Mércores, 25 de Maio de 2011

M-E-L-I-D-E, ME-LI-DE… ¿estás xordo?

Por casualidade atopei un curioso vídeo no que explican cómo se di Melide en linguaxe de signos:

Este vídeo está acompañado en YouTube por moitos outros dentro do chamado The 2011 Proyect, do que non escoitara falar, pero que pareceume unha iniciativa moi interesante, pois recoller en YouTube o nome das principais vilas galegas en linguaxe de signos pode axudarnos a comunicarnos no futuro con persoas con problemas auditivos. Conto con que nos vindeiros días saibamos algo máis deste proxecto nos medios de comunicación, pois sospeito que eses vídeos de YouTube veñen de subilos para engadilos posteriormente a unha páxina web que sirva como ferramenta para reivindicar a accesibilidade á nosa toponimia.

Sen comentario!

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios