Xoves, 28 de Abril de 2011

Deus salve aos Rabbids

Había tempo que non publicaba ningún vídeo dos Rabbids de Rayman, e agora que estrean un vídeo co gallo da voda real británica teño unha desculpa para instarvos a velo:

Eles non van perder o evento de mañá, pero eu espero facerlle tanto caso como aos partidos de fútbol (aínda souben hoxe o resultado da semi-final da Copa do Rei) :P

Mércores, 27 de Abril de 2011

Conta atrás para as municipais: As xuventudes dos partidos

Botando a vista atrás, concretamente ao espazo entre os distintos comicios locais, temos que o 19 de abril de 2008 constituiuse a agrupación social das Xuventudes Socialistas de Melide:

Constitución da Xuventudes Socialistas de Melide

Natalia Iglesias (Secretaria Xeral)“todos os xóvenes que qrueiran participar, se unan a nos, por que temos moito que decir e facer por Melide”.

Xuventudes Socialistas de MelideA sede local de do municipio acolleu a constitución formal da primeira comisión executiva de Xuventudes socialistas de Melide e na que tamén estiveron presentes a executiva local do partido co primeiro tenente alcalde do Concello, o socialista Manuel Prado Puga e o Secretario Comarcal da Agrupación política, José Prado.
Dolores Rodríguez Amoroso, Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas a nivel Galego, asistiu a este acto para amosar o seu apoio a este novo proxecto creado pola mocidade da vila. Como secretaria Xeral da Comisión Executiva dos Xóvenes Socialistas melidenses, que naceu hoxe, nomeouse a Natalia Iglesias Rodríguez e como Secretaria da organización á xóven, María Taboada Costoya.
Durante a xuntanza Dolores Rodríguez amosou ao grupo de mozos a súa satisfacción porque o colectivo dos xóvenes derá este paso xa que deste xeito “estase a amosar que os mozos teñen preocupacións políticas e queren atopar solucións para elas”. Rodríguez tamén afirmou que a contribución da xuventude neste serie de iniciativas contribúe a facer unha sociedade civil máis forte e que os nosos xóvenes desexen escomenzar a loitar por mudar as situacións coas que non están dacordo”.
Pola súa Banda, a nova Secretaria Xeral das Xuventudes socialistas de Melide, Natalia Iglesias, agradeceu o poder contar co respaldo do PSdeG da vila nun proxecto no que “xóvenes levábamos meses traballando con todas as nosas ilusións para acadalo”. Iglesias declarou que con esta iniciativa xa consolidade “por fin poderemos ter dereito a dicir o que pensamos, loitar polas nosas ideas e facer todo o posible polos veciños da nosa idade” , tamén animou a que “todos os xóvenes que qrueiran participar, se unan a nos, por que temos moito que decir e facer por Melide”.

Pola súa banda, as Novas Xeracións do Partido Popular non se constituirían ata maio de 2010:

Ya estamos aquí

Novas Xeracións de Melide
Somos un grupo de 17 jóvenes que creemos que siempre se puede mejorar y que en nuestro pueblo por la razón que sea, nos tuvieron un poco olvidados, pero por fin nos dieron una oportunidad y por supuesto no la vamos a desaprovechar.
Por eso estamos aquí con ilusión, nuevas ideas, propuestas, iniciativas, etc para trajabar por un futuro para Melide.

O acto de presentación foi plasmado en vídeo

Non deixa de resultar gracioso o feito de que na fotografía das NN.XX. apareza xente que dificilmente poderiamos considerar moza, aínda que ten o seu aquel que se curraran todo un vídeo de presentación (mágoa que saia deformado):

De Galiza Nova en Melide non sei nada (non sae formación melidense na súa páxina web).

Non vexo que ningunha das formacións mozas en Melide tivesen repercusión social, e atendendo á súa presenza na Rede entendo que a única activa é a de NN.XX., que limítase a facer de altofalante do Partido (os temas que figuran na súa web son de ámbito xeral, con pouca relación cos intereses da rapazada da vila).
Unha mágoa que non haxa unha maior involucración dos novos na vida local, pero entendo que en boa medida acontece porque a xente tende a marchar da vila para estudar, e iso crea un baleiro importante (nas cidades, en cambio, existen sinerxías entre as asociacións estudantís e as mocidades dos partidos políticos).
Tamén é certo que os políticos poucas veces escoitan á canteira, pero é innegable que eses primeiros pasos poden ser fundamentais para curtir bos políticos, cando menos no plano organizativo e dialéctico. Igual a Melide vénlle grande o activismo xuvenil, pero estaría ben telo en conta, non como unha cota a cubrir nas candidaturas, senón como unha aposta de futuro.

Martes, 26 de Abril de 2011

Conta atrás para as municipais: A candidatura socialista presentarase o xoves

O vindeiro xoves no Carlos 96 terá lugar a presentación da candidatura socialista ás eleccións municipais de Melide, segundo pode lerse na páxina web da agrupación local:

Presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Melide para as próximas eleccións

O vindeiro día 28 de Abril presentarase a candidatura do partido para as eleccións do 22 de Maio. O evento terá lugar no Hotel Carlos 96 as 21:15 horas.

Manuel PradoO xoves día 28 de Abril, ás 21:15 horas do serán, terá lugar a presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Melide no hotel Carlos 96, sito na rúa Avda. de Lugo. A cadidatura conta con varias novas, entre as cales se pode destacar a presencia de Manuel Prado como único candidato que repite con relación á anterior lista do partido. Ademais a lista conta con un número equiparable de homes e mulleres, comprometidos co pobo de Melide, dispostos a traballar decote.

Supoño que nos vindeiros días terán lugar actos semellantes do resto de forzas políticas melidenses, aínda que non me sorprendería que algún partido preferise gardar folgos para a campaña electoral.

Conta atrás para as municipais: Fotografía oficial da candidatura popular

Fotografía de grupo do PP de Melide
Xa falta menos para que principie a campaña electoral, e dende a agrupación melidense do Partido Popular prepáranse publicando a fotografía de grupo dos seus candidatos. Moitos agradecerano para poder pór cara aos nomes que figuran na candidatura popular (sen ter que agardar á propaganda electoral).
Os integrantes do PP que aparecen na imaxe son, de esquerda a dereita, os seguintes:

1.Isabel Agra
2.Mercedes Gosenge
3.Antonio Gómez
4.Dalia García
5.M.Jesús López
6.Benito Nebril
7.Luis Arias
8.Antonio Loureiro
9.Rosa Cabado
10.Ramón Somoza
11.Anxeles Vázquez
12.Santos López
13.Vanessa Rey
14.Manuel Cardelle
15.Rolando Mejuto
16.Dolores Gómez
17.Ana Casanova
18.Jesús Penas
19.Alvaro Costoya
20.M:Carmen Fisteus
21.Mercedes Arias

Ver candidatura do Partido Popular ▼

Luns, 25 de Abril de 2011

O pequeno Thor

O anuncio do lado escuro do concesionario non ten unha única parodia, senón que agora aprovéitase para anunciar a nova película de Thor:

O novo filme chega ás nosas pantallas o venres (no iMDb figura como data de estrea o xoves, o que supoño que será algún pase de estrea en Madrid ou Barcelona), adiantándose unha semana á estrea norteamericana.
Non sei qué pensar da película, pois non gusto nada a aparencia que dan a Asgard, pero espero que a acción estea medianamente ben narrada. Que cadaquén decida segundo o seu trailer:

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios