Conta atrás para as municipais: O BNG de Melide anuncia a súa candidatura

Como quen non corre, voa; a agrupación local de Melide do Bloque Nacionalista Galego xa anuncia a súa candidatura ás eleccións municipais no seu espazo na web do BNG, asegurando que elixiron a «persoas con experiencia de goberno e tamén con un alto grao de renovación». A candidatura local preséntase co seguinte argumento:
O BNG é unha forza política comprometida con Melide. Estamos comprometidos e comprometidas cos problemas das persoas, así o demostramos estes catro últimos anos. Eses son os nosos problemas e preocupacións : o emprego e o benestar social, o idioma e a cultura galega, a sanidade e o ensino público, as enerxias limpas, o deporte, etc. O BNG goberna e quere seguir gobernando Melide para facer política a favor das persoas. Somos quen de construir un concello para vivir e para traballar, un concello pola igualdade, sustentábel e con calidade de vida, un concello que é o orgullo dos veciños e veciñas, un concello participativo e democrático.
Supoño que o resto de formacións farán o propio nos vindeiros días.
Ver candidatura do BNG ▼






2 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 24 de Abril de 2011 ás 18:31
chegoume á ialma iso do compromiso coas enerxías renovables
máis que nada porque na galiza a enerxía renovable chega a o 30% ou sen problemas ata o 50% E iso sen facer ren!
Penso que estaría ben falar de baixar o prezo da electricidade aos aborixes da galiza. Porque os coitados poñen o chiringo e non ven un can. Pero iso haino que facer en compostela e en madrí
O que si poden facer en melide é pedir que lles deixen poñer uns muiños pra que o concello non pague un recibo a unión penosa de escándalo e tamén buscar o xeito de que @s veciñ@s teñan paneis solares na casa
Todo o mundo tranquilo! Non penso presentar candidatura en melide
2. Guillermo López Sueiro escrito o 5 de Maio de 2011 ás 18:50
Desexo facer referencia a última foliada celebrada o 30 de abril e o primeiro de maio deste 2011. “Gustoume”, que duda cabe, todo o que teña o aroma da cultura galega é do meu gosto. Nembargantes non todo e perfecto, sempre se escapan cousas, e a nosa obriga é melloralas.
Partindo desa base, quero facer algo nese sentido e ver de que “o que está ben”, mellore. Por eso quero facer referencia a que esa foliada, sen que perda nada do seu encanto, debería, ademais de facerllo pasar ben a uns poucos grupos musicais, pensar un pouco tamén na economía do noso pobo, tan necesitada, así como en ter unhas miras amplas e abertas en apoio dunha cultura global galega, que tampouco está en condicións de desprezar a axuda de ninguén. Digo esto sen ánimo de protagonismo e sen interés algún de que a miña crítica saia do entorno da organización, pero penso que non se debería limitar tanto o número de grupos que actuan dentro do marco ofial desa organización, sempre hai posibilidades de ampliar a participación, dunha forma ou de outra, e en todo caso, de informar de como se pode participar se alguén non pode entrar dentro do programa organizado. Eu pretendín levar o grupo da asociación cultural A Rexouba e fíxoseme saber que o cupo estaba cuberto, pero non se me informou de que a nivel de rúa podia participar quen quixera, e eu non sabia que esto era posible. Con este mal entendido o pobo deixou dee recibir a visita de unhas trinta persoas e a foliada manténdose dentro dun circulo reducido e con poucas posibilidades de transcender fora da Terra de Merlide. Deixemos que medre a criatura. Será bo pra Melide e pra cultura galega. A ninguén lle gusta que o condenen a ser sempre un neno. ¡Que bo sería que non se coubera dentro de pobo!
Non mo collades por mal camiño. É o que sinto.
Todo por o noso pobo.
Unha aperta