Venres, 28 de Xaneiro de 2011

LaconNetwork One Year

Esta tarde celebrouse o primeiro ano da LaconNetwork no PALEXCO, e coma Frankie Gómez convidárame a falar 5 minutiños diante dun micrófono e cun PowerPoint por detrás, preparara unha pequena presentación para que ilustrase o que significou para min coma comunicador a participación no evento. Por desgraza, ao final non tivemos proxector, polo que tiven que improvisar, pero quedei en publicar estas imaxes a xeito de proba de que si tiña unha presentación preparada:

Tiña pensado comezar que grazas ás veces que asistín a unha LaconNetwork puiden falar e coñecer a xente do sector TIC, o que levou a publicar información na revista en papel Código Cero, na súa páxina web e tamén para falar de distintas empresas no programa de radio Banda Ancha (e noutros). Deste xeito, proxectos coma ikiMap, Galicia10, ConfirmSign, Ipoki, Classora, Pleiteando ou a aplicación Imaxes de Galicia para iPad, conseguiron uns minutiños nas ondas, polo que quería a animar a todos os presentes a non cortarse á hora de achegarse aos medios de comunicación para dar a coñecer as súas iniciativas, pois estamos ansiosos de falar de todo o que se fai no sector TIC galego, que nos últimos meses parece máis activo que nunca.

Foi todo un pracer poder coñecer a máis emprendedores tecnolóxicos galegos, e compartir parecerse con vellos amigos. Ao final sempre aprendemos todos algo dos demais, e só por iso xa paga a pena que exista a LaconNetwork, aínda que o único lacón que vimos foi o que lucían algúns no deseño das súas camisetas (como tamén comentou Nacho de la Fuente no seu blog).

ACTUALIZACIÓN (30-1-2010): As coincidencias existen, e entre as últimas persoas cos que estiven na LaconNetwork casualmente estaban Eva Monroy e Santiago Núñez, a quen puidemos ver tamén en A Revista da Televisión de Galicia hai pouco:

6 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 29 de Xaneiro de 2011 ás 20:50

e isas xuntanzas serven pra algo?
quero dicir: de que falan?
alguén pregunta pola banda larga na galiza, fala da $GAE, pregúntase sobre o chollo e as empresas na galiza… alguén sabe porque o “rural” galego segue a estar sen cobertura móbil?

a gravatar

2. Nemigo escrito o 29 de Xaneiro de 2011 ás 20:52

Ah, moi currado o power point. Agora xa sabemos que non es ti o que edita C0 ;-)

a gravatar

3. Marcus escrito o 30 de Xaneiro de 2011 ás 0:58

Esas xuntanzas son normalmente máis útiles que as “formais”, e falamos un pouco de todo. A min sírvenme para coñecer o que fan moitos galegos no sector TIC, a outros sírvelles para saber de quen pode asesoralos legalmente, outros contactan con futuros socios e algún vai simplemente para tomar o pulso ao sector. Non teño dúbidas en que iniciativas como Iniciador e LaconNetwork son unha clara axuda para emprender nas TIC, e moitos quixeran ter cousas semellantes nos seus inicios.
Por suposto que tamén fslamos da SGAE, da Lei Sinde ou da banda larga, aínda que está claro que non podemos facer máis que limitarnos a opinar, pois estamos en foros informais (non somos asociacións de consumidores ou profesionais).

a gravatar

4. zetxek escrito o 30 de Xaneiro de 2011 ás 1:31

Eu (Adrián Moreno, sen nick) pasei tamén por Banda Ancha (falando de Galitempo), e estiven na Lacón Network de Santiago :-). Sóeme vir mal a localización, porque traballo os venres e resúltame complicado sair antes para ir ás xuntanzas, pero se por min fose iría a todas…

a gravatar

5. Marcus escrito o 30 de Xaneiro de 2011 ás 20:03

¡Ostras, Adrián! Esquecera que tamén pasaras pola Lacón compostelá. Espero verte pronto noutra xuntanza. Iso si, como continuedes ao mesmo ritmo a creación de aplicacións móbiles dende Galicia dentro de pouco imos ter que facer eventos temáticos. Hai cousa de 2 anos era difícil imaxinar que en plataformas como iOS e Android iamos ter tanta produción galega.

a gravatar

6. zetxek escrito o 31 de Xaneiro de 2011 ás 8:43

Pois xa estamos a argallar as seguintes aplicacións, a ver si se crea certa “comunidade de desenvolvedores” en Galicia, porque hai moitas posibilidades no neste mundo de androides e iphones :-)

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios