Vellas maquiniñas vía web

Os xogos sinxelos para o móbil son todo un éxito, pero a simplicidade aínda era maior nos anos 80, pois antes da Game Boy había unha especie de reloxos con alarma que inspirados en calculadoras ofrecían horas de lecer cunha mecánica repetitiva e unha música e uns efectos de son que enganchaban aos máis cativos.
Eu lembro con moito cariño a Game & Watch de Donkey Kong e o xogo de Kung Fu, pero agora a páxina web Pica Pic creada por Hipopotam ofrécenos unha interesante colección de maquiniñas que podemos xogar dende o noso navegador web, para rememorar así os velos tempos.

Para min resultoume especialmente rechamante que estivese o clásico Donkey Kong Jr. e un xogo que deseñecía de Arale, pois resulta que nos primeiros anos da TVG emitían as series do Dr. Slump e Arale (vaia, vaia
) e Donkey Kong (foooorza muuuusculaaaar
). Unha afortunada coincidencia que ilumina o meu corazonciño nostálico dos videoxogos retro.
Os que botasen moitas horas con este tipo de xogos no seu tempo, que fuxan da mencionada páxina, para non pór en perigo a súa produtividade laboral ![]()






5 comentarios realizados
1. Diego escrito o 26 de Marzo de 2011 ás 10:30
Too late, my friend.
Donkey Koooooooooooooooooooooong!!!!!!!!!!!!!
2. lauren escrito o 28 de Marzo de 2011 ás 2:32
acórdome duha colección de pegatinas de marcas de coches…se completabas o carton enteiro, danbanche unha maquiniña (na de vitorio ).jeje…o mais dificil de atopar era o de Ferrari.
3. Marcos escrito o 29 de Marzo de 2011 ás 21:02
Joder! Que recordos!
4. Marcus escrito o 30 de Marzo de 2011 ás 16:19
Lauren, agora que o dis, eu sempre lembrarei o caso no que cando xuntabas a colección completa conseguías ¡un reloxo-transformer! (ao ano seguinte coido que foi substituído por un reloxo-calculadora, e máis adiante por un balón de fútbol… así foise perdendo o frikerío paso a paso).
5. lauren escrito o 6 de Abril de 2011 ás 12:10
anda..recórdome do reloxo-transformer, en vermello…bufff, xa choveu…
Vaia maquinas…