Mércores, 4 de Maio de 2011

¿Cal é a empresa melidense que quere levar Internet ao rural?

O outro día Ángeles Vázquez comentou no encontro dixital de El Correo Gallego que «o primeiro que faremos e que todos os veciños que así o desexen teñan conexión a internet, cousa que actualmente non sucede. E non será por non ter empresas en Melide que dan ese servizo e que a maioría dos concellos de Galicia os están contratando. O que non entendemos e como Socorro Cea, a pesares de ofrecerselle este servizo non quixo saber absolutamente nada del» e durante a presentación de candidatura popular engadiu que «temos unha empresa aquí formidable que leva o noso nome por todo Melide, e se houbera máis como ela pois non o podería dicir porque sería amiguismo ou competencia, pero dase a casualidade de que hoxe é fundamental ter cobertura de Internet en todos os lados. Esta empresa, que é de xóvenes emprendedores de aquí, de Melide, estana contratando en todos lados. En Melide danlles portazo. Temos que conseguir que Melide teña no rural conexión a Internet en todos os sitios, entre outras cousas porque os gandeiros, e a xente que vive no rural necesítano. Os xóvenes necesítano. E por outro lado, vemos que hai xente que vén, que regresa, e quere pasar aquí a súa xubilación, os últimos días da súa vida, e é fundamental. Así que conseguiremos Internet con esta empresa, e de xeito moi económico, para todos os melidenses, sexan de Melide ou sexan do rural» e eu quedei a cadros por varias cousas:
- non se dixo o nome da empresa en ningún momento
- non escoitei falar a ninguén antes da misteriosa compañía de emprendedores tecnolóxicos
- sorpréndeme que Ángeles comprométase a contratar unha empresa determinada para un servizo deste tipo (esas cousas deben saír a concurso, e a Xunta está a recorrer a Iberbanda en boa parte de Galicia para achegar a Internet ás aldeas por WiMAX, polo que parece máis razoable non abordar a problemática dende o ámbito local)
- no rexistro de operadores da Comisión do Mercado de Telecomunicacións non figura ningunha empresa na vila que poida dar tal servizo
Entendo así que estamos a falar dunha empresa con sede social fóra de Melide, que ten entre os seus promotores a algún melidense. ¿Pode alguén darme máis detalles sobre o tema?

ACTUALIZACIÓN: Avísanme, tanto nos comentarios como por correo electrónico, de que a empresa da que fala Ángeles é Intermax, propiedade de Javier Mouriño.
logotipo de Intermax
Vendo o que publican na súa páxina web entendo que está a ofrecer servizo de Internet de banda larga mediante o que chaman tecnoloxía 5G N mimo (din que é mellor que WiMAX, aínda que por ese nome non me vén nada, ou sexa, que é un termo inventado por eles), aínda que sen estar rexistrado como operador na CMT (algo que deberían arranxar se non queren ter problemas no futuro).
ACTUALIZACIÓN (19-5-2011): Contactei con Javier Mouriño e comentoume que o rexistro na CMT non está a nome da súa sociedade, senón a título individual, estando habilitado para dar servizo de «transmisión de datos - provedor de Internet».
Instalador
mapa de coberturaA solución tecnolóxica que ofrecen permite conexións de alta velocidade (entre 2 e 100 Mbps) sempre que teñamos visión directa ás súas antenas, o que limita a súa cobertura bastante, aínda que deberían de ter un bo número de emisores se temos en conta e o feito de que aseguran dar servizo aos concellos de As Nogais, Láncara, Sobrado dos Monxes, Palas de Rei, Triacastela, Páramo, Samos, Toques, Santiso e Melide (¿non dicían que lles pecharan as portas no Concello de Melide) e mesmo a unha asociación veciñal de Arzúa (en La Voz falan do tema, pero confunden a tecnoloxía sen fíos co ADSL).
Aseguran ter máis de 3.000 clientes (supoño que se referirán realmente a usuarios, pois senón estariamos a falar dunha empresa dun tamaño máis que considerable) e presumen de ter a rede sen fíos máis extensa de Galicia (¡ejem!) con máis de 4.000 Km2.
Antena receptora instalada
Os prezos do acceso á Internet a través desta compañía melidense serían de 35, 45 e 66 euros/mes para velocidades de 2, 4 e 6 Mbps, o que non está nada mal para quen non teña cobertura doutras tecnoloxías de banda larga.
A ver se máis adiante podo falar con esta xente para dar máis detalles do que fan.

12 comentarios realizados

a gravatar

1. Un escrito o 4 de Maio de 2011 ás 12:39

Javi, o fillo de Julio de Melivet.
Esta implantando internet en varias parroquias (Folladela,e tc) e contrataronos en varios concellos, pero non sei exactamente como e nin como funciona, pero referiase a el e a sua empresa.

a gravatar

2. Nemigo escrito o 4 de Maio de 2011 ás 12:49

si oh, acorda: Melide Telecom

Moi coñecida. Vai pouco Nokia fixo un acordo a dúas bandas con M$ co proxecto en mente

a gravatar

3. gaioso escrito o 4 de Maio de 2011 ás 20:48

Que eu sepa, hai instalado un repetidor no Bocelo, ao carón da caseta de vixiancia dos incendios. Polo que tamén da cobertura a boa parte do Concello de Melide. Eu tamén quedei sorprendido de como un político afirma que vai apoiar desa forma a unha empresa privada. Entendo que noutros concellos chegaron a acordos para que esas cotas sexan máis baratas. Pero bueno, será mellor preguntarlle a Javi antes de dicir cousas que poden ser erróneas.

Saúdos.

a gravatar

4. Oskar escrito o 7 de Maio de 2011 ás 9:56

No meu concello (Lousame) outra empresa tamén desenrolou un proxecto similar para dotar de conexión a internet a zonas rurais do noso país. A empresa é a pontevedresa DuoTeleco http://duoteleco.es/es/index.html e no noso caso sí que se empregou a tecnoloxía WiMAX. Non son nin moito menos un experto, pero simplificandoo moito ven sendo unha rede WIFI grande…mooooi grande…

A cobertura é espectacularmente amplia, inversamente proporcional a velocidade ofertada, iso si… 1 Mbps mínimo garantido polo momento.

Iso sí…o funcionamento é ata o de agora perfecto. O único inconvinte foi debido a que roubaron un dos repetidores con todo o seu equipo!

É unha alegría ver coma esta iniciativa e outras similares levan dunha vez o acceso a internet ó rural galego.Porque se temos que depender das grandes compañías…..

a gravatar

5. Manuel escrito o 19 de Maio de 2011 ás 1:31

Si tienen dudas de la tecnología aplicada, no dude en ponerse en contacto con Intermax, gustosamente le informarán de que se trata. De momento su mejor garantía y diferencia con otras empresas del mismo sector, radica en esta tecnología pero sobre todo en la satisfacción que manifiestan sus clientes.
Le ruego que rectifique su afirmación de que Intermax no está registrado en CMT, porque no es verdad y es muy fácil de comprobar, como usted muy bien lo sabe.
Además, le aclaro que en la jerga informática se llama ADSL (Asymmetric Digital Subscriber Line) a la tecnología para transmitir información digital a elevados anchos de banda, utilizando la mayor parte del canal para enviar información al usuario y sólo una pequeña parte para recibir información del usuario.

a gravatar

6. Marcus escrito o 19 de Maio de 2011 ás 2:36

Manuel:
1- En los próximos días pretendo contactar con Intermax para hacerles una entrevista, pues me interesan las iniciativas de este tipo.
2- En el formulario de consulta de operadores de la página web de la CMT no figura Intermax (desconozco si se inscribió en las últimas semanas y por ello no aparece en los listados oficiales). Según el registro público, el único operador de telecomunicaciones melidense es MECATEL, la compañía que ofrece televisión por cable desde hace bastantes años.
3- No es necesario que me explique lo que es el ADSL, pero para su información le indico que ADSL no es sinónimo de conexión asimétrica, sino que se refiere a un xDSL asimétrico, lo que por definición es una conexión basada en redes de par de cobre. Es imposible dar ADSL por redes Wi-Fi (otra cosa es redistribuír accesos ADSL a través de Wi-Fi, que es lo que hacen la mayor parte de los routers domésticos).

a gravatar

7. Manuel escrito o 19 de Maio de 2011 ás 12:16

1.- Mucho me alegra saber que contactarán con Intermax, es sumamente necesario que se divulgue este tipo de emprendimientos que son realizados por jóvenes radicados en el interior y sobre todo volcados con el rural y su gente.
2.- En ese mismo formulario de consulta cualquier vecino puede comprobar la inscripción de esta empresa en la CMT, pero si lo prefiere puede seguir este enlace: http://cmt.es/cmt_ptl_ext/SelectOption.do?nav=registro&categoria=comunicaciones_electronicas&tb_servicio=&tb_servicio=&tb_busqueda=javier%20mouri%F1o&idDetalle=78805164-B&pagina=1
3.- ADSL inalámbrica, estoy de acuerdo que es más un concepto que manejan todas las operadoras, Movistar, Vodafone, Jazztel, etc. y que estas compañías lo utilizan así porque los clientes lo comprenden mejor. Intermax que es una empresa pequeña frente a esas superempresas debe, en cierta forma, adaptarse a esa jerga ya impuesta en el Mercado.
4.- La filosofía que utiliza Intermax y varias de las empresas del entorno, que están trabajando en este sector, se basa en el win win o mejor dicho ganar ganar que se traduce en sumar sumar, sumar voluntades para sacar adelante proyectos comunes en beneficio de nuestra gente, en especial nuestra gente rural.

a gravatar

8. Marcus escrito o 19 de Maio de 2011 ás 13:33

Javier vén de aclarme por e-mail o asunto da CMT. Ese tipo de cousas deberían estar visibles na súa páxina (como mínimo no Aviso Legal) pois é unha garantía para os usuarios.
E co de inventar termos hai que ter moito coidado, pois no caso dun cliente insatisfeito pode traer problemas (falar de ADSL sen fíos ou de 5G N mimo carece de rigor e podería considerarse publicidade enganosa).
A ver se para a semana que vén podo publicar algo por aquí do traballo que fai Intermax, pois os proxectos tecnolóxicos no interior de Galicia merecen certa atención.

a gravatar

9. Manuel escrito o 19 de Maio de 2011 ás 15:40

En cuanto a CMT, me alegro que Javier le haya aclarado, (aunque ya estaba acalarado en el Aviso Legal de la web de Intermax). Ni en la web, ni en ningún otro lugar bajo la responsabilidad de Intermax, consta que vende ADSL inalámbrica, es un término que usan coloquialmente las grandes operadoras de España, para nombrar el acceso de banda ancha, que en este caso recogen y publican los medios de comunicación que nombras, pero no creo que lo hagan por desconocer del tema, sino para transmitir una idea usada habitualmente por el común de la gente, que no conoce en profundidad términos y mucho menos de alta tecnología.

a gravatar

10. Manuel escrito o 19 de Maio de 2011 ás 18:54

Gracias por permitirme exponer mi punto de vista en este tema, no esperaba menos, porque se como trabaja, pues hace muchos años que lo sigo.
En cuanto a la novel Intermax de Melide, se sorprenderá al conocer en profundidad dicho emprendimiento, sobre todo por el compromiso e ilusión con la que trabajan los jóvenes que la dirigen e integran.
Vale la pena conocer, apoyar y sumar con este tipo de Proyectos que buscan igualar oportunidades para toda la gente sin distinción del lugar donde vivan.

a gravatar

11. Marcus escrito o 19 de Maio de 2011 ás 21:21

Manuel, encantado de contrastar pareceres. Gracias a diálogos así se contribuye a aclarar las cosas y si, de paso, damos a conocer iniciativas que pese a tener cerca nos resultan ajenas, pues estupendo.
Eso sí, me estoy pensando lo de prohibir la entrada en este blog a gente de Arzúa para reivindicar el orgullo melidense ;)

a gravatar

12. Manuel escrito o 20 de Maio de 2011 ás 0:47

.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios