Mércores, 20 de Abril de 2011

Conta atrás para as municipais: O BNG de Melide anuncia a súa candidatura

Soqui Cea será a candidata do BNG de Melide
Como quen non corre, voa; a agrupación local de Melide do Bloque Nacionalista Galego xa anuncia a súa candidatura ás eleccións municipais no seu espazo na web do BNG, asegurando que elixiron a «persoas con experiencia de goberno e tamén con un alto grao de renovación». A candidatura local preséntase co seguinte argumento:

O BNG é unha forza política comprometida con Melide. Estamos comprometidos e comprometidas cos problemas das persoas, así o demostramos estes catro últimos anos. Eses son os nosos problemas e preocupacións : o emprego e o benestar social, o idioma e a cultura galega, a sanidade e o ensino público, as enerxias limpas, o deporte, etc. O BNG goberna e quere seguir gobernando Melide para facer política a favor das persoas. Somos quen de construir un concello para vivir e para traballar, un concello pola igualdade, sustentábel e con calidade de vida, un concello que é o orgullo dos veciños e veciñas, un concello participativo e democrático.

Supoño que o resto de formacións farán o propio nos vindeiros días.
Ver candidatura do BNG ▼

Conta atrás para as municipais: o Boletín Oficial da Provincia

Co gallo da proximidade das eleccións municipais, coido que neste espazo cadraría unha serie de artigos para recompilar algunha información que poida resultar de interese para os melidenses para decidir o seu voto, facer balance dos últimos anos ou, simplemente, dialogar sobre o resultado dos comicios.
Para comezar, teño que comentar que esta semana o Boletín Oficial da Provincia está que ferve, pois o pasado luns recolleu o orzamento do Concello de Melide para este ano (aprobado o pasado 9 de marzo e ratificado o pasado día 14):
Orzamento de Melide para 2011
O conto sorprendeume bastante porque vexo que o Concello conta agora cun cadro de persoal de 96 persoas, cando en 2007 o número ascendía a 111, e vendo un pouco porriba, percibo que os postos que caeron foron 3 auxiliares de policía local, 3 membros do persoal contra incendios, 3 limpadoras, 2 mestres de escola infantil, 1 profesor de ballet, 1 monitor deportivo, 2 socorristas, 1 mestre do conservatorio e 4 oficiais e peons, aínda que tamén apareceron algunhas prazas máis. Non sei se tal cambio laboral foi en base a despedimentos/non renovación de contratos ou cambios de organismo contratante (supoño, por exemplo, que o persoal contra incendios depende agora da Xunta).
No capítulo de gastos e ingresos tamén resulta bastante triste ver que volvemos a niveis de hai 5 anos, cun orzamento un 16% inferior ao de 2007, o que entendo que atende á contención orzamentaria que se está a aplicar en todas as administracións públicas (pois en condicións normais sería moi raro un descenso orzamentario tan pronunciado).

No tocante aos vindeiros comicios electoriais, o Boletín Oficial da Provincia recolleu esta mañá as candidaturas da nosa circunscripción:

Candidatura número: 1
Denominación: PARTIDO POPULAR
Siglas: P.P.

1 Doña MARIA ANGELES VAZQUEZ MEJUTO
2 Doña MARIA ROSA CABADO RODRIGUEZ
3 Don SANTOS LOPEZ NOVO
4 Doña MARIA DOLORES GOMEZ NEIRA
5 Don JOSE LUIS ARIAS LODEIRO
6 Doña MARIA JESUS LOPEZ MOURON
7 Don BENITO NEBRIL LOUREIRO
8 Doña DALIA GARCIA COUSO
9 Don JUAN MANUEL CARDELLE SEGADE
10 Doña MARIA DEL CARMEN FISTEUS SANCHEZ
11 Doña MARIA VANESA REY VIDAL
12 Don ROLANDO MEJUTO GARCIA
13 Don ALVARO COSTOYA VALIÑO

Suplentes:
1 Doña ANA VAZQUEZ CASANOVA
2 Don DANIEL BLANCO VARELA
3 Doña MARIA MERCEDES GOSENGE MATO
4 Don RAMON SALVADOR SOMOZA MARTINEZ
5 Doña BEATRIZ LOPEZ VAZQUEZ
6 Don ANTONIO GOMEZ MATO
7 Doña MERCEDES ARIAS VAZQUEZ
8 Don ANTONIO LOUREIRO CAGIDE
9 Doña MARIA ISABEL AGRA FERNANDEZ
10 Don JESUS PENAS CASTRO

Candidatura número: 2
Denominación: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Siglas: B.N.G.

