A eleccións municipais vistas por Dez TV
En Dez TV cubriron os comicios electorais en Melide, destacando a normalidade da xornada agás unha anécdota:
Tamén recolleron aos candidatos votando:
A celebración da vitoria por parte dos militantes e simpatizantes do PP:
E as valoracións de Manuel Prado dos resultados:
Dubido moito que o efecto Zapatero fose significativo en Melide, e pensaría máis na erosión propia das coalicións (o BNG tamén baixou onde pactou en minoría), que tampouco foi tal, pois o PSdeG-PSOE incluso subiu 46 votos (ou sexa, que en vez de facer caer á formación, impediulle medrar e recuperar a súa posición de hai 8 anos).
E sobre o vídeo da celebración do PP, aparte do tópico das declaracións dos gañadores, só comentar que parecía un botellón ![]()




14 comentarios realizados
1. Lagharto escrito o 24 de Maio de 2011 ás 12:03
Viva o botellón, si, jejeje.
Espero que miren polo ben de Melide estos 4 anos que lles quedan por diante. Se non xa saben, o pobo volverá a castigalos…
2. eu escrito o 24 de Maio de 2011 ás 12:59
Creo q queda demostrado q o pobo de Melide quere o BEn para Melide e… confia na xente. Cando se ven as cousas mal intentase o cambio pero cando ese cambio non chega…a postase por outro.
Por favor, q non defrauden o apoio do pobo. Q valoren o ben feito polos anteriores e o continuen e q cambien o q non foi tan bo e.. ideas novas!!!
Xa sabedes : tedes o apoio do pobo de Melide pero acordadevos q en catro anos tedes de novo examen e a xente si quere un Melide ben e de tod@s.
Noraboa e a traballar duro
3. melide escrito o 24 de Maio de 2011 ás 13:46
Noraboa os gañadores, e agora as promesas que fixeron que as cumplan que dentro de 4 anos volveran a pasar o exame, e agora que non tiren co que esta ben feito.
4. gaioso escrito o 24 de Maio de 2011 ás 18:17
Arredemo, non sabía que en Melide tamén temos ‘antisistemas’, ¿non sería un ‘perroflauta’? Mira que me fai gracia o uso desta palabra nos últimos días…
5. gaioso escrito o 24 de Maio de 2011 ás 18:22
Ah.. por certo, se non me fixei mal, ningún dos tres candidatos posúe dni electrónico…
Haberá que facer máis obradoiros en Melisa de divulgación do uso do dni electrónico.
6. tito escrito o 24 de Maio de 2011 ás 19:05
Lin nesta paxina algun comentario que o maior castigo das eleccions era persoal para Soqui,e non tanto para o BNG (comentario co que estou mais ou menos de acordo) e que se demostra no video da votacion dos candidatos, un chega sauda vota e marcha, unha chega vota sauda e marcha, e outra chega vota e marcha, que falta? pois o mesmo que faltou durante catro anos.
A non ser que o video este cortado, o cal me extrañaria, creo que resume bastante ben estes catro anos pasados. E fai un resumo dos resultados, un sube, unha sube e outra baixa.
7. Un escrito o 24 de Maio de 2011 ás 19:18
Opino exactamente o mesmo que tito. Incluso nunha cousa tan sinxela vese o porque das cousas.
8. Marcus escrito o 24 de Maio de 2011 ás 21:12
Gaioso, coido que te fixaches ben. Eu tampouco vin que ningún dos documentos fosen DNIe… ¡co práctico que resulta!
Tito, coido que a comparación entre os vídeos non é posible, pois o fragmento de Soqui é moi curto (non se ve saudou aos membros da mesa ao chegar, aínda que a min tamén me deu a impresión de que non foi tan efusiva como o resto de candidatos).
9. Pedro escrito o 24 de Maio de 2011 ás 22:00
Pareceme de película que se este discutindo si un candidato saudou mais ou menos. Gañou o PP, iso temolo claro. Noraboa. Ainda que eu non entendo o por que,o BNG perdeu case 600 votos. Agora ben, non sexades tan incautos de decir que se perderon porque Soqui sauda menos. Estos son comentarios de patio de colexio. Perdeunos dende o meu pto de vista por tres razón principais: 1.Porque a xente amosou disconformidade coa xestión realizada polos motivos que fosen durante esta lexislatura. 2.Polo contaxio do voto antisocialista derivado da crise 3. Pola inercia que o PP ten sempre entre a xente do rural de votar o PP porque SI.
Goberne quen goberne, teñen o meu permiso para non saudarme pola rua, non teño ningunha falta de saudos. Agora ben, que sexan serios no traballo, traballadores, honrados e pido especialmente que traballen para a prosperidade da vila e non para intereses persoais como tan comunmente ocurria no pasado. Desexo polo ben de todos moita sorte nesta andaina. Pero a sorte buscase con traballo e seriedade e non con corrupción e codicia. Oxala dentro de catro anos eu sexa un votante do PP.
10. tito escrito o 24 de Maio de 2011 ás 22:56
Marcus, aclaro no comentario anterior que o video pode estar cortado, sigo pensando que non, pero poderia ser.
E Pedro, non digo que as eleccions as perdese Soqui por culpa de non saudar a xente, digo que unha das cousas que se votou en falta e que moita xente (votantes do Bng anteriormente) non entendemos. Pero o que me extraña e que digas que unha das razon e o contaxio antisocialista, pensa que o PSOE mantivose e incluso subiu minimamente. E a xente do rural non votamos por inercia o PP, compara as mesas por parroquias e veras a cantidade de votos que perdeu o BNG nas aldeas, tiña moitos mais 4 anos atras. Pola xestion, evidentemente, non soupo xestionar o concello, non fixo nada que non fora “facil”, as moitas obras que se fixeron no concello fariaas, nun ou noutro punto quen gobernase. Pensa que os concellos xa non reciben un fixo anual do estado, debido a crise a cantidade de inversion estatal e comunitaria que recibiu Melide foi moi superior a epocas anteriores (so faltaba ter que devolvelas por non saber que facer cos cartos).
11. Lagharto escrito o 25 de Maio de 2011 ás 11:59
Tito, (ou quen sepa) donde podemos mirar o que se votou en cada parroquia?
12. Indignado escrito o 28 de Maio de 2011 ás 1:48
Unha reflexión a Tito. Que tontería de comentarios, filliño!
Debes saber que a candidata do BNG saudou a primeirísima hora da mañá a todas e cada unha das persoas das mesas electorais, tanto de Melide como das parroquias.Por certo, namentras outros candidatos e achegados do PP facían outros traballos den distintos como carrexar a xente nos seus coches (hai varias fotos e ten constancia delo a Garda Civil)
Confírmoche que na miña mesa a alcaldesa xa estaba ás 9:15 da mañá saudando a todo o mundo. Que saibas tamén que na mesa que votou ela xa saudara e falara antes varias veces con todos os membros da mesa, sen ter diante ningunha cámara que gravase e inmortalizase o intre.
Ai, Tito, Tito, vexo que valorades á xente pola apariencia, polo finxir, polo seu actuar, aínda que todo sexa unha farsa diante das cámaras, tal e como queda mais que claro no vídeo da candidata do PP.
Arriba os auténticos, os naturais, o íntegros sempre, os verdadeiros como Socorro Cea Vázquez.
Estou seguro que antes de dous anos haberá moitos que votaron ao PP o domingo que estarán arrepentidos. ¡Tiempo al tiempo, amigos!. Por certo ¿non é raro que a Dez tv non lle interesaran as declaracións da alcaldesa nin durante a campaña (única a quen non entrevistou) nin na noite electoral? ¡Ai, país, país,…`que paciencia fai falla!
13. LE COURBOSIER escrito o 28 de Maio de 2011 ás 11:57
Deztv demostrou sempre moi puca crase sr indignado.Eu coido que si e marxinado o bng na oposición esta vez pode haber movilizacións molestas.Agardade e veredes como desta vez non se vai aturar nada que rompa o
xogo democratico.
14. Os teus ollos escrito o 18 de Xuño de 2011 ás 16:44
LLamaron la atención en la toma de posesión de la nueva alcaldesa los aplausos de Prado.Más,al darse cuenta que sus ex compañeros de bipartito no aplaudían, juntó las manos y se quedó en “foto finish” o “captura de pantalla”…