica gasta 60.000 nun soio día do San Roque, para lucimento do seu Direutor, etc, etc. etc,
Recordar que os soldos dos empregados do Concello son pagados con cartos públicos, con cartos de todos os ciudadáns. Calamos, pero non somos tontos.
12. Tonecho escrito o 6 de Maio de 2011 ás 10:43
Melick, repitoche que teño o mesmo dereito ca ti a decir o que penso. O que non teño que facer, e facelo no meu posto de traballo de cara o publico, cousa que nunca fago. A pesar de ter moitos argumentos que dar (despido improcedente segun o xuiz).
E sigoche decindo que si son comentarios de bar, falar do 90% dos empregados do concello e unha falta de respeto a gran maioria deles. Habra algun (poucos ou moi poucos) malos, pero a gran maioria son bos empregados por moito que che pese.
Eu persoalmente invitote a que pases unha tarde dando clases conmigo ou que maña pases polo poli a que teñas unha xornada de tres partidos con nenos, e vexas se traballamos ou non.
Sobre o comentario do camioneiro tamen che podo contar o mesmo en Betanzos,en Carballo, en Arteixo, etc, incluso preguntariache, sabes dalgun sitio do nivel poblacional e de confluencia de carreteras como Melide no que non pase???
Sobre o dos municipais, si estas tan seguro de que o que contas e asi (o cal dudo) porque non pos unha queixa non concello para que o equipo de goberno tome medidas??
Sobre o das sillas, non recollen as sillas porque non queren os empregados??? Neganse a facer o seu traballo??? Creo que non estas sendo serio, non creo que ningun dirixente politico deixe que un empregado non faga o que se lle encomenda, co cal pensa porque ocurre…e facil.
A apreciacion da xente, teño a total seguridade (persoal) de que e un problema de xestion de recursos do concello, o cal non depende dos empregados, xa que somos so eso empregados, nos non decidimos, so executamos.
Que ti pagues cos teus impostos os soldos e igual de certo que eu tamen os pago e tamen teño os mesmos dereitos ca ti.
Pero no caso de ter algunha duda, tranquilo que eu en horario de traballo xamais sairei a contestar nin opinar, fareino sempre no meu tempo libre.
Tamen recorda que se somos 100 empregados no concello e falas mal de nos, con unha media de 4 persoas por familia son 400 persoas as que estas faltando (sen coñecemento de causa) mais ou menos un concelleiro.
Un saudo Melick.
Pd: O 90% non pensan coma ti, non teño constancia de tal enquisa, co cal sigo decindo que son comentarios de bar.
13. Jairo escrito o 6 de Maio de 2011 ás 13:34
Prezado Melick,
Poida ser que os empregados moito non fagan, pero que non che quepa dúbida que a culpa non é deles, senón do goberno que esta.
O capitulo dos soldos aumentou en 200.000 euros só en políticos, seguro que é culpa do PP.
A maiores decirche que hai xente moi agradable e traballadora no concello, como moita apatica.
Lembroche que a máis cercana e a nosa querida alcaldesa, Socorro Cea, é tan tan afable, que cada vez que a vexo dame gañas de ir correndo e darlle unha apreta!!!
P.D: Grazas Tonecho pola labor que fas cos nosos fillos, que te queren e aprecian.