Domingo, 22 de Maio de 2011

Eleccións Municipais 2011: novo cambio en Melide

Multiusos de Melide
A xornada electoral de hoxe prometía ser movida, e pola mañá a min deume a impresión de que a participación era impresionante (o que normalmente implica un cambio), e as cifras déronme a razón, pois a participación matutina pasou do 30,79% ao 35,37%, quedando ao pechar as mesas do 55,63% ao 58,36%, o que serve para lexitimar os comicios.
Pero admito que estou moi impresionado polos primeiros resultados, pois co 16,12% escrutado queda do seguinte xeito:

CANDIDATURAS VOTOS CONCELLEIROS
Partido Popular (PP) 554 (61,49%) 9
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 234 (25,97%) 3
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) 104 (11,54%) 1

Coido que, por moito que cambie a cousa, a vitoria do Partido Popular en Melide é rotunda, polo que nos vindeiros días a actual corporación deberá reflexionar sobre o que levou a este cambio do cambio, pois parece claro o desencanto da vila co que se fixo nos últimos 4 anos.

Ver actualizacións intermedias ▼

ACTUALIZACIÓN (22:45): Co 100% do voto escrutado, os resultados en Melide quedan como segue:

CANDIDATURAS VOTOS CONCELLEIROS
Partido Popular (PP) 2.755 (55,13%) 8
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 1.615 (32,32%) 4
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) 545 (10,91%) 1

Chega agora o tempo de dar os parabéns ao Partido Popular de Melide polo seu resultado nos comicios, e agardar que o fagan o mellor posible nos 4 anos que temos por diante.
Tamén destacar que Xorpion, Vaidecaral e Flauter atinaron no seu prognóstico, mentres que as previsións electorais publicadas no blog de PETOTRASEA (con 8 escenarios distintos) non deron pé con bola.

Podemos facer un resumo histórico para analizar estes resultados:

Municipais 2011 Municipais 2007 Municipais 2003 Municipais 1999

PP: 8
(2.755 - 55,13%)
BNG: 4
(1.615 - 32,32%)
PSdeG: 1
(545 - 10,91%)

PP: 6
(2.443 - 45,58%)
BNG: 6
(2.158 - 40,45%)
PSdeG: 1
(499 - 9,31%)
CIDEGA: 0
(213 - 3,98%)

PP: 7
(2.758 - 53,51%)
BNG: 4
(1.428 - 27,71%)
PSdeG: 2
(913 - 17,71%)

PP: 9
(3.034 - 59,2%)
BNG: 2
(894 - 17,44%)
DG: 2
(858 - 16,74%)
PSdeG: 0
(293 - 5,72%)

Con estes resultados case podemos dicir que o PSdeG-PSOE en Melide está a consolidar un chan en Melide (o que ten o seu mérito) superando incluso o número de apoios, pero que o BNG perdese 543 votos e que o PP gañase 312 votos parece reflictir un desencanto xeral cara á formación nacionalista (non só houbo traspaso de votos ao PP, senón que disparáronse os votos en branco e nulos de 37 a 82 e de 32 a 109 respectivamente, ou sexa, que hai uns 122 veciños máis que en 2007 que en vez de quedar na casa quixeron amosar o seu descontento coas candidaturas existentes).

No tocante ás vilas veciñas, xa rematou o escrutinio cos seguintes resultados:
- Santiso: PP (4) - BNG (2) - PSdeG-PSOE (2) - IS (1)
- Toques: PP (4) - XCPT (3) - BNG (2)
- Arzúa: BNG (6) - PP (6) - PSdeG-PSOE (1)
- Palas de Rei: PP (6) - PSdeG-PSOE (5)
O escrutinio en Palas aínda non rematou, pero parece estar todo o peixe vendido en vista da diferenza entre o PP e o PSdeG-PSOE, non repetíndose o resultado axustado de 2007.

ACTUALIZACIÓN (23:50): Confírmase o resultado de Palas de Rei co 100% do escrutino completado. O PP gaña por un concelleiro e por 165 votos (ou sexa, que o PSdeG-PSOE non gañaría nin contando cos 115 votos que levou o BNG).

ACTUALIZACIÓN (25-5-2011): PETOTRASEA vén de publicar un artigo no que se inclúe información por mesas electorais.

30 comentarios realizados

a gravatar

1. XHaRoY escrito o 22 de Maio de 2011 ás 21:34

58% de participación? ese dato é correcto? Pareceme moi baixa tendo en conta a media… claro que non sei cal foi a participación de 2007.

Co 21% escrutado todo segue igual, parece que o batacazo é inevitable xD.

edito: Pareceme impresionante a subida co 22% escrutado en Arzúa… buff non se pode dicir que esperase estes resultados, aínda que a democracia é a que manda.