1 Doña MARIA SOCORRO CEA VAZQUEZ
2 Doña MARIA JOSE RODRIGUEZ GOMEZ
3 Don JOSE MARIA SANTIN AMO
4 Don XOSE IGLESIAS GARCIA
5 Don JESUS SOMOZA LOPEZ
6 Doña DALIA NUÑEZ PENAS
7 Don JOSE ANTONIO DIAZ RODRIGUEZ
8 Don JOSE VAZQUEZ BALBOA
9 Doña UXIA MARIA RAMONA IRIA FUCIÑOS VAZQUEZ
10 Don XOSE RAMON LAYA GOMEZ
11 Don CARLOS VICENTE PARRADO GAREA
12 Doña VERONICA MARTINEZ PEDREIRA
13 Don MANUEL SOUTO VAZQUEZ

Suplentes:
1 Doña CONCEPCION CASTRO PEDREIRA
2 Don JOSE ANTONIO VARELA ANTAS
3 Doña ANA ISABEL RAMOS RUA
4 Don XOSE MARIA BLANCO LOPEZ
5 Doña MARIA ISABEL ALVAREZ TORREIRO
6 Doña ANTIA BROZ PRIMO
7 Don XESUS PEREIRA LOPEZ

Candidatura número: 3
Denominación: PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL
Siglas: PSdeG-PSOE

1 Don MANUEL PRADO PUGA
2 Don JOSE GARCIA PENAS (Independiente)
3 Doña SUSANA VIEIROS RUA
4 Don MANUEL TARRIO VAZQUEZ
5 Doña MARIA BEGOÑA VAZQUEZ SANCHEZ
6 Doña MARIA CARMEN COSTOYA SALGADO
7 Don FRANCISCO JAVIER LOPEZ ROCA
8 Doña MARIA BEGOÑA MORIGOSA GARCIA
9 Doña NATALIA CECILIA JUAN FIDALGO
10 Don JOSE ANTONIO MATOS SANCHEZ
11 Doña HORTENSIA RAMOS GAREA (Independiente)
12 Don HIGINIO GUERREIRO GONZALEZ
13 Don ENRIQUE CAGIDE LOPEZ

Suplentes:
1 Doña MARIA ROSA ALVAREZ LODEIRO
2 Don JOSE MOURAZOS BUJAN

Supoño que nos vindeiros días farán as pertinentes presentacións de candidaturas na vila, aínda que non será ata a madrugada do 6 de maio cando poidan comezar a pedir o voto para a xornada do día 22, na que se decidirá o novo goberno municipal de Melide.

Estaremos atentos e xa sabedes que neste espazo sodes libres de comentar o que estimedes oportuno sempre que estea dentro das máis elementais normas de educación.

Martes, 19 de Abril de 2011

Os tipos de usuario de Facebook

Esta mañá Alvy descúbrenos en Microsiervos un vídeo musical no que fan unha recompilación dos tipos de usuario que habitualmente topamos en Facebook:

Existen moitos outros tipos de usuario, pero está claro que os que non paran de premer en Me Gusta, os narcisistas, os que comparten todo e os que dan conta dos seus desprazamentos son inevitables. De todos os xeitos, prefiro a perspectiva que dan do tema no Blog de Águeda:

Luns, 18 de Abril de 2011

That Crazy Apple Store Dancer

Un rapaz do alcume de iTr3vor chegou a unha tenda de Apple a finais de 2009 e púxose a bailar diante dunha webcam, publicando a parvada en YouTube, e pouco a pouco foi convertendo esa frikada nun fenómeno como podemos ver no clip que subiu hai medio ano, e que conseguiu superar as 740.000 reproducións:

E vese que o bailarín tolo das tendas de Apple está a conseguir a complicidade de moita xente nas súas gravacións, como pode verse cando baila o Dance With Me de Pitbull e Riz:

¿Calará esta moda a nivel internacional? ¿Veremos á xente facer caralladas nas tendas de informática para publicalas na web? ¿Ou somos demasiado pudorosos para facer tal?

Xoves, 14 de Abril de 2011

Marineda City abre, PC City pecha. ¿Paréceme xusto?

PC City en Marineda CityBruce Willis no papel de Hartigan en Sin City dicía aquilo de «el viejo muere, la chica vive. Me parece justo», pero o contraste de hoxe non parece tan xusto, pois a cadea de tendas PC City anunciou que vai pechar as 34 tendas españolas e botar á rúa a 1.224 empregados por mor da «progresiva caída do consumo», o que contrasta co feito de que mudase a súa tenda coruñesa do Mercado de Elviña ao novo Marineda City, que abriu as súas portas ao público hoxe mesmo (e no que curiosamente non teñen posto o 25% de desconto dos Días Morados, ou sexa, da liquidación camuflada da cadea a nivel estatal).
¿Ten sentido intentar medrar nun momento no que a compañía ten importantes perdas acumuladas? ¿E abrir un novo centro comercial nunha cidade no que xa abriron varios nos últimos anos provocando unha importante crise no comercio? Non esquezamos que Los Rosales ou o centro comercial do Papagayo están nunha situación crítica, mentres que Los Cantones Village (antes El Puerto) non chegou a despegar nunca. Ou sexa, que na Coruña os centros comerciais que funcionan ben hoxe parecen ser o de Cuatro Caminos e Espacio Coruña, mentres que o Dolce Vita parece sentenciado de morte coa apertura doutra superficie comercial a tan pouca distancia. De feito, non me sorprendería que a xente de Media Markt mercase o baixo que vai deixar libre PC City.
Non deixa de ser curioso que de hoxe ao sábado o Media Markt regale vales por valor do 25% das compras que se fagan alí, o que parece unha medida para achegar clientes nunhas datas que a meirande parte dos consumidores deixarían de lado ao Dolce Vita en favor ao Marineda City.
Praza de Marineda City
Pero deixando a un lado a discusión sobre a burbulla comercial en A Coruña, hoxe tiven que ir facer un recado a Marineda City (senón tardaría varias semanas en ir) e non pode evitar facer algúns comentarios:
- Os accesos están feitos un cristo, con obras, peóns cruzando por lugares perigosos, persoas intentando guiar aos coches… pero curiosamente ¡ningún atasco! O tráfico é bastante fluído, aínda que supoño que durante as vindeiras fins de semana vai ser criminal.
- O aparcadoiro é bastante bo, con prazas amplas e unha orde á que haberá que pillar o truco, pero con zonas que teñen acceso directo ao Hipercor, a Bricor e a outras áreas, de xeito que un pode mirar de aparcar onde lle cadre mellor para levar logo as cousas, o que é preciso facer porque o aparcadoiro é inmenso.
Pantalla interactiva en Marineda City
- Tecnoloxicamente é un auténtico desastre: ten pantallas informativas en distintos lugares que non parecen servir para moito máis que para rotar carteis estáticos (sería moito máis útil ter unha aplicación no móbil para non perderse), unha das pantallas dos cines amosaba ¡o escritorio de Windows XP!, pese a fardar de zona Wi-Fi non atopei redes abertas en ningures e, o peor de todo, é que a cobertura móbil é lamentable. Resulta practicamente imposible conseguir cobertura 3G dentro do centro comercial e en moitos currunchos (non só no aparcadoiro) chega a perderse de todo o sinal do móbil. Noutros centros comerciais teñen ese asunto arranxado (coido que no Corte Inglés o 3G vai a tope no aparcadoiro), e resulta fundamental, pois a xente non pode quedar incomunicada cando vai de compras durante horas… e digo horas porque Marineda City é xigante, o que podemos ver como algo bo ou como algo malo; cuestión de perspectiva.
cartel en galego
Para os que criticaron que a publicidade de Marineda City deixaba de lado o galego, tamén podo comentar que vin carteis que estaban en galego e inglés. Espero que non fose porque ambas son linguas estranxeiras ;)

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios