Domingo, 15 de Maio de 2011

Este luns é o mitin do PSdeG-PSOE en Melide

Hoxe pola vila resultoume curioso ver un par de carteis anunciando eventos que van ter lugar nos vindeiros días:
carteis en Melide
Por unha banda temos que o luns ás 21:45 horas no Colexio Público nº 1 vai ter lugar o mitin do PSdeG-PSOE, no que intervirán José García Penas, membro da candidatura municipal, Silvia Fraga, deputada autonómica, Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación de A Coruña, e Manuel Prado Puga, candidato á alcaldía de Melide.
Pareceume raro que o resto de partidos non tivesen carteis anunciando cadanseu mitin, simplemente polo feito de que o domingo é cando pasa pola vila moita xente das aldeas, e é unha boa ocasión para comunicar a data e o lugar deste tipo de eventos.

Pero o máis curios de todo foi descubrir que a vindeira fin de semana vai estar o Circo Richard Bros actuando na vila, ou sexa, que van coincidir as eleccións co circo. Moitos considerarán esta coincidencia premonitoria ;)

2 comentarios realizados

a gravatar

1. gaioso escrito o 16 de Maio de 2011 ás 8:54

Jajaja, que gracia o do circo, a ver si alguén lle acaba votando a Spiderman…. :)

a gravatar

2. Os teus ollos escrito o 16 de Maio de 2011 ás 16:54

Ummm, me pilla mal ir al circo a las 21.45…¿no han pensado que los niños han de estar en cama a esas horas?

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios