Xoves, 17 de Febreiro de 2011

González-Sinde en Los Desayunos de TVE


Alucino coa González-Sinde e a súa participación en Los Desayunos de TVE, onde mete a zoca tremendamente:
1- Se a xente lese (e entendese) a disposición final segunda da LES quedaría máis escandalizada, pois vería que non fala de páxinas web de descargas senón de servizos da Sociedade da Información (polo que afectaría case a calquera canle de distribución por vías telemáticas).
2- Considera bo que puidesen pechar unha web en 10 días… obviando que os denunciados tamén teñen dereitos.
3- Di que o xuíz decide a sanción, o que é mentira: decide se a resolución da Comisión vai contra os dereitos fundamentais (o que dubido que poida decidir en 48 horas), pero non entra no fondo das medidas a adoptar contra os denunciados.
4- Asegura que a Lei Sinde vai promover a oferta legal de contidos o que non ten sentido ningún. ¿Qué terá que ver unha cousa coa otra? (aprobaron unha lei coercitiva e non unha liña de axudas para o sector audiovisual) Ademais, coma finalmente Netflix non chegue a España a oferta legal de contidos quedará en nada.
5- Confunde a industria musical (que considera destruída) coa industria discográfica. Actualmente á música vaille de fábula, os que van mal son os que vivían de vender discos, pero os concertos e as descargas (dende iTunes e móbiles) tamén son negocio.
6- Tamén fala de páxinas web que cobran polos contenidos ilegais, obviando que esas xa son ilegais actualmente e están perseguidas e, de feito, se están a xerar unha economía somerxida (sen declarar IVE, entre outras cousas) os seus responsables terían que facer fronte a medidas xudiciais que van moito máis aló do peche das súas webs.

Existen argumentos válidos para defender a chamada Lei Sinde, pero mediante evasivas (como cando non responde á pregunta sobre o feito de que a LES non teña xurisdicción fóra de España) e con argumentos mal utilizados non vai enganar a ninguén. Esa señora debería estar mellor asesorada ou quedar caladiña, pois ao abrir a boca non está a contribuír a unha boa imaxe do Goberno, o seu Ministerio e a Industria á que quere protexer.

Coido que para ilustrar a situación foi moito máis efectivo o programa de onte de Vía V:

3 comentarios realizados

a gravatar

1. Paco escrito o 17 de Febreiro de 2011 ás 23:49

Gustariame una reflexión máis meditada sobre a intervención de Gonzalez-Sinde en Los Desayunos de TVE, pero so podo pensar:

- Cómo pode dicir que son moi sinsíbeis do que pensen os cidadáns?
- Cómo pode dicir que esta lei está baseada na realidade?
- Temos unha lingua? E o resto de linguas do Estado que?
- Cómo podo negar as presións de EEUU?

En resumo: COMO SE PODE TER UNHA CARA TAN DURA????

Non merecemos a políticos de esta calaña, ou iso é o que quero pensar. Deixo aquí unha ligazón que coido que ven moito ao conto:

http://www.nolesvotes.com/

Parabéns de novo Marcus!

a gravatar

2. Nemigo escrito o 18 de Febreiro de 2011 ás 22:02

Ista xente está desnortada. Piden respeto. O respeto non se pide: dase. Cando eles nos chaman (a todos) piratas… moi respetuoso non soa.

Non se pode estar nun posto en plan martir. Estás porque queres estar, ninguén te obriga.

O canon foi tumbado na CE agora estamos ante unha lei inconstitucional e inaplicable. A rede non coñece fronteiras o nivel de ista xete sí: o cero absoluto.

a gravatar

3. Quecarallo escrito o 22 de Febreiro de 2011 ás 12:02

A estas alturas que nadie se sorprenda. Si han mentido en algo tan grave como las pensiones, las cajas, la reforma laboral, las energías renovables, etc, ¿porqué iba a ser diferente con esto?

http://www.nolesvotes.com

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios