Domingo, 29 de Maio de 2011

Resultados por mesas nas municipais melidenses

Nos resultados electorais do pasado domingo, faltaba o reparto por meses en Melide, e finalmente o Partido Popular difundiu tal información en carteis que esta mañá puideron verse por toda a vila.
Resultados por mesas en Melide
Agora que podemos ver esta información parece claro que, aínda que o PP gañou tanto no rural como no urbano, onde perdeu máis forza o BNG foi claramente no rural, polo que os vindeiros membros da corporación municipal deberían ter iso en conta á hora de tomar as súas decisións. Algo debeu de facerse mal nos últimos catro anos para que tanto voto disperso mudase de signo.
O que tamén considero rechamante é o feito de que os votantes do BNG nas municipais foron moitos máis que nas autonómicas (cun aumento de 457 votos), o que parece deixar claro que a nivel local non son as siglas as que deciden o voto.

Mércores, 25 de Maio de 2011

Banda Ghrande en O galo da Galega

Xosé Manuel García
Este martes no programa A Tarde da Radio Galega levei unha sorpresa da man de Cristina García e Rocío Pereira, pois puxéronme un corte de O galo da Galega (conducido por Xosé Manuel García) no que parodian Banda Ancha, o programa no que colaboro con Xosé María Fernández Pazos e Raquel Noya:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Xa sabes, a partires de agora podedes chamarme Quercus (como a revista ecolóxica) e tedes a obriga de subir á Rede todas as fotografías de michiños que poidades. ;)

M-E-L-I-D-E, ME-LI-DE… ¿estás xordo?

Por casualidade atopei un curioso vídeo no que explican cómo se di Melide en linguaxe de signos:

Este vídeo está acompañado en YouTube por moitos outros dentro do chamado The 2011 Proyect, do que non escoitara falar, pero que pareceume unha iniciativa moi interesante, pois recoller en YouTube o nome das principais vilas galegas en linguaxe de signos pode axudarnos a comunicarnos no futuro con persoas con problemas auditivos. Conto con que nos vindeiros días saibamos algo máis deste proxecto nos medios de comunicación, pois sospeito que eses vídeos de YouTube veñen de subilos para engadilos posteriormente a unha páxina web que sirva como ferramenta para reivindicar a accesibilidade á nosa toponimia.

Martes, 24 de Maio de 2011

Identifican aos atracadores da Xoiaría Pereiro

Estamos afeitos a ler na prensa os casos de roubos, estafas e moitos outros delitos, pero aínda que despois trinquen aos culpables, rara vez danlle a debida difusión, polo que sorprendeume moito ler o seguinte nunha nova difundida por Europa Press:

Identifican a los atracadores de una joyería en Melide (La Coruña) e implicados en un asalto a un banco en Curtis
Uno está en prisión y el otro falleció

Xoiería Pereiro
Las investigaciones realizadas por la Guardia Civil en los últimos cuatro meses en torno a dos robos con intimidación cometidos a mediados del mes de enero en la sucursal de una entidad bancaria de Curtis (La Coruña) y en una joyería de la localidad coruñesa de Melide han permitido a los agentes la identificación de sus presuntos autores, uno de los cuales está en prisión y el otro falleció.

Xoias roubadasSegún ha informado el Instituto Armado, el primer resultado positivo de estas investigaciones se produjo cuando efectivos del Servicio de Policía Judicial de la Guardia Civil de La Coruña, conjuntamente con agentes del Cuerpo Nacional de Policía de Avilés, detectaron en la localidad asturiana la venta de parte de las joyas supuestamente sustraídas en el establecimiento melidense.

Tras la detención por la Policía Nacional de la persona que había vendido estas joyas y la recuperación de parte de aquel botín, la investigación conjunta de ambos cuerpos permitió averiguar la identidad de los dos hombres que supuestamente habían perpetrado el robo en la joyería, pesquisas que completó la Guardia Civil al estimar que sus posibles autores eran los mismos que habían atracado una entidad bancaria en Curtis en fechas próximas.

ANTECEDENTES

Después de varias semanas en los que el trabajo policial de la Guardia Civil y del Cuerpo Nacional de Policía se centró en averiguar el paradero de estos dos delincuentes con numerosos antecedentes, se logró la detención de uno de ellos en la frontera con Francia acusado de un delito contra la salud pública y con varias órdenes requisitorias de órganos judiciales.

Actualmente el individuo se encuentra internado en el Centro Penitenciario de Martutene donde, cumpliéndose con todos los requisitos legalmente establecidos, fue entrevistado por agentes de la Guardia Civil coruñesa. Por su parte, el otro varón supuestamente implicado en estos hechos ha fallecido.

Asimismo, en el transcurso de las investigaciones fue localizado en León el vehículo particular de uno de los atracadores, y que supuestamente había utilizado en la comisión de ambos asaltos.

Esperemos que este tipo de informacións axuden a tranquilizar á poboación, aínda que non resulte nada reconfortante saber que os autores dos feitos eran delincuentes reincidentes e con numerosas causas pendentes.

ACTUALIZACIÓN (20:45): Nos informativos da TVG veñen de falar do tema:

A eleccións municipais vistas por Dez TV

En Dez TV cubriron os comicios electorais en Melide, destacando a normalidade da xornada agás unha anécdota:

Tamén recolleron aos candidatos votando:

A celebración da vitoria por parte dos militantes e simpatizantes do PP:

E as valoracións de Manuel Prado dos resultados:

Dubido moito que o efecto Zapatero fose significativo en Melide, e pensaría máis na erosión propia das coalicións (o BNG tamén baixou onde pactou en minoría), que tampouco foi tal, pois o PSdeG-PSOE incluso subiu 46 votos (ou sexa, que en vez de facer caer á formación, impediulle medrar e recuperar a súa posición de hai 8 anos).

E sobre o vídeo da celebración do PP, aparte do tópico das declaracións dos gañadores, só comentar que parecía un botellón :P

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios