Xoves, 10 de Marzo de 2011

Ela non gusta de Firefly (unha mágoa)

Non coñecía a Mikey Mason e o seu traballo coma roqueiro humorístico, pero coido que coa súa canción She don’t like Firefly cativou a moitos frikis da ciencia ficción de todo o mundo:

Eu tamén adoro a serie de televisión Firefly (téñoa en DVD) e a súa secuela cinematográfica Serenity (incluso fun á súa pre-estrea), pero mandar a unha moza a paseo por non gustar de tal obra de Joss Whedon parece excesivo. Sería máis normal facelo porque está enganchada ao World of Warcraft, ¿non?

De todos os xeitos, Mason paréceme unha boa descuberta, e gustei especialmente da actuación dedicada ás series de televisión da súa infancia:

Patoaventuras, Rescatadores, Thundercats, Scooby Doo, Barrio Sésamo, Osos Gummi, Pequeñecos… chega a interpretar a canción do final de Son Goku e xa sería o máximo :D

Mércores, 9 de Marzo de 2011

Probando a 3-DEES

3-DEES
Mario está para comérseloEste venres en Madrid vai presentarse oficialmente a Nintendo 3DS, a nova consola portátil que vai causar furor entre a rapazada de todo o mundo (especialmente entre os que poidan permitirse adquirir o trebello ao seu prezo de lanzamento).
Pero, anticipándome, eu xa probei a 3-DEES, con personaxes como Mario, Donkey Kong, Diddy Kong e Yoshi, que aínda que non é a experiencia máis divertida do mundo, pode levar a máis de un a afirmar que Mario está boísimo pese a que estamos a falar dun fontaneiro baixiño, rechoncho e con bigote.
De todos os xeitos xa adianto que este venres ou o sábado procurarei dar conta de cómo foi a presentación madrileña de Nintendo, así como compartir o que me pareceu a pantalla 3D sen lentes da nova consola portátil que supoño que mercará pronto Santiago Segura para poder ver o trailer en 3D de Torrente 4. ;)

Martes, 8 de Marzo de 2011

Jennifer Aniston sex tape

Para entender o título desta entrada hai que ver enteiro o seguinte vídeo:

Luns, 7 de Marzo de 2011

Conan é un paxaro anoxado

Coma continúe a este ritmo a Conan O’Brien van ter que dedicarlle unha estatua, pois tras putear ao iPad 2 rende agora unha homenaxe ao xogo Angry Birds construíndo un escenario do xogo con mobles de Ikea:

Para min Angry Birds e Angry Birds Seasons (especialmente nas súas versións HD) foron os mellores xogos de 2010 (aínda que a primeira entrega saíse en decembro de 2009) superando aos grandes títulos de consolas tanto portátiles coma domésticas. É un dos xogos máis adictivos que probei nunca e estou agardando a que saia a súa terceira entrega co gallo da película Rio. ¡Hai que acabar con eses porcos verdes dunha vez!

O lado escuro do concesionario… contraataca

¿Lembrades o vídeo do rapaz que quería ser Darth Vader? Pois ten unha parodia boísima na que o coche no é un Volswagen:

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios