Xoves, 31 de Marzo de 2011

Eats & Twitts en A Coruña

Eats & Twitts
Este serán xuntámonos no Hotel Tryp Coruña uns entusiastas das redes sociais para compartir pareceres no primeiro Eats & Twitts que se celebra na cidade (e o terceiro en Galicia), de xeito que mesturábase a presenza típica de eventos tecnolóxicos con outras persoas cun perfil máis light, o que sempre resulta enriquecedor.

Mesa DM
Non faltaban auténticas figuras da Internet galega coma o coñecido blogueiro Carlos Calidonia Neira, o empresario Manuel Pan de Abertal (compañía que leva xa 14 anos traballando nisto da web) e Alfonso Freire, organizador de Compostweets.

Alfonso Freire fotografándome
Precisamente con Alfonso coincidín na mesa que levaba por nome Timeline, e pese a que a asignación de mesa foi ao azar (nós mesmos sacamos dunha bolsa o papel que dicía onde tiñamos que sentarnos), xuntámonos unha chea de asistentes ao Compostweets, de xeito que puiden continuar a conversa que tivera con Alfonso neste mesmo espazo. En persoa fálase moito mellor dese tipo de cousas.

A mesa Timeline
Pero na mesa Timeline non só coincidimos asistentes ao Compostweets, senón que tamén cadrou que era unha mesa libre de iPhones, o que tiña bastante mérito se temos en conta a cantidade de fanboys de Apple que hai no sector.
Jesús López (ao que perdoamos que tivese unha BlackBerry como segundo teléfono… por motivos laborais), Alfonso Freire, Iván Omar, Iván Fociños (que prestaba unha atención impresionante ao seu móbil), Javier Rocamora e un servidor eramos o bando dos androides, mentres que outras mesas a cousa era moi distinta:
mesa iphoneira
Coido que agora, para ser cool o que hai que facer é non ter teléfono, ou usar algo que sexa totalmente distinto ao habitual para dar un pouco a nota. Así eu non teño que pensar que Rocamora mangou o meu teléfono: ;)
Rocamora
Pero deixando a un lado a guerra móbil, o encontro foi interesante, e contribúe a pór cara a xente á que un segue en Twitter ou Facebook (como a Irene Tomé de Europublic e María Mosquera de PéZcalo). Haberá que apuntarse a futuros encontros noutras cidades galegas.

Venres, 25 de Marzo de 2011

Vellas maquiniñas vía web

Donkey Kong Jr.
Os xogos sinxelos para o móbil son todo un éxito, pero a simplicidade aínda era maior nos anos 80, pois antes da Game Boy había unha especie de reloxos con alarma que inspirados en calculadoras ofrecían horas de lecer cunha mecánica repetitiva e unha música e uns efectos de son que enganchaban aos máis cativos.
Eu lembro con moito cariño a Game & Watch de Donkey Kong e o xogo de Kung Fu, pero agora a páxina web Pica Pic creada por Hipopotam ofrécenos unha interesante colección de maquiniñas que podemos xogar dende o noso navegador web, para rememorar así os velos tempos.
Dr. Slump - Arale
Para min resultoume especialmente rechamante que estivese o clásico Donkey Kong Jr. e un xogo que deseñecía de Arale, pois resulta que nos primeiros anos da TVG emitían as series do Dr. Slump e Arale (vaia, vaia) e Donkey Kong (foooorza muuuusculaaaar). Unha afortunada coincidencia que ilumina o meu corazonciño nostálico dos videoxogos retro.
Os que botasen moitas horas con este tipo de xogos no seu tempo, que fuxan da mencionada páxina, para non pór en perigo a súa produtividade laboral ;)

Domingo, 20 de Marzo de 2011

Bohemian Rhapsody ¡a capella!

Nos últimos días un descoñecido para min como Matt Mulholland conseguiu o seu minuto de fama ao estrear unha versión en plan Meat Loaf da canción da que todos están a facer burla en YouTube (o Friday de Rebecca Black, que pese a parecer cantada por unha versión feminina de Alvin, supera os 26 millóns de reproducións), pero mirando nas súas obras admito que quedei impresionando pola súa versión a capella do Bohemian Rhapsody de Queen:

¡Hai que estar todo para facer esa peza un soíño! Aínda que vai moito máis aló interpretando o Flash de Queen na ducha:

Para os que gustasen destas pezas, e quixesen explorar un pouco máis a obra de Mulholland sen cinguirse ás versións de temas de Queen, tamén fai un bo traballo versionando o Fuck You de Cee-Lo Green ou incluso o Circle of Life da banda sonora do Rey León. Este tío vai camiño de ser unha das estrelas da web.

Mércores, 16 de Marzo de 2011

¡¿Para cando un Google en galego?!

Tras ler a entrevista que Javier Rodríguez Zapatero concedou a La Voz de Galicia confirmo o meu parecer de que o director xeral de Google España está máis guapo calado, e debería limitar as súas declaracións ao sector empresarial, pois non para de meter a zoca, como cando falou dos televisores conectados á Rede.
Non dubido da profesionalidade de Rodríguez Zapatero, pero está claro que non é un relacións públicas:

Javier Rodríguez Zapatero: «Todavía falta algo para poder disponer del Google gallego»

El director general de Google España asegura que la marca reinvierte el 70% de sus recursos

Javier  Rodríguez ZapateroGoogle recibió el premio Príncipe de Asturias en el 2008, en pugna con el célebre periodista Bob Woodward y Wikipedia. Javier Rodríguez Zapatero, ayer conferenciante en Santiago, en una jornada de la APD, llevaba una semana en la compañía.

-Microsoft lanzó hoy [por ayer] el Explorer 9. ¿Qué puede significar para Google?

-Bueno, no comentamos cómo puede ser un producto de la competencia. Nosotros trajimos al mercado, hace más de dos años, el navegador Chrome, que surge con la idea de que todo se hará mucho más rápido y operando en la propia web. Y seguiremos apostando por él.

-¿Cuántas búsquedas se hacen en gallego, catalán y vasco?

-No tenemos datos. Las cuatro lenguas que más se utilizan en Internet son inglés, español, chino y francés. El resto están progresando. Google tiene una sensibilidad especial por las lenguas locales y el matiz y la riqueza que dan, y cada vez estamos desarrollando más actividad en este sentido, tanto en los software de traducción como en la localización de productos, como el buscador.

-¿Ya se puede «vivir» en gallego en Google?

-Bueno, todavía falta algo para poder disponer, en concreto, del Google gallego, pero está en la mente de la compañía poder llegar a cuantos más rincones mejor, y una de las obsesiones de nuestros fundadores es que las barreras lingüísticas no sean un problema. La filosofía de fondo es organizar la información que hay en el mundo y hacerla accesible. Las barreras idiomáticas nos hacen que a veces no crezcamos lo rápido que podemos como humanidad.

Ver o artigo completo ▼

-¿Cómo se posiciona Google ante los «smartphones»?

-Van a ser nuestra prioridad. Google tiene once años, se dio cuenta hace dos de que el mundo iba a ser móvil y entró en el desarrollo de un sistema operativo abierto como Android, para que todos los fabricantes de teléfono pudieran cogerlo y desarrollarlo de manera gratuita.

¿Por qué digo que o director xeral de Google España mete a zoca? Pois por dicir cousas como que non teñen datos do uso do galego, o catalán ou o éuscaro nos seus buscadores. Dirá que non leva os datos nese momento (o que tampouco é moi responsable pola súa banda, xa que sabe que son preguntas obrigadas cando visita comunidades autónomas con linguas propias), pero que Google leva estatísticas sobre o tema é innegable, e incluso publica algunha de cando en vez.
Pero o peor de todo é cando di que «todavía falta algo para poder disponer, en concreto, del Google gallego», pois resulta que o buscador conta con interface en galego dende hai 10 anos.
Os que si están sen traducir son algúns servizos de Google coma Gmail, do que cada poucos meses sae un anuncio de que xa remitiron as cadeas de texto coa tradución completa ao galego, e nunca remata de integrarse no sistema como xa fixeron co catalán e o éuscaro. É un exemplo máis do desprezo de Google polo galego, pois por moi bonitas que sexan as palabras de Rodríguez Zapatero, non podemos esquecer que nos deixan sempre para o final, e en 2008 chegaron a provocar unha fenda lingüística no seu buscador de xeito que as páxinas en galego están claramente discriminadas (algo verificado por múltiples profesionais do sector pese a que dende Google rexeiten ter responsabilidade no asunto). Google non entende o bilingüismo e incluso confunde a Galicia con Brasil e Portugal no seu tradutor, o que exemplifica o pouco coidado que teñen coa nosa cultura.

E para rematar de tirar das orellas a Rodríguez Zapatero, non entendo como fala de prioridade futura ao referirse aos smartphones se levan sendo a máxima prioridade da compañía dende hai preto de 4 anos (cando fundaron a Open Handset Alliance para desenvolver Android). Supoño que non querería recoñecer abertamente que agora o principal rival da súa compañía é Apple e non Microsoft. :o

Caen anxos do ceo

A nova campaña de Axe, repite a súa fórmula de éxito (amosar tías cachondas sentíndose atraídas polos efecto Axe) resulta bastante impactante (¿buscando certa polémica relixiosa?):

Pero o mellor de todo é que no Reino Unido souberon aproveitar o asunto dos anxos caendo para facer unha orixinal e divertida promoción baseada na tecnoloxía de realidade aumentada:

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios