Xoves, 28 de Abril de 2011

Conta atrás para as municipais: Encontro dixital con Ángeles Vázquez en El Correo Gallego

Menuda sorpresa levei hai uns minutos ao ver que Ángeles Vázquez, candidata popular á alcaldía de Melide, está a participar nun encontro dixital na páxina web de El Correo Gallego (cando remate actualizarei esta entrada):

Ángeles Vázquez

Candidata a la alcaldía de Melide por el PP

Boas tardes, agardo respostar coa máxima claridad posibles as vosas preguntas. Empezamos
Ángeles Vázquez en El Correo Gallego

  • Cres que conseguiras a maioria absoluta. No caso de non conseguila obtarias a opcion de pactar??pactarias co PSOE? poderias chegar a pactar co BNG?. (pregase resposta clara. SI ou NON)

    As enquisas augúrannos un bo resultado, en todo caso o día 22 será o día definitivo. Agardo conseguir a maioría absoluta.

    Non pactei hai catro anos e tampouco o farei ahora. Entendo que debe de gobrenar aquel partido que obteña o maior número de votos, aínda que a lei da a posibilidade de pactos cando non hai maioría absoluta. Sentiríame moi a disgusto gobernando se non acadara esa maioría suficiente. Polo tanto queda totalmente descartado un pacto de goberno con ningún dos dous grupos políticos.

  • Ver o resto de preguntas ▼

Gustaríame ter constestado a morea de preguntas que enviaron os internautas ata hai uns poucos minutos, pero o tempo non nos da para máis. Grazas por estar ahí.

Promete acceso á Internet nas aldeas, dubida sobre o tramo melidense da autovía Lugo-Santiago e critica duramente ao goberno municipal actual. Con estes alicerces a campaña electoral promete.

ACTUALIZACIÓN: Hoxe mesmo o Partido Popular anunciou que a vindeira fin de semana presentará oficialmente os seus candidatos á vila:

Presentación da candidatura do PP de Melide
Domingo 1 de maio
ás 21.00 horas
Na sala Palladium

Intervirán:
Ánxeles Vázquez (candidata a alcaldía)
Ana Pastor (deputada nacional no Congreso)
Beatriz Mato (conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia)
e outros membros da candidatura.

O Carlos 96, a Palladium… unha mágoa que a Casa de Cultura non estivese rematada a tempo para acoller este tipo de actos.

Tamén veño de fixarme no cartel do PP de Melide:
Cartel PP 2011
Agardo que nas rúas non poñan esta versión, senón unha que estea rotulada en galego e que non deturpe o nome da candidata.

5 comentarios realizados

a gravatar

1. gaioso escrito o 28 de Abril de 2011 ás 22:59

Tamén está dispoñible a de Manuel Prado, e a de Armando Cascón. Pŕoximamente, Socorro Cea, e Xaquín García. Ah, e non esquezamos a de Xosé Manuel Pérez, que aínda que sexa candidato en Oroso, ten as súas raíces en Melide. Saúdos.

a gravatar

2. gaioso escrito o 28 de Abril de 2011 ás 23:06

Non quero esquecerme de darche as grazas pola gran labor informativa que estás a facer, e que tanto agradecemos as persoas que nos atopamos fóra do noso pobo. Os meus parabéns Marcus.
Muito obrigado.

a gravatar

3. Marcus escrito o 28 de Abril de 2011 ás 23:43

Si, si, a de Manolo téñoa programada para que saia no blog este venres pola mañá.
Sobre o de informar, en vista de que hai moitos melidenses por aquí, considero que é case unha obriga. Dende a distancia tamén gusto de que a xente de Melide pase por aquí e deixe algún comentario (pois é un xeito de tomarlle o pulso á actualidade da vila).

a gravatar

4. marcus.es » Conta atrás para as municipais: Encontro dixital con Socorro Cea en El Correo Gallego escrito o 2 de Maio de 2011 ás 19:35

[...] os encontros dixitais con Ángelez Vázquez e Manuel Prado, en El Correo Gallego rematan coa presenza de Socorro Cea, actual rexedora e [...]

a gravatar

5. marcus.es » ¿Cal é a empresa melidense que quere levar Internet ao rural? escrito o 4 de Maio de 2011 ás 11:40

[...] outro día Ángeles Vázquez comentou no encontro dixital de El Correo Gallego que «o primeiro que faremos e que todos os veciños que así o desexen teñan conexión a [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios