Venres, 28 de Xaneiro de 2011

Parobook, ou Pervi.es creando escola

Tras o rebumbio montado pola vendida de moto dun par de rapaces con Pervi.es os medios de comunicación seguen sen aprender, e tanto La Voz de Galicia como El País ou El Mundo veñen de publicar artigos falando do nacemento de Parobook, sen tomar a máis mínima precaución no que escriben.
Parobook
Para comezar, ¿non se decatou ninguén de que plaxiar a portada de Facebook para lanzar unha plataforma semellante non é legal?
Tampouco parece que prestasen atención ao feito de que estamos ante unha web feita con SocialEngine, ou sexa, o mesmo motor que empregou Pervi.es, polo que de seguirmos así cada poucas semanas imos ter nos medios unha nova rede social que vai intentar repetir a xogada.
Pero se nos metemos no que publican os medios a cousa xa mete medo, pois en La Voz comentan que en sus primeros días de vida reunir a más de 14.000 personas, de xeito que vemos que a xente é moi pouco prudente cos seus datos xa que a web carece de contido no apartado de condicións do servizo e non identifica quen está detrás da mesma, ou sexa, que vulneraría tanto a LOPD como a LSSI-CE, de aí que sorprenda bastante que a xente de El Mundo atrévase a soltar chuminadas como que con un diseño inspirado en Facebook, la red social Parobook presenta, sin embargo, unos filtros de privacidad bastante más trasparentes y claros. ¡¿Maaaandeeeeee?! Cando menos, en El País (precisamente dende a súa sección de tecnoloxía) limitáronse a facer unha descripción do servizo, sen realizar ese tipo informacións de pouca solvencia).
Como acontenceu no caso de Pervi.es, os de La Voz tamén engaden que está previsto que en los próximos días sus creadores desarrollen nuevas funciones, polo que haberá que definir o que é o desenvolvemento de funcións, pois dubido que ningún enxeñeiro informático considere que desenvolver algo é instalar un engadido dun CMS.
Parobook volve a demostrar que é moi doado vender a burra á prensa, pero aínda é máis preocupante que a xente confíe neste tipo de plataforma, o que entendo que vén provocado directamente porque o len na prensa (e o cidadán medio non pon en dúbida o publicado en medios consolidados, por falta de criterio).
Non dubido de que a intención dos responsables de Parobook é boa (botando a vista atrás tamén prodúceme tristura ver que o proxecto de Pervi.es non seguise adiante), pero considero preocupante que a prensa continúe a seguir o xogo a certas iniciativas sen aprender de erros pasados. ¿Non son conscientes de que Parobook podería ser unha plataforma para roubar datos persoais e que os xornais estarían a ser complices? ¡Máis sentidiño!

ACTUALIZACIÓN: Miña nai comentoume por teléfono que no informativo de Matías Prats falaron de Parobook, dicindo que rexistrara hoxe máis de 100.000 visitas. Curiosamente na web de Antena 3 xa falaban do tema o pasado martes.

7 comentarios realizados

a gravatar

1. Twitter Trackbacks for marcus.es » Parobook, ou Pervi.es creando escola [marcus.es] on Topsy.com escrito o 28 de Xaneiro de 2011 ás 13:57

[...] marcus.es » Parobook, ou Pervi.es creando escola marcus.es/2011/01/parobook-o-novo-pervi/ – view page – cached Tras o rebumbio montado pola vendida de moto dun par de rapaces con Pervi.es os medios de comunicación seguen sen aprender, e tanto La Voz de Galicia como El País ou El Mundo veñen de publicar artigos falando do nacemento de Parobook, sen tomar a máis mínima precaución no que escriben. [...]

a gravatar

2. Iago Varela escrito o 29 de Xaneiro de 2011 ás 10:50

Pois na Galega tamén falaron del… vese que non aprenderon

a gravatar

3. Raul escrito o 31 de Xaneiro de 2011 ás 22:41

Curioso, o dominio está registrado a nome dum Sueco o 10 de Decembro mediante umha empresa grega (papaki.gr) que é revendedora de eNom.

Agora mesmo o hosting segum netcraft é dumha empresa rusa e a web parece caida.

Tendo em conta que a noticia de El Mundo é do dia 27, a de El País do dia 28 e que a última actualización de DNS é do 25 parece que é um ataque de phising feito coa colaboraçom dos medios de comunicaçons estes. Mui bem, mui bem.

a gravatar

4. Marcus escrito o 1 de Febreiro de 2011 ás 0:16

Raul, espero que o de Parobook sexa un mero problema técnico (o do rexistro non é concluínte) porque de ser un roubo masivo de datos sería como para tirarlle das orellas ben forte aos medios de comunicación que contribuíron a crear tal bola de neve.
De todos os xeitos, está claro que con SocialEngine é imposible manter un servidor coas pretensións de Parobook (a xente entendeu que era un novo Infojobs e estaba a inscribirse de xeito masivo), e a xente ten que comezar a comprender que non se pode montar un servidor web a grande escala sen recursos. ¡Canto dano está a facer a película La Red Social! :P

a gravatar

5. Raul escrito o 1 de Febreiro de 2011 ás 11:03

Certamente qualquer pessoa pode colocar datos de whois falsos no registro do dominio. O que já é mais raro é que para um projecto orientado ao estado espanhol se escolha um proveedor ruso para alojar a web, ou que o dominio se registre em grécia, sobre todo cando parece que ningum dos catro parados que crearom o projecto fai um mes e pico (polo registro do dominio) nom tehem pinta que sejam gregos.

E o mais extranho todavia é que Parobook responde a ip 77.91.225.152 que está asignada ao grupo AS 41947 propriedade de WEBALTA.ru que nem sequer é umha empresa de hosting.

Co que algumhas evidencias som que ou um dos catro parados que di el mundo e el pais som rusos (e se cambiarom o nome e apelidos porque polo menos a ruso nom soam), ou amigos dos proprietarios de webalta.ru e lhes deixam um cacho do servidor ou esto é umha estafa, e polo principio da navalha de Ockham a cousa esta clara.

Aparte de que netcraft alerta a parobook coa puntuaçom mais alta de risco de phising.

a gravatar

6. Marcus escrito o 1 de Febreiro de 2011 ás 11:55

Raul, ao que me refería con non ser concluínte é que é posible que o usuario ao que está a nome Parobook.com sexa o anterior propietario do dominio (os seus responsables falan de que pagaron por el 200 euros), aínda que continúo a desconfiar moitísimo desa páxina. Sexa ou non un cebo unha páxina de phishing, é innegable que están a coller datos persoais de xeito totalmente ilegal. A min dáme medo, e que recomendou tal web só pode considerarse, coma mínimo, inconsciente.
Iso si, acabo de comprobar que no informativo de Antena 3 do pasado venres só puxeron imaxes da web pero non dos seus responsables, o que resulta moi sorprendente. ¿Será que son ficticios e en verdade a páxina é un timo?

a gravatar

7. marcus.es » Socialtrend.com, ou como facer que o de Pervi.es pareza un xogo de nenos escrito o 12 de Novembro de 2011 ás 3:06

[...] ante unha flagrante vulneración da LOPD e da LSSI-CE, como xa aconteceu tanto con Pervi.es coma co patético Parobook. - Dos prometidos 20.000 usuarios actuais do servizo eu só atopo uns poucos, e practicamente [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios