Sábado, 30 de Abril de 2011

Contra atrás para a municipais: a revista O Cruceiro

Como vén de distribuírse pola vila o folleto informativo do Partido Popular, criticando o Goberno municipal do último mandato, considero xusto publicar aquí agora o número 3 da revista O Cruceiro (publicada o pasado mes de outubro) na que dan conta das obras realizadas durante os 3 primeiros anos do bipartito local:

A iniciativa de recoller todas estas obras nunha revista, pese a poder entenderse como autobombo, considero que foi moi positiva, pois existe unha opinión xeralizada entre os cidadáns de que as Administracións Públicas non fan nada, e deste xeito podemos ponderar os resultados do traballo político. De manterse este tipo de publicación, servirán para que a xente poida facer balance dos distintos consistorios municipais que vaian formándose ao longo do tempo.

De todos os xeitos penso que medir os resultados dun Goberno polas obras públicas rematadas é bastante inxusto (especialmente se só miramos o seu número), pois existen moitos outros factores a considerar, como o diálogo social, a organización de eventos de distinto tipo (dende festivos ata formativos), a administración dos servizos municipais, a organización do seu cadro de persoal, a velocidade na realización de certos trámites ou incluso a relación con outras Administracións Públicas. Temas que supoño que ten en conta a xente cando valora o destino do seu voto.

Conta atrás para as municipais: O PP publica un folleto informativo

Como xa vén a ser tradicional antes dos comicios electorais, o Partido Popular vén de publicar un folleto no que recolle moitos dos seus argumentos contra o Goberno municipal actual:

En canto poida botarlle un ollo engadirei algún comentario a esta entrada.

Venres, 29 de Abril de 2011

Thor, un novo acerto da Marvel

Cartel da película
Esta noite fun ver a película de Thor, da que non agardaba moito, e saín moi gratamente sorprendido do cine, entendendo que os da Marvel soubérono facer outra vez, de xeito que o universo que están a construír encadeando as películas de Iron Man, Hulk, Thor e Capitán América para chegar á dos Vengadores é un esforzo que paga a pena. Pero como non quero estragarlle a película a ninguén, faréi uns poucos comentarios:
THORtolitos
- THORtolitos: síntoo moito, pero a relación entre Thor e Jane Foster na película é unha chorrada. Non existe química real entre os personaxes e non hai nada que xustifique a suposta relación romántica entre ambos agás compartir un par de planos en pantalla. Dá a impresión de que meteron iso con calzador para poder empregar a Natalie Portman como reclamo.
THORnados
- THORnados: pese a que os efectos especiais da película dan o pego, en realidade son mediocres, e abusan de tornados, tormentas e lóstregos para disimular. Aínda que para min o peor foi a aparencia que deron a Asgard (¡e a Odín!) e a representación de exércitos inmensos en plan El Señor de los Anillos nalgunhas das esceas iniciais. Iso sobraba.
Loki
- THORpedo: ¡Fistro de pecador! ¡Cobarde! Si, se hai algo que destaca na película é Loki, personaxe moi solvente e moito mellor traballado que o de Thor. Aproveitando que a historia xustifica as súas accións dase forma a unha figura que pese a levar unha vestimenta tan ridícula coma nos comics, ¡queda ben! É a típica cousa que se ves en fotografías non as cres, pero cando as imaxes cobran vida na pantalla… ¡temos un antagonista perfecto!
Nick Furia
- THORtura: aguantar ata o final dos títulos de crédito para ver o cebo da película dos Vengadores é todo un suplicio. ¡Pero hai que roelo! Estades avisados.

Conta atrás para as municipais: Encontro dixital con Manuel Prado en El Correo Gallego

O outro día pasóuseme o encontro dixital de Manuel Prado, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía melidense, en El Correo Gallego:

Manuel Prado

Candidato por el PSOE a la alcaldía de Melide

Boas tardes a todos. Saúdos a todos os internautas que nos están seguindo nesets momentos. Espero que coas miñas respostas poida aclararlles as dudas que plantexaron nas preguntas que formularon durantes estes días.

Manuel Prado

  • Ainda que ahora pactas co BNG. Caberia a posibilidade de que poideses pactar co PP? (pregase en concreto SI ou NON)

    Non hai posibilidade de pacto co Partido Popular, porque son dunha ideoloxía contraría. Paréceme que terían que haberse gañado esa confianza durante catro anos, nos que estiveron alonxados da realidade de Melide, cunha crítica irreal e pouco constructiva.

  • Amosar o resto de preguntas ▼

Moitas grazas a todos por seguir dixitalmente este encontro. Espero que se aclararan todas as dúbidas plantexadas e se non é así, podedes dirixirvos ao Concello de Melide onde gustosamente ampliarei a información que solicitedes.

O vindeiro luns teremos a Soqui Cea, candidata do BNG, noutro encontro dixital en El Correo Gallego.

Xoves, 28 de Abril de 2011

Conta atrás para as municipais: Encontro dixital con Ángeles Vázquez en El Correo Gallego

Menuda sorpresa levei hai uns minutos ao ver que Ángeles Vázquez, candidata popular á alcaldía de Melide, está a participar nun encontro dixital na páxina web de El Correo Gallego (cando remate actualizarei esta entrada):

Ángeles Vázquez

Candidata a la alcaldía de Melide por el PP

Boas tardes, agardo respostar coa máxima claridad posibles as vosas preguntas. Empezamos
Ángeles Vázquez en El Correo Gallego

  • Cres que conseguiras a maioria absoluta. No caso de non conseguila obtarias a opcion de pactar??pactarias co PSOE? poderias chegar a pactar co BNG?. (pregase resposta clara. SI ou NON)

    As enquisas augúrannos un bo resultado, en todo caso o día 22 será o día definitivo. Agardo conseguir a maioría absoluta.

    Non pactei hai catro anos e tampouco o farei ahora. Entendo que debe de gobrenar aquel partido que obteña o maior número de votos, aínda que a lei da a posibilidade de pactos cando non hai maioría absoluta. Sentiríame moi a disgusto gobernando se non acadara esa maioría suficiente. Polo tanto queda totalmente descartado un pacto de goberno con ningún dos dous grupos políticos.

  • Ver o resto de preguntas ▼

Gustaríame ter constestado a morea de preguntas que enviaron os internautas ata hai uns poucos minutos, pero o tempo non nos da para máis. Grazas por estar ahí.

Promete acceso á Internet nas aldeas, dubida sobre o tramo melidense da autovía Lugo-Santiago e critica duramente ao goberno municipal actual. Con estes alicerces a campaña electoral promete.

ACTUALIZACIÓN: Hoxe mesmo o Partido Popular anunciou que a vindeira fin de semana presentará oficialmente os seus candidatos á vila:

Presentación da candidatura do PP de Melide
Domingo 1 de maio
ás 21.00 horas
Na sala Palladium

Intervirán:
Ánxeles Vázquez (candidata a alcaldía)
Ana Pastor (deputada nacional no Congreso)
Beatriz Mato (conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia)
e outros membros da candidatura.

O Carlos 96, a Palladium… unha mágoa que a Casa de Cultura non estivese rematada a tempo para acoller este tipo de actos.

Tamén veño de fixarme no cartel do PP de Melide:
Cartel PP 2011
Agardo que nas rúas non poñan esta versión, senón unha que estea rotulada en galego e que non deturpe o nome da candidata.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios