¡¿Para cando un Google en galego?!
Tras ler a entrevista que Javier Rodríguez Zapatero concedou a La Voz de Galicia confirmo o meu parecer de que o director xeral de Google España está máis guapo calado, e debería limitar as súas declaracións ao sector empresarial, pois non para de meter a zoca, como cando falou dos televisores conectados á Rede.
Non dubido da profesionalidade de Rodríguez Zapatero, pero está claro que non é un relacións públicas:
Javier Rodríguez Zapatero: «Todavía falta algo para poder disponer del Google gallego»
El director general de Google España asegura que la marca reinvierte el 70% de sus recursos
Google recibió el premio Príncipe de Asturias en el 2008, en pugna con el célebre periodista Bob Woodward y Wikipedia. Javier Rodríguez Zapatero, ayer conferenciante en Santiago, en una jornada de la APD, llevaba una semana en la compañía.
-Microsoft lanzó hoy [por ayer] el Explorer 9. ¿Qué puede significar para Google?
-Bueno, no comentamos cómo puede ser un producto de la competencia. Nosotros trajimos al mercado, hace más de dos años, el navegador Chrome, que surge con la idea de que todo se hará mucho más rápido y operando en la propia web. Y seguiremos apostando por él.
-¿Cuántas búsquedas se hacen en gallego, catalán y vasco?
-No tenemos datos. Las cuatro lenguas que más se utilizan en Internet son inglés, español, chino y francés. El resto están progresando. Google tiene una sensibilidad especial por las lenguas locales y el matiz y la riqueza que dan, y cada vez estamos desarrollando más actividad en este sentido, tanto en los software de traducción como en la localización de productos, como el buscador.
-¿Ya se puede «vivir» en gallego en Google?
-Bueno, todavía falta algo para poder disponer, en concreto, del Google gallego, pero está en la mente de la compañía poder llegar a cuantos más rincones mejor, y una de las obsesiones de nuestros fundadores es que las barreras lingüísticas no sean un problema. La filosofía de fondo es organizar la información que hay en el mundo y hacerla accesible. Las barreras idiomáticas nos hacen que a veces no crezcamos lo rápido que podemos como humanidad.
-¿Cómo se posiciona Google ante los «smartphones»?
-Van a ser nuestra prioridad. Google tiene once años, se dio cuenta hace dos de que el mundo iba a ser móvil y entró en el desarrollo de un sistema operativo abierto como Android, para que todos los fabricantes de teléfono pudieran cogerlo y desarrollarlo de manera gratuita.
¿Por qué digo que o director xeral de Google España mete a zoca? Pois por dicir cousas como que non teñen datos do uso do galego, o catalán ou o éuscaro nos seus buscadores. Dirá que non leva os datos nese momento (o que tampouco é moi responsable pola súa banda, xa que sabe que son preguntas obrigadas cando visita comunidades autónomas con linguas propias), pero que Google leva estatísticas sobre o tema é innegable, e incluso publica algunha de cando en vez.
Pero o peor de todo é cando di que «todavía falta algo para poder disponer, en concreto, del Google gallego», pois resulta que o buscador conta con interface en galego dende hai 10 anos.
Os que si están sen traducir son algúns servizos de Google coma Gmail, do que cada poucos meses sae un anuncio de que xa remitiron as cadeas de texto coa tradución completa ao galego, e nunca remata de integrarse no sistema como xa fixeron co catalán e o éuscaro. É un exemplo máis do desprezo de Google polo galego, pois por moi bonitas que sexan as palabras de Rodríguez Zapatero, non podemos esquecer que nos deixan sempre para o final, e en 2008 chegaron a provocar unha fenda lingüística no seu buscador de xeito que as páxinas en galego están claramente discriminadas (algo verificado por múltiples profesionais do sector pese a que dende Google rexeiten ter responsabilidade no asunto). Google non entende o bilingüismo e incluso confunde a Galicia con Brasil e Portugal no seu tradutor, o que exemplifica o pouco coidado que teñen coa nosa cultura.
E para rematar de tirar das orellas a Rodríguez Zapatero, non entendo como fala de prioridade futura ao referirse aos smartphones se levan sendo a máxima prioridade da compañía dende hai preto de 4 anos (cando fundaron a Open Handset Alliance para desenvolver Android). Supoño que non querería recoñecer abertamente que agora o principal rival da súa compañía é Apple e non Microsoft. ![]()

Google recibió el premio Príncipe de Asturias en el 2008, en pugna con el célebre periodista Bob Woodward y Wikipedia. Javier Rodríguez Zapatero, ayer conferenciante en Santiago, en una jornada de la APD, llevaba una semana en la compañía.



6 comentarios realizados
1. Andrés López escrito o 17 de Marzo de 2011 ás 10:16
HOme, non me amoles, agora resulta que http://www.jujel.es non é o Google en galego! Pero a min moitas motos me venden! XD
2. Turkoo escrito o 21 de Marzo de 2011 ás 13:47
Discrepo. Non creo que a baixada nos sites en galego sexa tan forte. De feito, collendo o Galiciahoxe en Alexa, pasou do 300 mil ao 500 mil, aparece hoxe en día outra vez no posto 200.000 e pico.
O codigocero.com pasou de 130 mil e pico a 300 mil e pico (segundo o voso gráfico), pero hoxe está no 161.000.
Seguramente houbo unha restruturación, pero isto non é unha vantaxe para os que navegamos en galego?
3. Marcus escrito o 21 de Marzo de 2011 ás 18:03
Turkoo, estás a malinterpretar os datos: miras o éxito das páxinas web en galego como se todos o tráfico veña de Google, e non é así. A análise baseada en Alexa era para constatar un feito, pero non serve como método de análise.
O que pasa na práctica é que os usuarios galegos normalmente acceden a través do Google en español (pois é a lingua na que teñen o seu escritorio) de xeito que, ao mudar o seu algoritmo en maio de 2008, Google dá prioridade aos resultados de busca en español pois non entende que os galegos somos bilingües, e que entendemos igualmente o español e o galego. Se accedemos activamente ao Google en galego dáse prioridade aos resultados en galego. Iso antes non pasaba. Se introducimos unha busca en galego, ¿por qué o buscador dá prioridade a resultados en español?
Dende Código Cero fixemos un seguimento do asunto partindo de comentarios de profesionais do sector, e recoñeceron que para recuperar o posicionamento en páxinas web turísticas tiveron que facer que o galego nas súas webs non fose a opción predeterminada (como facían antes). Só con esa treta recuperaron a súa posición. Máis claro, auga.
Ah, e no caso de Código Cero é impresionante ver como as procuras tecnolóxicas no Google en galego sitúannos en primeira posición en numerosas ocasións, pero en español (reitero, facendo buscas en galego é difícil dar con nós (normalmente quedamos na segunda páxina de resultados) pese a que somos practicamente o único medio que dá certas novas.
Incluso considero lamentable que na actualidade sexamos a publicación en galego líder segundo Alexa, pois somos prensa especializada, polo que debería haber moita prensa xeneralista en galego que nos superase. Google non é o único culpable, pero de seguro que contribúe.
Se queres saír de dúbidas, abre en paralelo o Google en español e o Google en galego, colle unha frase do Galicia Hoxe e pégaa en ambos buscadores, e verás como os resultados moi diferentes (no Google en galego o xornal case sempre queda en primeira posición).
4. Mixigodo escrito o 21 de Marzo de 2011 ás 20:13
Eu emprego o google en castelán por diversos motivos no meu navegador predeterminado. Normalmente atopo todo máis rápido, e é que baixo o meu punto de vista, o google galego non funciona tan ben. Porén, é o que dis ti, buscando algo en galego no google en castelán non che dá resultados que desexas.
No Chrome, o meu 2º navegador, emprego google galego, e no meu primeiro navegador o castelán. Éme moito máis práctico, por desgracia.
E da miña experiencia non me parei a produndizar de se a culpa é de google ou de que a meirande parte da información se atopa en castelán, non o sei. Aínda así, Google debera poñer as pilas para ofrecernos un bo servicio.
5. Marcus escrito o 21 de Marzo de 2011 ás 22:51
Mixigodo, precisamente a iso refírome cando falo do bilingüismo: o Google para os galegos debería amosar indistintamente páxinas en español e en galego, axustándose ao que buscamos e non dando tanta prioridade á lingua, pois a nós resúltanos indiferente.
Antes Google non facía tal cousa, e coido que nos vindeiros anos vai pasar de dar prioridade a lingua para facerlo coa proximidade xeográfica (grazas aos avances na xeolocalización e á emerxencia da Internet móbil), pero mentres aos galegos téñenos puteados. Xa recibiron queixas e pasaron de todo.
É absurdo que cando un busca en Google por aparezan resultados en español, e haxa que pór o Google en galego (¡ou en inglés!) para ter resultados realmente bos. Algo como un filtrado por lingua debería constar na busca avanzada, pero non de xeito predeterminado.
6. Mixigodo escrito o 22 de Marzo de 2011 ás 23:31
As miñas disculpas, Marcus, non te entendera ben cando falabas do bilingüísmo. Entendérache xusto o contrario.
Pois ti dilo moito mellor cá min. A onde quero chegar é que é unha mágoa, pero prefiroo empregar en castelán por propia comodidade e usabilidade. Pero claro, isto poder percutir en que nas estadísticas do buscador das que Rodríguez Zapatero parece non ter constancia, pareza que aos galegos non nos interesa ter un buscador na nosa lingua, e iso supón para min certo dilema (eu quero un bo google no meu idioma, e gustaríame que a empresa fose consciente diso, que non pense que me chega co español).
Tés toda a razón
Un saúdo!