Conta atrás para as municipais: O PP publica un folleto informativo
Como xa vén a ser tradicional antes dos comicios electorais, o Partido Popular vén de publicar un folleto no que recolle moitos dos seus argumentos contra o Goberno municipal actual:
En canto poida botarlle un ollo engadirei algún comentario a esta entrada.




8 comentarios realizados
1. Denoe escrito o 30 de Abril de 2011 ás 21:20
Bastante pobre…
2. MELICK escrito o 1 de Maio de 2011 ás 19:37
Gostariame saber quen filtrou o documento municipal de deuda coa empresa da luz
3. MELICK escrito o 1 de Maio de 2011 ás 19:43
no da depuradora anxeles di que o fixo porque non quere ser complice de un delito.
pareceme que na epoca do goberno do pp tamén houba algún delito e a oposición (por aquel tempo sendo Benedicto o portavoz) NO QUISO LEVAR A NADIE A XUSTIZA.
Distintas formas de facer política. Anxeles solo quere chegar o poder sexa como sexa.
4. MELICK escrito o 1 de Maio de 2011 ás 19:55
Agora resulta que e a Xunta quen nos vota una axuda coa autovia. Pois máis ben resulta increible.
Miguel Pampín nunca quixo a autovia, dixo na prensa que non era bo para Melide e mintiu os melidenses nun acto público.
Anxeles, tes que ter tino co que dís, falar con propiedade e lembrar o teu pasado como membro do goberno de Miguel Pampín, do cal no fala nunca.
Marcus o folleto e deplorable, a entrevista moi pobre, o da débeda no o cree nin ela.
5. Marcus escrito o 1 de Maio de 2011 ás 22:42
MELICK, finalmente botei unha ollada ao folleto e nun principio, como xa comentei en ocasións anteriores, sinto moito que un documento con tanta distribución teña unha maquetación tan mala e unha ortografía deficiente. Deberían coidar máis iso, pois non é un bo exemplo para os cidadáns.
Sobre os contidos, o único que vin que fose máis aló das acusacións habituais que puidemos escoitar nos últimos meses foi o feito de ilustrar graficamente os gastos de persoal, os investimentos ou as previsións de ingresos por parte do Concello. Os datos sempre son interpretables, pero a súa representación gráfica axuda moito á xente a entendelos.
Non sei se PSdeG ou BNG elaborarán un documento semellante para a súa distribución de cara ás eleccións, pero estaría ben que fixeran algo semellante para contrastar, pois o número 3 da revista O Cruceiro é o único referente, e non podemos consideralo válido por ser institucional e non político.
6. gaioso escrito o 2 de Maio de 2011 ás 0:21
Marcus, o dos gráficos claro que axuda, pero deben ter coidado coas proporcións. Refírome ao primeiro deles, no que un incremento do 19,06%, na gráfica reflíctese en case o triple. Os restantes parcen concordar bastante ben coas cifras.
Isto recordame ao caso duns gráficos que saíran en Telemadrid, cos datos do paro, creo recordar.
7. gaioso escrito o 2 de Maio de 2011 ás 0:28
Desculpas, o caso ao que me refería ocorreu na 1 de TVE.
Gráficas manipuladas
8. Marcus escrito o 2 de Maio de 2011 ás 10:19
Tes razón en que o primeiro gráfico é incorrecto. Para poder facer unha sección dun gráfico de xeito atinado habería que marcar un punto no que as barras rachan, e iso non ten sentido facelo cando a comparación é só entre 2 elementos (tería lóxica, por exemplo, ao comparar os puntos dos primeiros clasificados en Primeira División, onde o que importa é a distancia e non a vista global).