En arzúa é case empate técnico:

BNG 44%
PP 41%
PSG 11%

a gravatar

2. Marcus escrito o 22 de Maio de 2011 ás 21:55

XHaRoY, precisamente o que digo no texto é que a participación en 2007 era do 55,63%, polo que mellorou bastante, e supera considerablemente o 49,91% da media de participación do Estado.

a gravatar

3. XHaRoY escrito o 22 de Maio de 2011 ás 21:59

Ah dacordo, se ve que tiven un baile de cifras… Estou flipando hoxe… polo ascenso do PP en Galicia en xeral… e polo “efecto Bildu”. Impresionantes resultados… pódese converter no segundo partido de Euskadi e no terceiro de Navarra.

a gravatar

4. XHaRoY escrito o 22 de Maio de 2011 ás 22:51

Bueno… parabéns aos gañados e como di Marcus… que o fagan o mellor posíbel polo pobo… esperemos que Melide sexa o gañador.

A nivel persoal recoñezo que estou decepcionado, aínda que recoñezo e respeto o resultado lexítimo.

pd: Cando poidas pon os datos definitivos dos pobos da zona ^^, graciñas marcus.

a gravatar

5. Para o ben do pobo escrito o 23 de Maio de 2011 ás 0:04

Síntome realmente alegre polo conseguido por Ánxeles Vázquez,que merece gañar por todo o alto porque traballou arreo por todos os melidenses, para que poidan ter un futuro mellor.
A MIÑA NORABOA!
e só decirlle, que por moi mal que esté o concello en deudas e todo iso, sei, e teño fe en que Ánxeles vai facer o imposible por arranxalo e sacar este pobo cara adiante!
Asi que ánimo e agora toca festexalo, e traballar arreo!

a gravatar

6. gaioso escrito o 23 de Maio de 2011 ás 0:15

Marcus, de novo os meus parabéns polo teu traballo. Tan só dicirche que tes que botarlle un vistazo aos concelleiros do BNG no 2011, e ao gráfico que parece non está moi axustado coas cantidades. Graciñas.

a gravatar

7. María escrito o 23 de Maio de 2011 ás 0:16

Muchas gracias Marcos por mostrarnos tanta información.

a gravatar

8. Marcus escrito o 23 de Maio de 2011 ás 0:42

Gaioso, grazas por avisar (ao andar metendo os datos directamente nunha táboa chea de código esquecín editar a columna orixinal da que fixen copy & paste).

a gravatar

9. tito escrito o 23 de Maio de 2011 ás 11:01

noraboa a todos polo dia tan traquilo que tivemos, e felicitacions especiais os gañadores. Agora a traballar por MELDIE.

a gravatar

10. noite escrito o 23 de Maio de 2011 ás 15:21

Espero que sexan anos de moito traballo e sobre todo de moita tranquilidade….que nos facía falla…..NORAVOA ANXELES O POBO QUÉRETE… LOITA POLO POBO E GOBERNA PARA TODOS SIN O RECOR QUE TIVERON OUTROS…Gustaríame facer outra pequena reflexión para Soki ….NON SOUPECHES CHEGAR A ESES CORAZÓNS DOS QUE FALABAS …..NON ESTIVECHES A ALTURA E PRIMOU O ODIO…EN MELIDE SOMOS XENTE TRABALLADORA E ESES SEÑORITOS DOS QUE FALADES ESTAN MÁIS PERTO DE TI QUE DO RESTO DO POBO.

a gravatar

11. enganado escrito o 23 de Maio de 2011 ás 15:36

MENCIÓNS PERSOAIS ELIMINADAS A PETICIÓN DA PERSOA AFECTADA

a gravatar

12. futura xornaleira escrito o 23 de Maio de 2011 ás 15:52

Nin que fose a única que andaba presente por alí que chamara a atención, pero vamos que se supón que iso o hai en todos os sitios…en fin.

a gravatar

13. enganados escrito o 23 de Maio de 2011 ás 17:36

MENCIÓNS PERSOAIS ELIMINADAS A PETICIÓN DAS PERSOAS AFECTADAS

a gravatar

14. xose antón escrito o 23 de Maio de 2011 ás 17:42

MENCIÓN PERSOAL ELIMINADA A PETICIÓN DA PERSOA AFECTADA (..) Eu máis ben diria que sodes parvos!!!! Vai resultar que ninguen lle votou o PP.

a gravatar

15. tito escrito o 23 de Maio de 2011 ás 18:11

Ao PP votulle mais xente que a ningun outro partido, e coa suficiente diferenza para que lograran a maioria absoluta, perece mentira que se discuta sobre esto. E mais ainda se unha ou outra persoa estivo a celebrar a victoria na sede popular, suponse que esto e a democracia, a liberdade de expresion, de reunion…. Gustariame que non todo fose asi (por eso animo a xente do 15-M) pero mentras tanto e eo que temos e debemos de respetalo.

a gravatar

16. outro tito escrito o 23 de Maio de 2011 ás 18:21

Estoy de acuerdo completamente con tito, sois bastante hipocritas! Si este o si el otro, tiene razón que los votos de algún lado vinieron, dejad a la gente en paz!! Sois pateticos!! Enhorabuena al PP y a Angeles.

a gravatar

17. Josiño escrito o 23 de Maio de 2011 ás 19:19

Noraboa ós gañadores.Se a xente é o que quere hai que respetalo.Agora só espero que as cores dun partido ou doutro desaparezan e se traballe por e para o pobo,que para iso pagamos TODOS os impostos.Eu quero seguir sentíndome orgulloso do pobo como ata agora.
Ós que entran:Traballade por favor.
Ós que saen:Gracias …e ata a próxima.

a gravatar

18. Os teus ollos escrito o 23 de Maio de 2011 ás 20:22

Marcus, podrías publicar los resultados mesa por mesa en Melide?

Un saludo

a gravatar

19. Tonecho escrito o 23 de Maio de 2011 ás 20:33

Lo siento (por algunos).Felicidades (a todos).Adios y Hola.

a gravatar

20. Marcus escrito o 23 de Maio de 2011 ás 21:16

Os teus ollos, os resultados por mesa non figuran na páxina web do Ministerio do Interior, polo que carezo de tal información. :( Preguntarei a ver se poden pasarme os datos.

a gravatar

21. Bo cambio escrito o 24 de Maio de 2011 ás 0:33

Noraboa a Anxeles pola merecida victoria. E a mellor con diferencia.
Por certo, que é esa clara da que falan?

a gravatar

22. Dnoe escrito o 24 de Maio de 2011 ás 10:15

Hai 4 anos Melide botou a Ánxeles por estar fartos da prepotencia, do caciquismo, do trapicheo… agora botamos a Soqui polo da orquesta, polo da depuradora e pola falta de trato cos veciños. Cambiarían as intencións de Ánxeles en 4 anos? habémolo saber. Concedereille un ano de confianza.

a gravatar

23. Os teus ollos escrito o 24 de Maio de 2011 ás 11:04

Es lo que pasa cuando a un loro se le enseña a hablar: sólo repite y repite, hasta que aborreces al loro…
Un ejemplo:
“a débeda do PP”
“a débeda do PP”…

a gravatar

24. Lagharto escrito o 24 de Maio de 2011 ás 12:07

Deamoslle un voto de confianza, eu fareino (a pesares de non habela votado, pero esto é a democracia, non?)
Eso si, espero que de facelo mal, dentro de 4 anos, se leve o castigo que merece… Que non nos tomen por parvos!!

a gravatar

25. Os teus ollos escrito o 24 de Maio de 2011 ás 12:22

Certo, Lagharto.Tomarónme por parva e mira,Soqui e Manolo para casiña!

a gravatar

26. Marta escrito o 24 de Maio de 2011 ás 13:13

Dnoe estou dacordo contigo, pero eu faría especial fincapé no da falta de trato co pobo.
Non considero que o bipartito o fixese mal, ao contrario, entendo que realizadon moitas e importantes obras. Pero non se pode gobernar para o pobo pero sen o pobo. Iso quedouse no século XVIII.
Á alcaldesa esquenceuselle que estaba a gobernar un pobo, onde case todos nos coñecemos e onde o trato cos veciños é esencial. Iso sábeo o PP, que non lle importa pasarlle o brazo a quen faga falla e saudar cordialmente a todos.
Sinto que isto rematase así pero, a actitude do BNG merecía este correctivo.

p.d. e agora despois de invertir millóns e millóns na casa da cultura será o pp quen se adone da obra realizada. entre outras moitas cuestións!

a gravatar

27. Un escrito o 24 de Maio de 2011 ás 13:38

Como pasou con moitas cousas antes.Os coches de proteccion civil,algunha pista deportiva,moitas das obras…Eso sempre pasou e pasara en politica.
O realmente importante e que a alcaldesa sainte se dea conta do mal feito,e o seu partido tome as medidas oportunas.
So con boa oposicion,teremos bo goberno,por eso o bng o fixo algo ben,pero e imprescindible ter os pes no chan e non perderse nas tonterias ideoloxicas de fai un seculo que non chegan os veciños.
Esta vez (dito polas urnas) foi un duro castigo,o meu entender so a Soqui, non o seu partido.

a gravatar

28. Os teus ollos escrito o 29 de Maio de 2011 ás 12:07

Por certo, no Bng corrense ás listas? Entra o número 5?

a gravatar

29. eu escrito o 29 de Maio de 2011 ás 15:28

Si, entraria o número cinco no lugar de Casé…

a gravatar

30. marcus.es » Resultados por mesas nas municipais melidenses escrito o 29 de Maio de 2011 ás 22:08

[...] resultados electorais do pasado domingo, faltaba o reparto por meses en Melide, e finalmente o Partido Popular difundiu tal información en [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios